Dende o manuscrito de Cide Hamete a Umberto Eco, pasando por Jan Potocki, moitos autores teñen apelado ao recurso literario da fenomenicidade, é dicir a atribución a un ficticio manuscrito ou documento da auténtica orixe do discurso narrativo. A historia arrodéase asi dunha auréola de lenda e misterio combinada cunha apelación á verosimilitude moi relacionada co sentido lírico do genius loci, que ben poderiamos denominar aquí genius libri ou genius scripti.É o sentimento que nos embarga cando sabemos que nun incunable está o exlibris dun cardeal do século XVII ou que un volume do XVIII pertenceu a Francisco de Goya, e que algunha vez este o tivo nas súas mans.
Volvendo á maxia do apócrifo, unha que sempre me pareceu fermosa e brillantemente executada impostura literaria é o Cancioeiro de Monfero do flamante galardoado coas Letras 2008, Xosé María Álvarez Blázquez, que posúo en primeira (e que eu saiba única) e esmerada edición numerada de Edicións Monterrey -fundación do propio Álvarez Blázquez-, 1953. O meu exemplar é o 126 (dunha tiraxe de 210). No seu momento, moitos, mesmo eruditos, caeron no calote. A finura da chanza, e o profundo coñecemento para a levar a efecto, chegaba ao punto da imitación caligráfica e lingüística do século XVII, no que un bo frade do cenobio bieito -Frei Ramón Pazos- dá conta en nota manuscrita (que reproduce a imaxe deste post) da súa importante trouvaille. Por certo, completamente anacrónica esa f-inicial en fojas. Ninguén é perfecto.
Polo demais, sei dalguén na Academia que hoxe estará especial, moi especialmente contento, pois de tempo coñezo a súa querencia por don Xosé María e a súa consecuente proposta, non exenta de certos riscos. Alá veremos.
Supoño que é este verán, cimarrón, teórico e improbable, o que me pon melancólico. Remexendo materiais diversos dou con esta foto de prensa dun acto na Estrada, nun recorte de hai días. Dá a pensar que a señora vén de recibir unha fatal noticia, a impresión forte dalgunha realidade que impón un lume de sufrimento inexorable, tal vez a morte dun irmán, tal vez a dun fillo. O conforto do amiga que acolle á dorosa nunha doce aperta incrementa aínda a expresión doída desta.
Un chiste de moda de cando era novo ―que acaso alguén recorde― baseábase en mesturar partes de diferentres refráns para producir un efecto cómico; a quien madruga le amanece máis temprano ou más vale pájaro en mano que tarde que nunca son algunhas destas mesturas que recordo. Porque a mixtificación e o alleamento do recto contexto das cousas (xa consciente, xa inconscientemente) alicerzan boa parte dos equívocos que moven a risa. É o caso (real, contado por un bo amigo e afeccionado destas páxinas), dunha señora moi fina que, tras a misa de doce en certa vila mariñeira, entra na confitería local da gente bien e, facendo ver que na súa casa só se gasta do melloriño, pide ao dependente acenando moi elegante para certas delikatessen dun mostrador:
Magnífica a foto que publica 









Non sei a vostede, pero a min un tipo de libro que me parece do máis entretido, polo variado e curioso, é o catálogo de subhasta. Magnificamente editados, por regra xeral, no formal (tipografías, variedades da letra e encolumnados ao servizo da máxima lexibilidade), presentan igualmente o maior esmero nos aspectos de contido: colacións bibliográficas moi precisas ―cómpre aquí un repaso sempre necesario dos formatos da tradición tipográfica española: 
















