18.10.07

Literatura. Edición. Show-Bussiness

É posible, e non diría eu que non probable, que o orixinal de Boris Izaguirre que chegou á final do Premio Planeta fose, a xuízo dos sesudos membros do tribunal, merecente de tal prez. Non podo imaxinar as sensacións de Juan José Millás e Fernando Savater sabéndose á mesma altura literaria de tal personaxe, de quen, debo recoñecer, ignoraba o cultivo das letras. Acaso algún piadoso lector destas páxinas me desengane.
Lembro que, mutatis mutandis, con ocasión de certo tribunal literario no que eu participei, feito o primeiro e segundo expurgos, ficaban un orixinal, tal vez non demasiado brillante na historia e execución, pero de oficio autoral evidente, e outro que desenvolvía unha historia histriónica, feita a anacos, con mostras obvias de improvisación, pero de autor frivolón, moi à la mode por razóns diversas. Eu, para resumir, contra o acendido criterio doutro membro do tribunal, defendín a literatura como oficio; oficio no que, como en todas as artes, o talento busca o indispensable complemento do esforzo, a adicación e o traballo. Ao dicir de don Pablo Picasso: A min as musas cóllenme sempre traballando.
Visto a ollos dun curioso impertinente, e nun estrato de reflexión máis amplo ca o da apreciación meramente literaria, isto de Boris e o Planeta encaixa para min cunha constatación lamentable á que se ten referido xente de máis vitola que quen subscribe: a entrada da actividade editorial na industria do entertainment e, polas trazas, ata do show bussiness. Así nos vai.
Nota: non descarto que alguén me chame antigüalla e reaccionario. Ben; hai que estar aberto a todos os fanatismos. Por certo, haberá que ler Villa Diamante. Se se deixa.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Eu non lin nada de Boris Izaguirre, pero creo que lle perxudica a súa imaxe de showman para a súa valoración intelectual. Escoitoo de cando en vez na radio e, por suposto, na televisión e teño que dicir que parece un home moi, pero que moi intelixente, moi culto e probablemente non escriba nada mal. Tenme moi boa pinta. Non sei, ao revés ca vostede, se chegarei a ler o libro, pero non teño negativa impresión de Boris Izaguirre. Na revista Fotogramas ademáis ten unha columna magníficamente escrita, moi recomendable.

carraboujo dijo...

Pois eu tampouco o lin, problablemente por prexuízo. Supoño que non podo deixar de asocialo a esa imaxe pretendidamente frívola, que foi pulindo despois do seu paso por Marte. Malia todo, cando sairon as quinielas antes da concesión do premio, non puiden evitar imaxinar a reacción -explícita ou non- dos outros posibles candidatos ao galardón se finalmente llo tiveran dado a Boris.
Eu alégrome por Millás, sinceramente.

Anónimo dijo...

En parte coincido contigo Juan pero demos el beneficio de la duda..... aunque cueste.

También es cierto que no todo el mundo ha seguido el camino correcto (a lo mejor el camino nunca se sabe si es correcto o no) para alcanzar nuestras metas - si es verdad que yo ni me he tenido que travestir, ni bajar calzones en la tv, ni exponer ni airear mi condición sexual para conseguir una posición en mi profesión.

Pero digamos que nuestros ámbitos laborales no cuentan con el ambiente mediático de Boris Izaguirre.Aunque nunca se sabe, a lo mejor es probar :-)

En fin tampoco nadie podía pensar que Amenabar a su edad fuese capaz de rodar las películas que rodó y además ganar un Oscar, o nadie se hubiese atrevido a pensar Almodóvar seria el cineasta mas laureado de nuestro país viéndole cantar con Mcnamara, Gran Ganga.

En fin habrá que leerlo y luego opinar, pero ojo suena a culebron venezolano en papel.

Anónimo dijo...

O culebrón venezolano non é malo de por sí ou é que algunhas das obras que pasan por sesudas acadan categoría literaria suficiente?

juan l. blanco valdés dijo...

Non, non, claro que non quero prexulgar, pero non me negaredes que a cousa "cheira" a movida mediática... Xa me teñen comentado que o tal Izaguirre é un tipo culto e intelixente, pero, de repente, atopar o seu nome como finalista do Planeta... En fin, como propón Marco, concedámoslle o beneficio da dúbida, cando menos ata lermos o novelón. Por outra banda, tampouco é que o Planeta sexa a fin do mundo. Como Carraboujo, eu tamén me alegro por Millás: non é santo da miña devoción, pero é un escritor de raza e oficio. Polo demais, como apunta Arume, o "culebrón venezolano" (de onde parte, se non erro, Boris para o seu roman) é xa un subxénero (ou xénero? ai, concepto difícil onde os haxa!) perfectamente definido e de calidade non menor á de moitos subprodutos que por aí andan.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

O Planeta é, sobre todo, unha movida mediática. E se non, que lle pregunten a Blecua que debe de ser xuri desde antes de Lara. Debuxa un sorriso inocente e cambia de tema. Pagan ben, seica.

Anónimo dijo...

Mira tú! Yo de este señor no he leído nada, siquiera en el fotogramas. Creo que haciendo zapping alguna vez me he encontrado con sus calzoncillos en primer plano, moviendo el "cucu" sobre una mesa de tertulianos gritones y maleducados. Ipsofactamente y roja de vergüenza ajena he cambiado de canal.

Pero como dato anecdótico, coincidí con él una vez. Fue en la sede de la editorial Planeta hace uno o dos años, en la fiesta de cumpleaños de Martín Gaite. Me sorprendió mucho verle junto a la escritora, en la terraza, entre una maraña de gente con copas en la mano que pretendía estar pasándoselo bien y posaba contínuamente por si LA FOTO les sacaba de fondo.

Parecía que estaban los dos en una burbuja aparte, hecha a su medida, que les protegía de la tontería circundante. Totalmente ajenos a la frivolidad del entorno... Fue un ratito, yo estaba en otras cosas, y cuando volví a mirar él ya no estaba en la fiesta. A ella no le quedó otro remedio que seguir (era la homenajeada) buscando interlocutores con los que aislarse.

No sé. Desde entonces lo tengo como una incógnita.