Todo ten diferentes claves segundo onde, como, cando e porqué. As claves da violencia xuvenil no Bronx, Horcasitas ou El Carmel son, de certo, parcialmente comúns e parcialmente diferentes, pero relaciónanse en calquera caso con moitos dos males derivados das grandes aglomeracións, das marxes dos monstruos urbanos construídas do aluvión da desesperanza, o paro, a inmigración, o desencontro, a desigualdade de oportunidades, a difuminación dos valores fundamentais perante a sublimación dos males, as drogas, o sexo barato…E Boiro? É inútil buscar nun rapaz de quince anos unha saña así apelando a lugares comúns verbo da violencia xuvenil. Nada de nada. Aquí hai que ir cara a atrás e cara aos lados. Educación e contexto.
Educación. Non podo imaxinar (ou, mellor, non quero facelo) aos pais dese rapaz nin aos dos que o jalean entre bromas para que siga mallando e propinando couces na cabeza ao outro neno de catorce anos que, deitado no chan, procura safarse da tunda.
Contexto: fendas. Hai en Galicia terribles traumas no complicado paso entre os elementos dunha sociedade rural, pobre, pechada en si, atávica, brutal en moitos aspectos, que muda —en trinta anos o que non mudou en trescentos— cara ás formas dunha sociedade democrática, rica, urbana, aberta, civilizada. Neste paso, fundamentalmente caracterizado pola confusa identificación entre democracia e todo vale, entre modernidade e ausencia de valores, prodúcense permanentes indixestións. Non será a última. En última instancia, o vídeo deste rapaz de Boiro evoca o abandono de todo o mellor que tiña a sociedade rural da que, con seguridade, provén e a asunción de todo o peor que ten a sociedade urbana, á que, coma quen di, acaba de chegar.
[Cuestións anexas].
Seica hai un







Coma o Cid Campeador (de quen, por certo, haberá que falar axiña, pois anda de aniversario), Francisco Franco Bahamonde gaña batallas despois de morto. De certo que, alá na frialdade escura e innominada do seu nicho, debe estar encantado vendo renacer a lombos do peñazo da 





Non sei cal será o futuro deste país noso nin quero proxectar de xeito esaxerado a sombra da II República e o que veu despois sobre o presente. Pero, nun clima social e polñitico permanentemente enrarecido, e con independencia doutro tipo de consideracións, que exista unha instancia, como a monarquía, independente da cor política do executivo do momento paréceme unha garantía cando menos valorable. E digo con independencia doutro tipo de consideracións, porque a partir de aquí cada quen pode valorar a nosa monarquía como lle pete (e hai, claro, moita herba que cortar). Persoalmente, a figura de Xoán Carlos éme bastante grata (foi rei cando eu tiña quince anos) e podo afirmar que a súa desaparición non me vai deixar indiferente.

Sobre o meu pos anterior: disque lle chaman doctor Ibarretxe pola obsesión que ten en pasar consulta.
Sobre a proposta de referendo do peñazo de Ibarretxe só se me ocorre aquilo que Perich aplicaba á Igrexa (con permiso, don Jaume): o nacionalismo serve para solucionar un conxunto de problemas que non existirían se non existise o nacionalismo. Todas estas demandas ―a reforma estatutaria doméstica, as propostas soberanistas catalanas e o referendo vasco― respostan a un clamor social crecente e xa indisimulable. Só hai que saír á rúa, viaxar a Bilbao ou Barcelona para pulsar con qué fervor, impaciencia e ansiedade arrebatadas agardan as masas populares destas latitudes a solución de tan candentes cuestións. De por parte, vivo acojonantemente reconciliado coa idea de que o bubble gum, a canción do Cola-Cao, as novelas de Martín Vigil, as botas Gorila cunha pelotiña verde de regalo, los Hermanos Malasombra e o sostén de Esperanza Roy son elementos que me definen de xeito inevitable como (perdón) español. Da Estrada, para máis datos.















O coordinador de certo programa de posgrao co que andamos a voltas pídeme o que, na miña opinión, sería o guión inicial para un módulo do mesmo titulado Panorama mundial da edición. Penso: recio me lo levantáis, e tamén: a bo sitio viñeches, pero, como se trata de colaborar no que se poida, e escudado naquilo de que se non che gusta tira con el, alá vamos. Tras a consulta dalgúns textos imprescindibles para ordenar ideas (

