En moitos, moitísimos dos fenómenos que atinxen ás tecnoloxías —renuncio de hoxe endiante xa a seguir chamándoas novas tecnoloxías— da comunicación creo que nos está pasando o que confirma o proverbio: as árbores non nos deixan ver o bosque. Quero dicir que só co paso do tempo, e cunha perspectiva minimanente a posteriori, adquiriremos conciencia das consecuencias que o seu influxo está tendo nunha porción de cuestións. Deixo para outro día botar a semente dun novo debate: a eventual relación entre os índices de comprensión lectora que o informe PISA establece para os estudantes españois, os propios índices de lectura na mesma franxa e a competencia brutal que exerce, contra a lectura como actividade lúdica, toda a artillería tecnolóxica que arrodea a vida actual dos rapaces.Hoxe quería só facer unha referencia, curiosa e festiva, a unha especie de subxénero que, pola súa frecuencia, o cibercorreo está configurando: o de estrafalarias propostas de negocios multimillonarios dende, xeralmente, países da África negra, como consecuencia indirecta da violencia política. Entre o atrabiliario da propia solicitude e o uso indiscriminado de tradutores automáticos chegan galimatías como o que segue, recibido no meu box hai ben pouco:
Mi caro, Permiten mi informarse de mi deseo de la entrada en el informe de asuntos con ustedes. Soy falta Cristian Aiden Hernandez. de la única hija de último padre Sr.Aiden Hernandez. Mi padre era un comerciante muy rico de cacao en Abidjan, la capital económica de Costa de Marfil, a mi padre ha sido envenenado y es matado por sus asociados de asuntos sobre , una de sus paseos en viaje de negocios. Mi madre se murió cuando era un bebé y desde entonces mi padre lo ha tomado tan especial. Antes de la muerte de mi padre en octubre de 2006 en un hospital privado aquí en Abidjan me llama secretamente por su parte y me indicó que tiene la suma de $9,500,000,( nueve millones de cinco cientos miles dóares) unidos de estado fue en la cuenta de orden dentro un banco principal aquí en Abidjan es el que emplea mi nombre como su sola hija para el primo de los padres depositando fondos. Y mi, explica también que era debido a esta riqueza que fue envenenado por sus asociada de asuntos. Que deberé¦ buscar a un asociado extranjero en un país de mi elección donde lo transferiré este dinero y lo emplee para el objetivo de inversión como la gestión de bienes inmuebles o la gestión de hotel. Caro, busco honradamente su ayuda de las siguientes maneras: (1) para proporcionar una cuenta bancaria en la cual se transferiré este dinero. (2) para servir de encargado de estos fondos puesto que yo tienen solamente 20 años. 3) para hacer el acuerdo para que venga en tu país para mi educación y para fijo una autorización de residencia en su pais. Por otra parte, caro, estoy dispuesto a ofrecerles un 10% de toda la suma como compensación por su esfuerzo/entrada después de la transferencia triunfada de estos fondos en su cuenta nombrada en ultramar.
Gracias y que Dios les bendiga los mejores recuerdos. Yo soy disponible por todos informaciones para los differentes documentos
Gracias de Miss Cristian.
















Seica hai un







Coma o Cid Campeador (de quen, por certo, haberá que falar axiña, pois anda de aniversario), Francisco Franco Bahamonde gaña batallas despois de morto. De certo que, alá na frialdade escura e innominada do seu nicho, debe estar encantado vendo renacer a lombos do peñazo da 





Non sei cal será o futuro deste país noso nin quero proxectar de xeito esaxerado a sombra da II República e o que veu despois sobre o presente. Pero, nun clima social e polñitico permanentemente enrarecido, e con independencia doutro tipo de consideracións, que exista unha instancia, como a monarquía, independente da cor política do executivo do momento paréceme unha garantía cando menos valorable. E digo con independencia doutro tipo de consideracións, porque a partir de aquí cada quen pode valorar a nosa monarquía como lle pete (e hai, claro, moita herba que cortar). Persoalmente, a figura de Xoán Carlos éme bastante grata (foi rei cando eu tiña quince anos) e podo afirmar que a súa desaparición non me vai deixar indiferente.

Sobre o meu pos anterior: disque lle chaman doctor Ibarretxe pola obsesión que ten en pasar consulta.
Sobre a proposta de referendo do peñazo de Ibarretxe só se me ocorre aquilo que Perich aplicaba á Igrexa (con permiso, don Jaume): o nacionalismo serve para solucionar un conxunto de problemas que non existirían se non existise o nacionalismo. Todas estas demandas ―a reforma estatutaria doméstica, as propostas soberanistas catalanas e o referendo vasco― respostan a un clamor social crecente e xa indisimulable. Só hai que saír á rúa, viaxar a Bilbao ou Barcelona para pulsar con qué fervor, impaciencia e ansiedade arrebatadas agardan as masas populares destas latitudes a solución de tan candentes cuestións. De por parte, vivo acojonantemente reconciliado coa idea de que o bubble gum, a canción do Cola-Cao, as novelas de Martín Vigil, as botas Gorila cunha pelotiña verde de regalo, los Hermanos Malasombra e o sostén de Esperanza Roy son elementos que me definen de xeito inevitable como (perdón) español. Da Estrada, para máis datos.