Sobre a horizontalidade na oferta/demanda editorial —á que me refería hai días como unha das características do panorama actual da edición mundial— non hai máis ca pasearse estes días polas librarías das grandes superficies comerciais e pulsar ata qué punto a saída ao mercado dun libro pode converterse nun agresivo hit mediático, á altura do megagrupo Random House Mondadori, arrodeado de cifras absolutamente descomunais e records propios da máis pura industria do entertainment: 525000 exemplares (récord de tiraxe na historia do libro en España, ¡por riba de Harry Potter!); 80000 cajas de libros; 2000 puntos de venta; 300 persoas implicadas no operativo… A cousa lembra as abrumadoras enumeracións no comezo das superproducións de Cecil B. de Mille, recordan?
En fin. O libro en cuestión, Un mundo sin fin de Ken Follet é a segunda parte (segundas partes nunca…) de Los pilares de la tierra, unha torpe recreación dun inverosímil mundo medieval, anacrónico no menos perceptible —é dicir, os propios personaxes—, pero dotado de todos os elementos do best-seller, capaz de encandilar, en consecuencia, a lectores pouco habituais (de aí, como todos os best-sellers, as cifras de consumo que xeran): ritmo cinematográfico, profusión de diálogos, ausencia de profundización nos personaxes, acción trepidante, elementos máxicos, esotéricos, lexendarios, míticos, épicos… habelenciosamente trenzados e… pouco máis. Eu, presa do aburrimento, non fun capaz de rematala. Trátase dun deses libros que teñen na entusiasta recomendación de certas persoas a peor carta de presentación.
Créase o éxito, un éxito con pés de barro, a golpe dunha agresividade comercial e un rodillo mediático ilimitado, crecente e sen precedentes, e que, caso de errar e a fin de contas non contar co veredicto favorable do público, suporá, sen dúbida, unha débacle que custará máis dunha cabeza de executivos do grupo. O libro sométese así á tensión propia do produto efémero, do mero obxecto de consumo de calidade suposta sobre as bondades da anterior entrega -ao estilo de Shrek I, Shrek II, Shrek III...-, un obxecto feble por natureza, feito para usar e tirar, nunca para pervivir. A edición sen editores.
Cando Allen & Unwin publicaron entre 1954 e 1955 The Lord of the Rings manifestaron a Tolkien a súa preocupación e desconfianza no éxito do libro, tras a magnífica acollida de The Hobbit (1937), unha novela lixeira e breve, divertida, de personaxes, mesmo os máis malvados, edulcorados por unha inxenuidade moi infantil. Fronte a O Hobbit, o novo manuscrito tiña máis de mil páxinas e un carácter escuro, de larvada violencia, inquietante, moi pouco para nenos, dixeron. Con todo, arriscaron e apostaron pola obra. No mundo precario da posguerra, a carestía de papel obrigou a facer unha edición en tres volumes, de tiraxe modesta e espaciada, pulsando a eventual aceptación do público de cada un dos volumes. Hoxe, tras a Biblia e o Quixote, O señor dos aneis é o libro máis traducido, editado e lido do mundo.
O carro, como mellor vai, é poñendo os bois diante. De toda a vida.
29.12.07
27.12.07
Unha reflexión arrautada
A piques de saír zumbando para A Estrada á presentación do volume 10 da revista A Estrada. Miscelánea Histórica e Cultural —que teño a honra de coordinar editorialmente—, e ollando de esguello para a cuberta, reparo na foto que serve de ilustración para este número, o que me convida a unha reflexión ao fío.
Sendo como é A Estrada puxante vila e enorme concello, mundo urbano e rural, núcleo urbano reitor da vida de cincuenta e dúas freguesías, o director da publicación Juan Andrés Fernández Castro e máis eu convimos en ir alternando en cada anuario fotos de tema urbano —a vila e o seu desenvolvemento— e rural —e hai onde elixir—. Para este volume tan senlleiro —alá van dez anos de esforzos e desinteresada ilusión— Juan Andrés elixiu a fermosa instantánea destes cinco pícaros, tirada do fondo fotográfico Celestino Fuentes, hai pouco doado ao Museo Estradense, e do que esta bitácora daba conta días atrás.
Ben pouco podían sospeitar estes nenos da Ulla—mediando os anos cincuenta, íncolas dun universo no que o propio universo era escaso— que a súa vera effigies ía ficar perpetuada na cuberta dunha revista de estudos locais publicada en plena era da hipertecnoloxía e a opulencia, cando eles, de viviren, serán case anciáns. Que mundos tan diferentes o que esta foto reflicte e o de hoxe! Inescrutables, por certo, son os camiños da vida.

Etiquetas:
cousas nas que anda un,
imaxes
26.12.07
Año nuevo
Cuando cierto día del año, al tiempo de vestiros, reparáis en que el chaleco no pesa lo suficiente, y os preguntáis con asombro: ¿Qué he hecho yo de la paga de este mes? acuden a vuestra imaginación tan pocas cosas dignas de aprecio, que apenas halláis haber disfrutado placeres o adquirido mercancías equivalentes a tres reales de vellón.
Pues lo mismo acontece cuando, en la más melancólica de las noches (la noche de San Silvestre, confesor y Papa), os preguntáis con melancólica extrañeza: ¿Qué he hecho de los trescientos sesenta y cinco días de este año?
Y es que, en la una como en la otra ocasión, sólo recuerda vuestra memoria cuatro estremecimientos de tal o cual especie; corbatas que se rompieron; guantes que se ensuciaron; embriagueces de amor o de vino que se disiparon a las pocas horas; días de gloria o de regocijo, que terminaron en su infalible noche; conversaciones que se llevó el aire; ratos de frío y de calor, mucho desnudarse y vestirse; mucho acostarse y levantarse; mucho comer y volver a tener apetito; mucho dormir; mucho soñar; haber llorado algunos días, creyendo eterno tal o cual infortunio; haber reído y gozado más que nunca pocos días después; soles de primavera que se pusieron; lluvias que cayeron y se secaron… ¿Y qué más? —¡Nada más! ¡Y lo mismo de siempre! ¡Y el año pasado como el anterior! ¡Y el año que llega como el que acaba de pasar! ¡Y todo so pena de morirse!
¡Año nuevo! —¿Por qué? ¡Año limpio fuera más exacto! —El año que empieza es el mismo que ya conocemos. ¡Es ese traje de cuatro remiendos, que han llevado todos los hombres, todas las generaciones, todos los siglos! ¡Es el infalible arlequín de las cuatro Estaciones! ¡Es un cómico que murió anoche sobre las tablas y hoy principia a representar la misma tragedia!
(Pedro Antonio de Alarcón)

lembranzas e reflexións,
literatura,
sociedade
21.12.07
Feliz 2008 (dende o monte Gaiás)
O noso ínclito presidente comparou en certa ocasión á Cidade da Cultura coa Tate Gallery londinense. Xa me teño eu referido ao asunto. Desafortunada comparación, pois unha sabia decisión levou a aproveitar unha central eléctrica, abandonada en 1982, para acubillar unha das galerías de arte máis afamadas do mundo, co conseguinte aforro, mentres que aquí a) faise ex novo un edificio xigantesco e carísimo para b) non se sabe ben. En fin. A cousa xa está feita e de nada vale seguirmos dando voltas, coma burros de nora, ao asunto. Como non se vai tirar abaixo o xa construído, eu creo, e por iso aplaudo a iniciativa do Concello compostelán, que cómpre pecharmos filas co proxecto e sermos construtivos e un pouco, por que non, entusiastas.
Fago miña, por tanto, a fermosa felicitación da corporación, e envío os meus parabéns ao propietario da idea. Dúas son as torres da catedral. Dúas son as torres do polémico edificio. Mudar o tópico skyline dunha cidade como a nosa, repetido ata a saciedade, non é tarefa doada. Menos aínda, transmutalo nunha idea gráfica que o respecta pero bota por medio case catrocentos anos, os que median entre as torres de Casas y Novoa e as de Hedjuk.
Polo demais, sirva a imaxe, universal e compostelá, clásica e revolucionaria, moderna e inverniza, para acompañar a expresión dos meus mellores desexos a todos os amigos que me fan a honra de compartir este recanto de pensamento.

imaxes,
personalia,
política
Canon dixital: triunfa o sentido común
En relación á inquietante nova a que se facía referencia nestas páxinas hai días, o asunto resolveuse onte no Congreso dos Deputados coa vitoria do dereito e o sentido común. Por unha vez, cousa rara, hai que felicitar ao goberno. Non vaia ser que lle colla o gusto…
19.12.07
Isto rebenta!
Moitos fenómenos sociais non son fenómenos históricos ata que, anos ou séculos despois de teren acontecido, son examinados e reputados como tales. A shoah da raza hebrea, que mentres durou supuxo para millóns de individuos un sufrimento persoal inimaxinable, é hoxe obxecto de sesudas investigacións, case coma un obxecto de laboratorio, pois fai parte xa desa familia tan respectable e gustosa da asepsia que se chama Historia. E no matraz da Historia (en maiúscula e singular) como é natural, depúrase toda a carga de subxectividade das historias (en minúscula e plural) persoais, para ofrecer unha visión necesariamente panorámica e redutora formulada case sempre en termos de macroestruturas sociais (obviando, como consecuencia, aquilo que Unamuno chamou a intrahistoria). Non temos a máis mínima idea do que, aos efectos das historias persoais, puido supoñer, por exemplo, o inferno (ou paraíso, segundo se mire) de luxuria que o emperador Tiberio, decrépito e patoloxicamente vicioso, montou na illa de Capri na fin dos seus días. Hoxe é tomado o episodio como signo evidente dunha inmoralidade sen paliativos, que acenaba con claridade cara á decadencia dun certo réxime de dominación do mundo.
Pregúntome se pervivirán polos séculos dos séculos as declaracións de Victoria Beckham acerca do tamaño do pene do seu home. Teñen todas as papeletas para seren interpretadas, aló no territorio proceloso do futuro, coma un signo inequívoco do ocaso.

17.12.07
Unha nova inquietante
Vía e-mail chegou hoxe ao meu coñecemento unha nova inquietante, sorprendente, e perante a que aínda non son quen, por non dispoñer de máis datos, de me formar unha opinión sólida. Segundo mensaxe da directora xeral do Centro Español de Dereitos Reprográficos, CEDRO, e cito literalmente el pasado martes 11 de diciembre se aprobó en el Senado una enmienda a la Ley de Medidas de Impulso de la Sociedad de la Información, que establece la desaparición del canon por copia privada en 2008. Esta enmienda, presentada por el grupo parlamentario Entesa Catalana, ha sido secundada por todos los partidos políticos, excepto por el PSOE y se someterá a la aprobación definitiva en el Congreso en los próximos días.
Deixando de lado que a copia ilegal é un delicto contra a propiedade intelectual y que, como tal, a Lei de Propiedade Intelectual no seu art. 25 garante a integridade de autores e editores perante tal delicto e, no seu teor, desenvolve todo o articulado legal referente á remuneración por copia privada, como persoa comprometida coa industria da creación intelectual creo firmemente que, xa mellorable, xa modificable pois nada é perfecto, a sociedade de xestión da remuneración por copia privada CEDRO (e creo ter sido testemuña indirecta ata dos seus primeiros pasos) vén poñendo por obra dende a súa creación un labor saudable e necesario nun país onde os dereitos de propiedade intelectual eran sistematicamente pisoteados coa maior impunidade. Quen da miña quinta non lembra ter fotocopiados libros enteiros?
Dende CEDRO está promovéndose unha mobilización contra a medida prevista e a prol dos lexítimos intereses de autores e editores —principalmente— pero tamén dos dunha chea de institucións e sociedades — como UNE ou ACTA— que existen e funcionan mercé aos diñeiros que, por dereito, aos factores do mundo editorial -nomedamente do entorno científico técnico, pois ninguén fotocopia unha novela- nos corresponden.
Doutro lado, que vai supoñer a medida? A inexistencia de control contra a indiscriminación da copia ilegal? Un control aleatorio?
Achegarei máis datos e agradecerei todos os que se poidan achegar.

Dez ideas alleas sobre a actitude dos políticos de hoxe
O amigo Apicultor, asiduo destas páxinas —duro crítico por veces, pero sempre cortés e construtivo— deixaba hai uns días un comentario sobre un post no que eu salientaba certas declaracións da señora Conselleira de Educación deste noso paisiño. O comentario do cultivador de abellas ao fío, que adoptaba a forma dun decálogo sobre o atrezzo actitudinal dos máximos responsables públicos en materia de educación pareceume tan atinado e completo, que pensei sería mágoa non relevalo a un post que o fixese máis público e notorio. Fícame a sospeita de ata que punto este breve ideario é extensible a todo político à la mode, sexa cal sexa o seu ramo. En fin.
Co permiso de Api, e o meu agradecemento, aí vai.
a) Non tomar o touro polos cornos, senón acariciarlle o rabo.
b) Buscar a aprobación do electorado con promesas ou anuncios demagóxicos e puerís (a última de IU é de nota!).
c) Botar balóns fóra e escaquearse ante os problemas graves.
d) Ir tirando até a próxima lexislatura e a ver se sigo no cargo.
e) Presentar unha realidade maquillada e marabillosa, aínda que se vaia pudrindo pouco a pouco.
f) Cargar todas as responsabilidades no profesorado e ningunha no alumnado nin nos pais.
g) Buscar a axuda cómplice dos equipos directivos oportunistas e de profesores aduladores.
h) Non tomarse en serio a preparación do profesorado ante os retos presentes e futuros.
i) Non reciclar nin mellorar os servizos de inspección educativa, adoito cheo de incompetentes e vagos.
etc., etc.

13.12.07
Repertorio de horrores
O catálogo de obxectos intrinsecamente feos, que propoñía elaborar nun post de hai días, vai engrosándose con propostas algunhas delas insospeitadas pero todas moi divertidas. Velaí vai a relación a día de hoxe:
-as zapatillas de casa
-os gorros de ducha
-a roupa interior de algodón
-os zapatos ortopédicos
-as batas de guatiné.
-as bragas maxi que soen regalar as avoas.
-os cans que van movendo a cabeza na bandeixa traseira dos coches.
-os chándals fosforitos.
-un señor dentro dun chándal fosforito nas mañás dos domingos co xornal nunha man e a barriña de pan na outra.
-os tapices eses de caza cos cans, os cabalos, corzos e tipos disfrazados de Cayetano Martínez de Irujo Fitzstweearth e Parma Undergoing.
-as ginetas/raposos disecados enriba do televisor dun bar.
-os tapetes de ganchillo enriba dos televisores, brazos de sofá, mesas camilla…, e xa non digamos os que se usan para vestir as botellas (especialmente de Fundador).
-as figuras de touros con banderillas e folclóricas andaluzas con traxes de faralaes (nunha exquisita gradación que vai do feo ao hortera e do hortera ao kitsch).
-os xerseis para cans.
-as follas de pedimento para tramitar pagos (paradigma da burrocracia universitaria).
Se é certo que un clavo saca outro, abofé que neste curioso muestrario atopará Vde. ideas para novas suxestións . Anímese e deixe a súa cagadiña!!

curiosidades,
sociedade
11.12.07
...non ten cancelas
Hai unha característica anexada ao exercicio da política nos tempos que corren, que non sei se relacionar coa incontinencia verbal, coa incapacidade de discernir claramente a realidade, ou cunha combinación destes dous factores. Ben sei que os medios de comunicación son mestres en descontextualizar e/ou terxiversar o que se di. De maneira que, ao que segue, quero concederlle o beneficio deste escrúpulo, que se non… En fin, xulgue por vostede mesmo. A entrevista coa Sra. Conselleira de Educación da Xunta publícaa o xornal El País o pasado día 9. Reproduzo un par de pérolas cultivadas.
Pregunta: ¿Pero se estudia siempre en la universidad para trabajar en algo relacionado con esa carrera? ¿Lograrán las titulaciones de Filosofía o las Filologías cumplir ese requisito?
Resposta: En EE.UU las empresas de bioinformática contratan a filósofos o a humanistas.
[…]
P.: Otro requisito [do EEES] será un número máximo de años para que los estudiantes terminen la carrera. ¿No puede llevar a los centros a bajar el nivel para aprobar a más gente?
R.: No porque va a haber una evaluación y se verá que resultados alcanzan esos titulados en el ámbito profesional. Se les preguntará: “¿Dónde están sus titulados? ¿Están al frente de una gran empresa? ¿Tiene usted algún Premio Nobel?”
"Con dos narices" (por non ser procaz).

10.12.07
Bases para unha estética moderna da fealdade
Téñenselle dedicado grandes pensamentos, teorías e tratados, pero non hai nada de coñecemento máis intuitivo ca a estética, nada que «entre máis polos ollos». Eu creo que á percepción da beleza pásalle algo así como aos olores. Sabemos que algo cheira a polo ou a bacallao, pero si tiveramos que definir a qué cheira o polo ou o bacallao veriámonos en serios problemas para dicir algo máis ca… a polo e bacallao (excepción feita, tal vez, de don Jean Baptiste Grenouille e epónimos). De igual xeito, por qué nos parecen fermosos o Partenón ou a fonte de Platerías e feos os "palafitos" do país ou a facultade de Filoloxía compostelá son preguntas a resposta das cales esixiría tratamentos e fórmulas teóricas que están alén do vulgar coñecemento (proportio aurea, symmetria, completitudo…), conceptos sistematizados pola antigüidade clásica e que veñen estando, están e seguirán estando no alicerce da percepción da beleza en todo tempo.
Por arrimar el ascua a mi sardina, eu recomendaría a todo editor que antes de aplicar ningún criterio teórico á percepción da estética tipográfica dunha maqueta ou do grafismo dunha cuberta, se deixe influír de xeito instintivo e prima facie polo que ve e detecte se hai ou non «amor a primeira vista». Se precibe que non o hai, simplemente non hai nada que facer e xa se pode mudar o que se queira que a cousa non vai funcionar. Se o hai, e pode que non sexa un amor completo e apaixonado, logo virán análises máis detidas e cambios e axustes necesarios de cara a converter esa páxina ou esa cuberta que de entrada nos gustaron máis ou menos nunha páxina ou cuberta que nos gustan moito.
Ora, na procura dos opostos nesta liña de pensamento, opino que existen estéticas imposibles. Entre os animais, creo que a fealdade ou mesmo a repugnancia —pense vostede nunha iguana ou nunha rata— pasan por baremos máis ou menos convencionais. Pregúntome se pasa o mesmo cos obxectos, algúns moi frecuentes na nosa vida cotiá. Eu propoño elaborar un catálogo de obxectos intrinsecamente feos. Suxiro a Vde. que adique un minuto para decidir algunha cousa que lle pareza fea e engrose este corpus, que pode servir para chegarmos ao que poderiamos definir como bases para unha estética contemporánea da fealdade, algo, por suposto, absolutamente inútil pero sen dúbida altamente divertido. De por parte, comezo esta lista con varios obxectos que sosteño é imposible seren sequera bonitos:
a) as zapatillas de casa.
b) os gorros de ducha.
c) a roupa interior (masc./fem.) de algodón.
d) os zapatos ortopédicos.

7.12.07
Quere Vde. o 10% de nove millóns de dólares?
En moitos, moitísimos dos fenómenos que atinxen ás tecnoloxías —renuncio de hoxe endiante xa a seguir chamándoas novas tecnoloxías— da comunicación creo que nos está pasando o que confirma o proverbio: as árbores non nos deixan ver o bosque. Quero dicir que só co paso do tempo, e cunha perspectiva minimanente a posteriori, adquiriremos conciencia das consecuencias que o seu influxo está tendo nunha porción de cuestións. Deixo para outro día botar a semente dun novo debate: a eventual relación entre os índices de comprensión lectora que o informe PISA establece para os estudantes españois, os propios índices de lectura na mesma franxa e a competencia brutal que exerce, contra a lectura como actividade lúdica, toda a artillería tecnolóxica que arrodea a vida actual dos rapaces.
Hoxe quería só facer unha referencia, curiosa e festiva, a unha especie de subxénero que, pola súa frecuencia, o cibercorreo está configurando: o de estrafalarias propostas de negocios multimillonarios dende, xeralmente, países da África negra, como consecuencia indirecta da violencia política. Entre o atrabiliario da propia solicitude e o uso indiscriminado de tradutores automáticos chegan galimatías como o que segue, recibido no meu box hai ben pouco:

Por Favor Ayudame,
Mi caro, Permiten mi informarse de mi deseo de la entrada en el informe de asuntos con ustedes. Soy falta Cristian Aiden Hernandez. de la única hija de último padre Sr.Aiden Hernandez. Mi padre era un comerciante muy rico de cacao en Abidjan, la capital económica de Costa de Marfil, a mi padre ha sido envenenado y es matado por sus asociados de asuntos sobre , una de sus paseos en viaje de negocios. Mi madre se murió cuando era un bebé y desde entonces mi padre lo ha tomado tan especial. Antes de la muerte de mi padre en octubre de 2006 en un hospital privado aquí en Abidjan me llama secretamente por su parte y me indicó que tiene la suma de $9,500,000,( nueve millones de cinco cientos miles dóares) unidos de estado fue en la cuenta de orden dentro un banco principal aquí en Abidjan es el que emplea mi nombre como su sola hija para el primo de los padres depositando fondos. Y mi, explica también que era debido a esta riqueza que fue envenenado por sus asociada de asuntos. Que deberé¦ buscar a un asociado extranjero en un país de mi elección donde lo transferiré este dinero y lo emplee para el objetivo de inversión como la gestión de bienes inmuebles o la gestión de hotel. Caro, busco honradamente su ayuda de las siguientes maneras: (1) para proporcionar una cuenta bancaria en la cual se transferiré este dinero. (2) para servir de encargado de estos fondos puesto que yo tienen solamente 20 años. 3) para hacer el acuerdo para que venga en tu país para mi educación y para fijo una autorización de residencia en su pais. Por otra parte, caro, estoy dispuesto a ofrecerles un 10% de toda la suma como compensación por su esfuerzo/entrada después de la transferencia triunfada de estos fondos en su cuenta nombrada en ultramar.

Además indican sus opciones para ayudarme mientras que creo que esta transacción se concluirá en catorce (15) días en que significan el interior en ayudarme. Prever a tener de sus noticias pronto.
Gracias y que Dios les bendiga los mejores recuerdos. Yo soy disponible por todos informaciones para los differentes documentos
Gracias de Miss Cristian.

Non me diga Vde. que a especificación alfanumérica catorce (15) días non é antolóxica.
Etiquetas:
curiosidades,
lectura,
Lingua,
tecnosociedade
5.12.07
De vellas librerías
Horizontalidade da oferta, imparable avellentamento da poboación, estilización da clase media e progresivo ensanchamento da banda de mileuristas, incremento da poboación inmigrante… Velaí algúns dos importantes factores socio-económicos que, en opinión de editores e consultores editoriais (Manuel Gil, Francisco J. Jiménez: «El nuevo paradigma del sector del libro», Trama y Texturas, vol. 3, 2007, pp. 53-65), están determinando xa, e vano seguir facendo no futuro con máis intensidade se cabe, o panorama da edición mundial. Mileuristas e inmigrantes coa satisfacción de necesidades máis ou menos básicas como horizonte inmediato e a quen pouca dispoñibilidade financeira vai ficar para mercaren libros; unha poboación moi entrada en anos, para a que haberá que deseñar dende novas ergonomías de cara ao almacenamento, manipulación, ubicación e transporte dos libros a estándares tipográficos relativos ao corpo da letra que aseguren a lexibilidade…
Permítanme unha reflexión, máis emotiva ca outra cousa, sobre un destes factores devanditos: a existencia dunha oferta e unha demanda absolutamente horizontais que ten o seu prístino reflexo nas megalibrerías das grandes áreas comerciais e malls. Parece indubidable que este modelo vai liquidar en prazo brevísimo —estao facendo xa— o pequeno comercio e o esquema vertical e xerarquizado conforme o cal un establecía as súas preferencias: tiña o seu quiosco de prensa, a súa librería de vello, a súa papelería para o material escolar, a súa librería de fondo, nos andeis da cal, a través dunha grata relación, por veces de anos, co libreiro podían botarse ata horas de demorado e delicioso olleo e exploración…
Cada vez teño menos enerxías, e tal vez menos argumentos, para manter que cualquiera tiempo pasado fue mejor. Como cantaba a vella zarzuela: Hoy los tiempos adelantan que es una barbaridad. Pero, fronte á ciclópea impersonalidade da oferta de El Corte Inglés, Alcampo ou Hipercor, síntome como unha especie de "último de Filipinas" cando disfruto do ambiente dunha vella e pequena librería. En Compostela aínda fican algunhas, cheas de maxia e engado. O outro día, mercando papel charol para as manualidades dun dos meus cativos nun pequeno establecemento do Preguntoiro, fun testemuña dunha escena doutro tempo. Debe salientarse que a librería ostenta un fermoso nome: El Sol, sonora denominación polo que eu sei debida a ser o fundador albanel do Grande Oriente. O dependente, e propietario —fillo do fundador— localizou o bloc de papel charol, coa delicadeza e morosidade dun orfebre fixo con el un cilindro e, tomando un fino prego de papel de estraza dun montonciño apilado no venerable mostrador de madeira, envolveu con el o caderno, rematando a faena cun anaquiño de tesa film (ou fiso, ou celo que varias denominacións populares ten o invento) e volvendo con todo coidado o sobrante do papel de estraza cara a adentro dos dous extremos do cilindro. Ao remate da operación, ofreceulle ao neno o fino resultado do seu labor co xesto e expresión de quen, non por ter repetido ata a saciedade unha rutina, deixa de atribuírlle a solemnidade que o respecto ao cliente impón.
A noticia do peche da Librería González, na rúa do Villar, non me deixou indiferente. Gardo con afecto a imaxe do vello libreiro, pequeno e anacrónico, calada a boina e nas mans os seus mitóns, e aquel refranero casero, carcundia e ripioso, co que agasallaba á clientela: Con alcohol droga y tabaco acorta su vida el insensato.
Uha persoa próxima contoume que lle solicitou a González, hai disto ben anos, unha edición das obras completas (de Aguilar?) de Karl Marx: con toda dignidade, o libreiro espalmou os dedos da súa man dereita sobre o peito, e elevándose un algo no bico dos pés, espetoulle ao solicitante:
-Aquí no vendemos libros de ese señor.

edición,
ex libris,
lectura,
lembranzas e reflexións
1.12.07
Eles
O meu querido amigo, infatigable e desinteresado animador cultural e erudito de tantas cousas, Juan Andrés Fernández Castro —director do anuario A Estrada. Miscelánea Histórica e Cultural, que este ano, por certo cumpre dez anos e que eu me honro en coordinar editorialmente— publica precisamente no volume 10 da revista unha primeira cala sobre un fondo fotográfico excepcional, recentemente doado ao Museo estradense. Constituído por máis de 28 000 negativos (que se di pronto), a maior parte dos cales chegou en lamentable estado debido a adversas condicións de almacenamento, o fondo débese ao talento innato de Celestino Fuentes, nativo da freguesía ullá de Oca —de sona polo pazo dos Camarasa— onde naceu en 1918 e faleceu en 1987. Foi alumno don Celestino de Pedro Brey, mestre e fotógrafo da mesma parroquia —tío carnal, por certo, do dirixente popular Mariano Rajoy Brey—, de quen acaso herdase o gusto pola arte fotográfica, a técnica da cal foi depurando co paso dos anos.
Poucas cousas énchenme da emoción que transmiten as olladas destes fotógrafos de pueblo. Coñecidos son xa os catálogos de Pedro Brey (con introdución do magnífico especialista en historia da fotografía galega, Henrique Acuña) e o adicado a Virgilio Viéitez, de Forcarei —case paisano—, tras unha impresionante exposición no Museo do Pobo Galego con obras que exercían un magnetismo inexplicable sobre o espectador. Da humildade con que executaban o seu traballo en festas, bautizos, comuñóns, vodas ou sepelios á sublimidade que hoxe lle atribuímos hai tan só un treito de tempo —e nada como tempo para dotar de nobreza e dignidade ás cousas— e o recoñecemento implícito do amor co que a súa mirada tinguía todas as escenas, rostros e paisaxes inmortalizados polo obxectivo, capaz de conxelar un intre para a eternidade.
A foto que dá sentido a este post evócame un fermoso poema de Manuel Álvarez Torneiro, "Eles" (de Luz de facer memoria):
Chámanse Claudio, Pedro,
Esther, Virxinia,
Rosalía, Fidel, señora Amalia.
Segan herba.
Teñen perto os seus mortos vestidos de domingo,
E a pomba grande da pobreza pobre.
[…]
Chámanse Elías, Belisardo, Estevo,
Esperanza a do souto,
Victorio, Aurora, a da casa grande,
Inés, a tola dos catorce anos,
Balbino, o de máis sona entre os cesteiros,
Marcial o mudo…
Un campo terminal dálles sentido.
¿Qué devoción pedirlles?
¿Qué urdime de cantiga ou resistencia?
¿Cómo medirnos con medida humana
sen eles?
Etiquetas:
cousas nas que anda un,
lembranzas e reflexións,
sociedade
Suscribirse a:
Entradas (Atom)