1.10.06

Aniversario


Onte este blog cumpriu un ano.
Que é o que impulsa a alguén a enfrontarse co compromiso de encher periodicamente un espazo que ninguén lle mandou crear e que, probablemente, ninguén, ou moi pouca xente, le? Resulta ben ingrato atopar que aquel fragmento, aquel poema, aquela opinión… que nós reputamos suxestivos, esteticamente aceptables, interesantes e dignos de mellor sorte, non son quen de suscitar o mínimo comentario. Fica a esperanza de que se lean malia non se comenten, claro. Eu teño a teoría de que a maior parte dos blogs persoais e sen un perfil profesional específico créanse respondendo ao impulso que estaría ben denominar da mensaxe na botella. En efecto, escríbense mensaxes coa esperanza de que alguén os recolla. Compartir, en suma; algo tan humano. E, mentres, é esa mesma esperanza a que, nesta vida de náufragos que levamos, nos alimenta.
Todo blog é un SOS. No que a min toca, aínda como exercicio de autognose e consciente da súa esterilidade comunicativa, seguirei o mandado dos Police no refrain dun dos mellores temas da historia da música pop, lembran? Sending out an S.O.S

26.9.06

G


Lido en Destacados do site da CRTVG

Cambio de forma e fondo na CRTVG como símbolo duns medios públicos modernos, xeneralistas e próximos. "A galega", a nosa, a propia, a auténtica, a única, a de toda a vida, a de sempre, "a galega". Cambio integral de imaxe, con novos logotipos para a TVG e a RG, que serán visibles na pantalla, nos micrófonos, nos vehículos; novos decorados, novos platós de informativos, novas cabeceiras de programas e informativos...Novos signos de modernidade nun dos referentes da sociedade galega actual, os seus medios de comunicación públicos. "A Galega. Mira e verás"


A mensaxe non ten desperdicio. Lean: . Cambio de forma e fondo na CRTVG [...] […] a de toda a vida, a de sempre, a galega. Entón, por que cambio de forma e fondo? Non é a de sempre? Mickey Mouse, o de sempre, convertido nun corvo antipático que asusta os nenos?
Medios publicos modernos, xeneralistas e próximos. Co PP non eran públicos, modernos, xeneralistas e próximos? Non entendo nada. Quen fixo, pois, a auténtica, a única? Que eu saiba o PP leva mandando 16 anos? A TVG ten pouco más de vinte, non? [Nota: danme igual uns ca os outros, non se me alporicen].
A nosa, a propia? A de quen? A dor de ajora? (con gheada e rotacismo, así dicía a miña tía Enriqueta, en paz estea).
Canto custou esta campaña de imaxe? Era necesaria? Realmente, era necesaria? Non hai nada que se consolide alén da politiquilla cociñada nos fogóns dos asesores –líbrenos a providencia dos asesores- de imaxe? Este rollo de tantearnos, reinventarnos, reasignarnos novos corpos... sempre me pareceu cousa de xente un chisco cantamañanas, superficial, acomplexada. Este é o meu selo, signo de por aquí pasei eu. Non vaia a ser o demo que algo siga cheirando ao de antes. Non chega con entrar nas institucións coma elefantes en cacharrería, que nin os emblemas -que é como se dixo sempre ata chegar o palabro logotipo/logo- se respectan? En fin.
Por certo, ao deseñador dese prodixioso G quedoulle a cabeza descansada.

El Alcázar




O que segue chegoume a través do que supoño é un envío masivo vía e-mail remitido, como propaganda do libro –editado, polo visto, por Planeta– dende www.maslibrosmaslibres.com. O seu autor Ángel Palomino.

DEFENSA DEL ALCÁZAR
70 aniversario de la Liberación del Alcázar de Toledo

Las interminables guerras que de antiguo han asolado y forjado a España dejaron en el espíritu español el hábito de encastillarse y resistir lo irresistible. En ciertos asedios y defensas desesperadas, las virtudes hispanas, sobriedad y capacidad de sufrimiento, han eclipsado el tópico de nuestra insolaridad e individualismo Castilla y Cataluña deben su nombre al castillo, presente en su paisaje y señor de nuestra historia. Numancia soriana, Sagunto levantina, Zamora leonesa, Tarifa andaluza con Cádiz, donde "las gaditanas se hacen tirabuzones con las bombas", Gerona catalana, Zaragoza aragonesa, Baler de los últimos de Filipinas y el Alcázar de Toledo son testimonios de una tradición milenaria: la del español que se encastilla, aprieta los dientes y aguanta lo que le echen.
El Alcázar de Toledo es, quizá, la cumbre y el resumen de esta constante hispánica: asombró al mundo, lo puso en pie. Un puñado de hombres, sitiados con sus mujeres e hijos, lo resistieron todo, desde la coacción inhumana, la voladura, la artillería pesada o el asalto a la bayoneta. Y vencieron. Este libro es la historia diaria de unos héroes humildes que "sólo" cumplían con su deber. Dos meses y medio intensos en los que conmovieron al mundo, encastillados al servicio de una idea superior y de la propia estima. Historia de fe. Hoy, setenta años después, Historia de todos.


Fastuoso. Ten que haber de todo nesta vida...
Parece un guión do NO-DO. Estou oíndo aquela voz aflautada: Impresionantes han resultado las celebraciones de la Semana Santa en Zamora. La imaginería de Salzillo, unida al fervor popular... ou aquilo de Su Excelencia, que llegó en un avión Mystère de la subsecretaría de aviación civil... Que tempos!

21.9.06

Fetichismo do libro


Non é a primeira vez que neste blog destaco algunha idea contida nos traballos por min titorizados como fin de Máster de Edición 2004-06 (véxase o post Colapso do coñecemento?). Nesta ocasión, e volvendo sobre o presente e o futuro do libro e da cultura do libro (cousas distintas: soporte /vs/ contexto; obxecto /vs/ convencións a el asociadas; fetiche /vs/ realidade; tradición /vs/ revolución…), interesoume moito a opinión de Álvaro Otero González–licenciado en Filosofía-. Álvaro traballou para o seu fin de Máster nunha tradución e proxecto de edición das Operette Morali ('Pequenas obras morais') de Giacomo Leopardi. No introito de carácter xenérico –literario e editorial- ao traballo afirma:

¿Qué sentido tiene publicar la obra de Leopardi en los tiempos actuales? Quizá podríamos señalar que Giacomo Leopardi es un autor clásico y como tal su obra debería estar traducida y disponible en cualquier cultura que se precie de sí misma. Pero nuestra intención debe inscribirse en un proyecto más amplio y ambicioso; hemos escogido este autor como punta de lanza para ensayar un proyecto de dinamización cultural, con el cual entenderemos la cultura como crítica. De este modo podremos acercarnos a la obra del autor italiano para desenmascarar nuestras propias certezas y para mostrar que todo documento de cultura es al mismo tiempo un documento de barbarie, como muestra el texto sobre Prometeo [refírese á operetta La apuesta de Prometeo] incluido en la selección que mostramos.
Por otra parte nos gustaría insistir en un punto, aunque quizá este no sea ni el lugar ni el momento: la posibilidad -o la imposibilidad- de considerar el libro como un objeto no fetichista. Esto quiere decir que en la actualidad el libro todavía conserva un aura que lo relaciona con lo cultural; ¿pero no es esto una cultura de celebración asfixiante de lo establecido? ¿Tiene otro sentido la subvención de libros, y el dinero que se gasta en ello, que la justificación de una determinada cultura que contiene en sí misma un carácter alienante?¿El libro no es otra mercancía más a la que se le busca el mayor rendimiento en el menor tiempo posible? Y si esto es así, a tenor del volumen de títulos nacidos muertos cada año, ¿no sería necesario una profunda revisión del mundo de la edición y del mercado editorial para afrontar qué es lo que se pretende y que políticas culturales debemos adoptar?¿no sería necesario actualizar de una vez por todas un legado cultural tan amplio como ficticio? Y por último, ¿el editor no tendría que ser la persona que tuviera la intuición necesaria para editar los libros imprescindibles que nos proporcionen las herramientas necesarias para entender el mundo en que vivimos, o por el contrario se seguirá dilapidando el dinero público en libros que ni siquiera se distribuyen?
Sólo queríamos dejar constancia de estas reflexiones que, creemos, deben formar parte de la definición de una política cultural que no caiga, como dijimos al principio, en el fetichismo del libro. A fin de cuentas los grandes editores de nuestro tiempo, como Feltrinelli o Einaudi, son legendarios por haberse arriesgado, el primero incluso vitalmente, a desarrollar proyectos editoriales acorde con los tiempos que les tocó vivir, y no en gestionar de forma alienante fondos que ya han envejecido.

Contundente, pero radicalmente reveladora, a expresión nacidos mortos (sistemática no terreo da demografía) referida aos libros. Paréceme tamén moi interesante, por estar no alicerce de moitos argumentos a prol da cultura tradicional do libro (id est, do libro impreso), esa idea do libro-fetiche (lembremos, das varias entradas académicas ao vocábulo, a máis acaída aos nosos intereses: cousa admirada con exceso e de xeito irracional). Que de racional ten en efecto que a remates do mesmo ano en que foron editados fiquen sen vender máis de 50.000.000 de exemplares de libros, que en dous anos, como moito, pasarán ás casetas das feiras do libro antigo e de ocasión? Este fetichismo do libro aparece, polo tanto, asociado á cultura do exceso, característica do noso tempo. Convivimos co exceso aínda coñecendo os seus riscos e perigos na dimensión poboacional, na dimensión económica, na dimensión ambiental… ao cabo, na dimensión cultural. Porque –un paradoxo máis de entre os moitos desta sociedade enlouquecida- se edita moitísimo e se le pouco. E mal.
Sobre o carácter imprescindible de certas lecturas, e o pouco rendible de asumir a súa edición dignamente, remito a unhas palabras moi oportunas de Juan José Millás das que hai tempo me facía eco tamén nesta bitácora.
Finalmente: no seu proxecto de edición, a editorial ficticia de Álvaro se chama Libros para tiempos sombríos. E a colección, da que o volume I é o libro de Leopardi, titúlase ¿Para qué poetas en tiempos de penuria?
Non se pode ser máis claro.

20.9.06

Os ovos da serpe?


Descerebrados? Violentos? Os ovos da serpe? Mais, de que serpe? Da para tanto a intoxicación ideolóxica? Que apocalípticas ofensas, que históricas vexacións pretenden vingar? Son rapaces que debían estar facendo o amor e disfrutando da vida (ah, mocidade, tesouro que se foi!).De onde carallo vén tanta xenreira?
A nova aquí.

19.9.06

"Cuando el bosque se quema..." ¿Lembran?


En varios notas desta bitácora (19.07.06 – á teor do que ocorreu despois, un poco profética-, 07.08.06 –esta escrita en plena vesania incendiaria- e 07.09.06 –recapitulativa-) referinme ao lume en Galicia. O meu querido amigo, profesor de xenética, divulgador científico, escritor e tradutor, Emilio Valadé envíame unha lúcida reflexión escrita hai algún tempo pero plenamente vixente e acaída a este asunto, sobre todo de cara a comprobar que –mutatis mutandis- o problema non é de onte e ten fonda raigame. O artigo de Emilio fíxome lembrar aqueles tempos do franquismo final e o errado dalgunhas actitudes e comportamentos da oposición ao réxime e, en fin, a figura –para min entrañable- do humorista gráfico máis cáustico, surrealista e ácrata daqueles anos: Jaume Perich (médico, por certo, de profesión). Obrigado, Emilio, por me autorizares a compartir neste local a túa memoria.
* * *
CUANDO UN BOSQUE SE QUEMA…
por Emilio Valadé


En la década de los sesenta, en nuestro país los incendios forestales comenzaron a ser como plagas propias de las estaciones secas. También fue en aquella época cuando apareció una oposición conceptual al régimen político de entonces. Cuando digo conceptual, quiero indicar que tal postura se generalizó entre intelectuales que mantenían una postura crítica relativa a la situación y todo lo relacionado con ella. Esta oposición tenía sus lugares culturales de encuentro, como podían ser cine-clubs, recitales de cantautores, libros de editoriales concretas y determinadas revistas españolas como Triunfo y libros de la editorial francesa Ruedo Ibérico. En este sentido, un humorista catalán, Perich, alcanzó bastante predicamento en estos medios por su manera de enjuiciar la realidad social.
En relación con los incendios provocados, recuerdo que no faltó quien los alabase por considerarlos como un frente más de la lucha política. Por su parte, el gobierno comenzó a alarmarse con su proliferación y puso en marcha campañas masivas de concienciación destinadas a contrarrestarlos, utilizando los medios de comunicación social. Con este motivo nos hizo llegar un mensaje que muchos recuerdan: Cuando un monte se quema, algo suyo se quema. Según mi opinión, el eslogan debería haber tenido mayor fortuna de la que cosechó, pero no fue así y no por la veracidad de su contenido, sino por el bajo nivel de conocimientos ecológicos por parte de aquellos a quienes iba dirigido. Las preocupaciones por los problemas medioambientales aún no habían cuajado entre el gran público.
Para terminar de rematar el poco éxito de la campaña que comento, el bueno de Perich modificó el slogan publicitario para hacer con él un chiste que, sin duda, también recordarán los de edad similar a la mía: al mensaje en cuestión le añadió una coletilla, de forma que aparecía del siguiente modo: Cuando un monte se quema, algo suyo se quema… (Señor conde). Estoy seguro, completamente seguro, de que el bueno de Perich nunca pudo suponer lo desafortunado de la coletilla y de la trascendencia funesta que acarrearía al incidir en los escasos criterios ambientales de la población.
El chiste de Perich se propagó como un reguero de pólvora, tanto por su actitud de rechazo a la política oficial como por el mensaje subliminal que venía a decir que la oposición era muy inteligente y perspicaz, siendo capaz de descubrir la mentira de los mensajes gubernamentales. Parecía como si se le dijese al Gobierno que, en aquel tema, se le había cogido en falta. Automáticamente, por parte de muchos españoles se le confirió total veracidad a la coletilla que comento sin cuestionar para nada el cambio de matiz que introducía en el eslogan. Así, puesto que eran pocos los propietarios de bosques y el problema de los incendios era por completo cuestión suya, ya que cuando un monte se quema, algo suyo se quema, señor conde. La conclusión a la que se llegaba sin mayor dificultad mental era que el señor conde arreglase el problema, que fuese él quien hiciese frente a los incendios y quien intentase erradicarlos, ya que había sido el propietario de lo quemado. Es decir, por obra del chiste de Perich, el incendio forestal no llegó a ser considerado como algo concerniente a todos, pasando a ser de la incumbencia exclusiva de los propietarios de los árboles quemados.
Con estos auspicios conceptuales, se inició una época en la que los incendios estuvieron rodeados de un total desinterés por parte de la mayoría de los ciudadanos españoles. Motivos de toda índole andaban detrás de la mano incendiaria, mientras la mayor parte de la población asistía indiferente a la catástrofe que se producía cada verano. En todo caso, se recordaba al "señor conde" al que se le quemaban árboles.


Tuvieron que pasar muchos años para que los conocimientos ecológicos se extendiesen entre la población. Con el tiempo, comenzó a ser de dominio público el saber que un árbol produce unos beneficios inmediatos, como pueden ser sus frutos o su madera, de los que se aprovecha su propietario, pero que hay otros beneficios producidos, los ecológicos, que revierten directamente en el mantenimiento del ecosistema y de los cuales nos beneficiamos todos los seres vivos. Fue entonces cuando nos percatamos de lo cierto que había en aquel antiguo eslogan: que era verdad que cuando un monte se quema, algo nuestro se quema, pero desde entonces habían pasado muchos años, muchos veranos devastadores que han dejado nuestro paisaje extenuado.
Ahora se vuelve a empezar y, teniendo en cuenta el nivel de conocimientos ecológicos de aquellos a quienes se dirige la campaña, se hace ver el interés que tiene para todos el mantenimiento del medio natural, que hay que defender a toda costa. En este tiempo añoro nuevos eslóganes, buenos por eficaces, que nos vengan a recordar que sí, que cuando un bosque se quema, algo nuestro se quema.

18.9.06

SOS contra o lume - Nunca máis: X


Quen nos ía dicir que en prazo de tres anos -e mediando cambio de goberno: o pauto do demo despois de dezaseis anos de fraguismo- este paisiño noso ía sufrir dous desastres ecolóxicos da magnitude do chapapote de 2003 e o lume de 2006. En fin, la forza del destino.
Isto da mani SOS contra o lume do último domingo en Compostela pretendeu ser unha sorte de catarse pública, de vendetta emocional do PP tras a debacle do Prestige? Son tal para cal. Entón, cando o mar era negro non demitiu nin o primeiro. Agora, cando o que negro é o monte, tampouco. Empatados en salubridade democrática. Grazas, políticos do país polo exemplo.
Non queda outra? Non hai quen os recambie? É tan caro e ingrato o prezo da independencia? Serán chegados os tempos de reinventar a política, esgotado o sistema de representación dos partidos? Abofé que de xulgarmos polo espectáculo de baixísimo nivel que ofrecen os políticos do momento -or de ajora, que diría unha miña tía xa falecida- a resposta á última pregunta é claramente afirmativa.

15.9.06

Unha vida de can


Independentemente do contexto (desavinzas, liortas, convivencias imposibles, vendetas) relativo á relación entre o veterinario de Aguiño e o antropomorfo que maza a paos ao seu can –vin o video e é simplemente estarrecedor: asusta a sistematicidade do acoso, o sangue frío, a asunción plena da violencia perante unha vida sensible e sen defensa–, de novo estamos vendo apenas a punta do iceberg. O fondo é o trato que de media se lles dispensa aos animais non directamente produtivos (outro cantar son as vacas, porcos, ovellas e demais) no medio rural e rururbano do país que é simplemente brutal, cando non, coma no caso que nos ocupa, bestial. O gato rebentado na estrada é, coma o queixo con membrillo, un clásico do país. Fascinante. Saen, entran, pelexan, van e veñen, aparéanse, comen ou non comen, conviven cos da casa sen o máis mínimo control, sen regla algunha. E, claro, con tanta marcha, morren coma moscas, aplastados polos coches, nun país de trinta anos para acó construído á beira das estradas. O palleiro atado a unha cadea desque naceu –ese que ladra xa sen voz, co esófago desfeito pola presión do colar, outro clásico– é un animal simplemente tolo, enlouquecido pola falla de liberdade. Preto de onde vivo -por certo nunha pequena valgada cun regato, unha paisaxe fermosa- hai un chabolo inmundo (palafito de ladrillo e cemento por suposto a medio rematar, outro prodixio da arquitectura galega contemporánea), onde un tipo de aspecto que casa moi ben coa edificación garda algo que evidentemente considera de gran valor, ao punto de ter permanentemente atado diante da porta un fermoso husky –sería igual se fose un palleiro– de ollos azuis. Paseo bastante por aí. Levo vendo o can dende cachorro. Ao principio, ladrábame contento e facíame mil cucamonas ao que me achegaba. Agora xa nin move o rabo cando me ve. Simplemente permanece deitado, inmóbil, cunha expresión de insondable indiferenza. O tipo levalle a comida nunha pota desas vermellas de toda a vida, sen asas. Resulta evidente que, nas condicións de absoluto desánimo do animal, calquera pode entrar no chamizo e levar o que queira (ignoro qué). Como se pode ser tan brutal, tan estúpido? Seguro que esta historia estimula en Vde. outras semellantes. Equivócome?
Ben sei que hai moitos argumentos, contraargumentos e corolarios ao que veño comentando. Erguerse en armas por un can cando os etarras matan aos nosos semellantes pola liberación de Euskalerría ou dous terzos da poboación mundial morre de fame e privacións? E a fiesta nacional? Para cando deixar de torturar touros? E o fenómeno recente e netamente urbano–produto dunha sociedade envaecida, artificial e hiperconsumista– do abandono dos animais cando deixan de ser graciosos, molestan ou simplemente non se sabe que carallo facer con eles?
Xa sei todo iso. Só quero deixar constancia neste local dunha característica moi de aquí, moi nosa, moi enxebre. Como o pan de broa, Los Tamara ou o lume nos montes.
P.S.Quixera non soar tan pesimista, pero, ¿haberá que lembrar outra vez que os optimistas son os pesimistas mal informados?

13.9.06

Unha lectura reveladora


A recreación histórica que leo estes días, Juliano el Apóstata, de Gore Vidal elucida con mestría as confusas orixes do cristianismo a través da figura do emperador que, contra a simpatía dos seus antecesores dende Constantino pola fe galilea (cristiana), abxurou do cristianismo, promulgou un edito de tolerancia –é dicir, a intolerancia era característica dos cristiáns– e alonxou os galileos do mando e administración do Estado e mesmo do ensino. Xuliano, con todo, nadaba contra corrente: o mundo helénico esmorecía e outro paradigma cultural (a idade media romano –ou románico- cristiá) xurdía. Neste sentido, e teimando na raigaña netamente histórica do cristianismo, impresionoume o seguinte treito, especialmente o argumento final.
En Eleusis, preto de Atenas, Macrina, sobriña do mestre de retórica e elocuentísimo orador Proesio, dubida perante Juliano de acollerse aos ritos iniciáticos do culto a Deméter. A tradución, por certo, ao galego é miña:

Juliano: Debedes ser admitida nos misterios, –increpeina, como xa fixera antes.
Pero ela era malvada.
Macrina: Como podo selo? Nin son unha cousa nin outra. Non quero os cristiáns por seren crueis. Non creo nos misterios nin en todo o demais porque non concibo que nada poida axudarnos tras a morte. Ou continuamos dalgún xeito ou detémosnos. Pero iso nada ten que ver co que fagamos, está alén do noso control e non hai xeito de o tratar cos deuses. Considerade os cristiáns, que cren que existe un deus único...
J: En tres partes!
M: Ben, o voso está en mil anacos. De todas maneiras, se por un acaso os cristiáns tiveran razón, daquela todo estaría equivocado –acenou cara ao Telesterion– e vos iriades ao seu inferno antes ca ao voso Eleusis.
J: Pero os galileos están errados.
M: Quen pode dicilo?
J: Homero. Milleiros de anos de verdadeira fe. Imos crer que Deus non existía ata xurdir un carpinteiro da chusma hai trescentos anos? Está fóra de toda lóxica pensar que a época máis grande da vida do home non tivo deus.

12.9.06

Politingüísticamente incorrecto


Na lexicografía os bois van diante do carro, naturalmente. É dicir: primeiro é a fala, é dicir, o xeito en que —a partir de circunstancias sociolingüísticas e históricas complexas— a xente establece relacións libres (e, ollo, lingüísticamente neutrais: traballar coma un negro, enganar a alguén coma a un chino, facer o indio, andades coma gitanos...) entre significados e significantes, e así unha luna é un cristal grande para escaparates, un ladrón un trebello plástico para distribuír enchufes ou unha chilena una virguería futbolística. Despois vén a norma, que, en lexicografía en concreto, quere dicir que o que fala consagrou (a isto se lle chama lexicalización) debe ir ao dicionario. Navegar, como actividade de conexión con websites nun ordenador, aínda non anda nos dicionarios pero é probable que ande en breve. Xa que logo, o dicionario non inventa nada que non exista previamente na fala. Supoño que deben ser antigas (e talvez, en efecto, unha reliquia) as acepcións centroamericanas ‘parvo’ ou ‘tatexo’ da voz gallego. Non gozo do privilexio de coñecer tales latitudes e, polo tanto, non sei da vixencia léxica desas acepcións. Talvez, insisto, sexan un fósil. Ora, de non ser así, pouco se vai conseguir quitándoas do dicionario. A norma nunca fai mudar a fala. É ao revés. Deconstruír, reescibir, poñer valados ao aire, tan de moda hoxe. Vai ser o grande éxito da política lingüística patria. Non haberá nada mellor que facer? A noticia (e comentarios) aquí.

7.9.06

De causa ignis


As fórmulas rápidas deixan, certo é, moitos espazos en branco pero teñen de bo que concentran a atención dun xeito, creo, produtivo nas puntas do iceberg, que é, ao cabo, o que se ve. O resto é material especulable.
En resumo -e como resposta á pregunta que moita xente de fóra do país formula: por que arde o monte?- pode dicirse que cando alguén pon lume ao monte en Galicia entra dentro dunha destas tres categorías (ou parcialmente en todas):
-é un tolo (a piromanía ten bases clínicas moi específicas).
-é un sinvergonza malnacido, que anda tras algún hipotético beneficio ou pretende un mal a outros.
-é un ignorante, vítima dun herdo secular de miseria, xa que non material, si mental e vital, para quen a pregunta non é por que? senón por que non?
A respecto do último argumento, teñamos en conta que un campesino holandés, noruegués ou británico saiu da miseria hai douscentos? anos. Un labrador galego, no mellor dos casos, tena á volta duns anos. Esa miseria relaciónase de maneira directa coa servidume da terra e unha xenreira visceral á improdutividade do mato.
Un amigo e veciño, pertencente a unha familia adicada empresarialmente ao trato da madeira, contábame hai un anaco que en certa bisbarra despois de que o monte arde, acostuman a dicir: agora si que se anda ben por aquí.
O inmenso hiato entre o mundo urbano e o rural é un lastre. Quédanos moito por sufrir.

Eros en Minerva


Alguén moi, moi querido envíame, como parte dunha magnífica .ppt sobre o erotismo en publicidade, este prodixio de imaxinación e delicadeza, que, neste local adicado —entre outra moitas cousas— aos libros, non podo deixar de reproducir. Será que hai erotismo en todo e a chave é a penas un chisco de imaxinación?

6.9.06

Brión 15280. Día 6 de setembro de 2006 ás 19:46 h.


Anotación do capitán no caderno de bitácora.
Segue a calor abafante; baixou, con todo, dende onte. É unha fogaxe que non deixa facer nada, doma a vontade, anica o corpo. A penas pensar é un esforzo. Onte había unha columna de fume inmensa, coma un fungo atómico negro e torvo cara ao poñente. O sol, vermello, de lume, tras a negra cortina fixo exclamar ao meu pequeño: Mira papi, el sol parece un tomate cherry!
Hoxe a siniestra cortina de fume é cara ao leste. Xa case está extinguido a estas horas, o cal nos aforrará o espectáculo dantesco das lapas, movéndose coma carautas de sorriso cruel, na noite, hoxe probablemente iluminada de novo polo plenilunio. Cheira a calor, a verán que agoniza pero –como todo– non quere morrer.
Acabo de rematar a lectura dun libro que me encantou: El curioso incidente del perro a medianoche do exitoso escritor británico Mark Haddon. Todo un ensaio sobre o valor das nosas convencións relativizadas a través da óptica dun neno autista. Escoito High Plains -imprescindible para identificar música e paisaxe calma-, de Philip Aaberg a quen, sen o el saber, debo tanto.
Oio voces lonxanas, ladrar de cans, chapoteos de xente na piscina…
Vaise un día máis, mansa, timidamente. Mañá amencerá de novo. Será unha xornada importante: o primeiro día do resto das nosas vidas.

1.9.06

Síndromes


Persoalmente non padezo moito esa nova patoloxía das emocións que se coñece como síndrome post-vacacional e creo que as súas vítimas deberan reformularse algunhas cousas relativas á súa existencia. Porque, se voltar á vida que facemos durante once de cada doce meses resulta deprimente, entón é que é a nosa vida a que é deprimente e as vacacións unha sorte de oase de frescor nun ermo escuro. O certo é que o estado do benestar no que vivimos (que non é máis ca un eufemismo de “estado de sobreabundancia”) non só non leva acompasada unha mellora do estatus psicoemocional dos cidadáns senón que mesmo estimula o seu empeoramento.
A isto contribúen de xeito senlleiro os media, especialmente, como non, a televisión. Agora toca volta ao cole, créditos persoais exprés e fascículos e coleccionables. Eu paso. Vivimos dirixidos. Dá noxo.

18.8.06

Tercera cala en la lejanía




Me duele infinitamente la lejanía serena del mar
que terso como la piel del cielo duerme.
Una vez más me abrumará el cómplice silencio
de la luna que los mira y ríe en su blancura
mientras septiembre en la pureza del verano que agoniza
ofrenda su virginidad a un día sucio, de ceniza.

Remota, casi imperceptiblemente percibo los quebrantos
que en el alma causa este dolor, de tanto azul cargada.
Entreverando mi llanto al ulular de las bestias de la noche,
y tendiendo mis brazos adelante
cual el ciego que tantea las tinieblas,
intento vanamente capturar su esencia,
explicar su etiología, descifrar, al menos,
para así adqurir un rasgo imprescindible de cordura,
su cadencia.
¿No habrá quien exhale al aire un alarido
que desgarre en el tránsito oscuro del espíritu
tanto orden aparente?
¿Seré yo sólo
quien deba afrontar este trabajo?
Pues sea, si así es.
Yo mismo he de enfrentarme
al cinismo del infinito mar y su lejanía serena,
yo mismo romperé su piel
en jirones de espuma blanca y sangre del ocaso.
Y sea mi testigo
el tiempo, que en la pureza del verano que agoniza
ha de trocar por riña y muerte
la virginidad inocente de su ofrenda.

16.8.06

Toponimia e tradución

Sabían Vdes. que en castelán Laxe dise Lage, o mesmo ca en inglés? (Nesta lingua, ademais, a pronuncia correcta é léich...). O cartel é da autoridade portuaria da Coruña . Sen comentarios.

7.8.06

Bágoas de lume


Arde o país. Cinza coma unha sentenza, fume coma brétema asasina. De principio á fin. De norte a sur. Arde a xente, os cans, os esquíos, as touzas, os soutos... E eu xa non me pregunto por que. Só sinto chorar bágoas de lume.
Será que de verdade o país non ten remedio?

1.8.06

O dereito a pasmonear


Neste proceso imparable de americanización dos modos socio-culturais de Occidente —o cal en si mesmo non é nin bo nin malo, alá cada quen— creo termos chegado ao case convencemento de que o traballo é unha obriga e as ferias (ou vacacións, a min gústame o lusismo) unha especie de privilexio ao que a penas temos dereito. Nunha sociedade como a española, co récord europeo en horas adicadas ao traballo e baixísimos niveis de produtividade —literalmente: ir ao traballo a rascar o carallo, ejem, perdón—, estase sistematizando a figura do tipo ou tipa que presume do moito que traballa: joder, tío, non paro, acabo de chegar de aquí a mañá voume palá, o que, claro está, debe ser traducido por fíxate o importante que son. Non os aguanto. O meu entorno está cheo de individuos persuadidos de que do seu labor intelectual depende o futuro da civilización occidental. O traballo transfórmase así nun valor e o dispor de lecer nun signo de pouco volume social: o tempo libre é, polo tanto, propio de xentes de pouca importancia.
Eu teño unha amiga que un día me dixo que reclamaba o dereito a pasmonear. Pois ben, signo da miña intrascendencia socio-cultural, vou a exercer ese dereito no días vindeiros.
Tirarei, non obstante, ao mar algunha mensaxe nunha botella.
Non podo deixar de mencionar o fondo musical da redacción deste post: o contrapunto do piano de Carla Bley, saxo de Andy Sheppard, e o baixo de Steve Swallow no número 4 de Songs with Legs, "Misterioso", orixinal de Thelonious Monk e arranxado por Bley. Xenial. Para escoitar a tope de volume e pechando os ollos. De cando o jazz pode facerte chorar de pura emoción.

27.7.06

La palabra que no existe















Gira todo aquello que la vista alcanza:
el nombre de las cosas, la ausencia, la endeble anatomía
del tiempo y sus heraldos, del dolor,
los días de tanto cristal roto e hirviente lava,
gira el dni de los amigos, el córtex motor, su identidad perdida.
Atrás queda la noticia
del que hablaba con las pilas bautismales,
del cómitre y la galera abandonada,
desmesurada como el mar, como el océano.
Pues buscamos en la urgencia de sentirnos
la simetría de nuestras proporciones
y la hallamos, oh paradoja cruel,
en el naufragio de lo mismo que buscamos.

En el tropel informe de los catálogos de antes,
cuando ya nada personalmente se espera,
gira lo que hay y lo que ha sido,
la ausencia en la espiral definitiva,
y la flor seca en la solapa del difunto,
el agujero negro, la nebulosa fiel,
el cieno y la sequía,
el inventario de goces y miserias que recoge
en sus líneas finales,
ese apéndice frío,
la tipografía ausente
de la palabra que no existe.

25.7.06

Patrias


Mis zapatos son mi patria.

21.7.06

Ai, o noso Santiaguiño!


Cal será a próxima posición institucional dos conselleiros e altos cargos nacionalistas no camiño dunha sociedade democrática, madura e moderna dentro dunha concepción laica do Estado? (v. El Correo Gallego, 21.07.06). Non visitaren san Andrés de Teixido, a Virxe da Franqueira ou os Milagros de Amil? Non celebraren a Noiteboa? Reconverter o Camiño de Santiago na Ruta Deportivo-Cultural cara ao Fisterra Galaico? Asignar unha nova función ao santo dos croques?
Sobrepoñer a dimensión relixiosa orixinal de certas celebracións á súa transcendencia civil, popular e secularmente asumida, é indicativo —para alén da circunstancia concreta da “correlación de forzas” no actual goberno galego, en fin...— dun lamentable sentido institucional da actuación política. Non terán nada mellor que facer ou algo máis nobre polo que pelexar?
Así nos vai (e o di un ateo convicto e confeso).

20.7.06

Blog: para seguir


Parte 2ª e parte 3ª dos interesantes artigos divulgativos de Antonio Espejo en Ciberpaís sobre a natureza e confección de blogs. Son continuación do meu post de 26 de xuño último.

19.7.06

Lume


Paréceme axeitado e contundente o spot institucional da Xunta que emite a TVG sobre os incendios. A frase ou lema, que xoga coa sinonimia de lume e fogo, é de moito calado en espíritos minimamente sensibles co medio ambiente: A arma de fogo máis destrutiva é o lume. O anuncio remata cunha solicitude: Evitémolo. E aquí é onde xorde a dúbida, ou, cando menos, me xorde a min, porque, ¿que podemos facer eu e vostede coma cidadáns para evitar —permítaseme o tópico— esta lacra, este horrendo andacio, este infernal e abafante ritual de todos os veráns? Non tirar as cabichas acesas pola fiestra do coche (algo, por certo, penadísimo con non sei cantos puntos)? Ter coidado cando se fai unha barbacoa nun piñeiral ou se queima rastrollo nunha leira?
É certo que unha etapa de chuvias escasas; as altas temperaturas, por veces aliadas ao nordés que en verano —e aínda máis na costa— sopra con forza; o abandono das rozas periódicas do monte... poden favorecen que o mato sexa coma esca. Pero é evidente que o lume non xorde espontaneamente, ou o fai en contadísimas ocasións. Creo que poucas cousas se poden facer coa impunidade que se lle pon lume ao monte: coller un paquete de pastillas “Pat fuego” e un mecheiro, un agradable paseíño, un pouco de discreción e lonxanía das casas e listo. A pregunta que todos nos facemos é: por que?
Sei que este é un problema gordísimo con múltiples e complexas facianas: o réxime de propiedade do monte, a propia inutilidade do monte en canto surtidor de elementos naturais hoxe abandoados no seu uso, unha repoboación forestal que busca un beneficio o máis rápido posible (aí temos a pandemia monográfica de eucaliptos substituíndo un riquísimo tapiz forestal autóctono), a rapacidade inmobiliaria (e isto malia unha lexislación restritiva), mesmo — tal como se apunta con insistencia— a necesidade provocada polas propias empresas que son subcontratadas, tanto en efectivos aéreos coma humanos, para o control dos incendios... Non quixera eu botar a lingua a pastar, pois non teño coñecementos abondos sobre unha cuestión tan complicada.
Só sei que ano tras ano, verán tras verán, contemplo impotente, e ás veces con bágoas nos ollos, o país feito unha pira e me pregunto se nalgún lugar do planeta existirá outro lugar onde a xente lle teña tal xenreira á súa propia terra.
Evitémolo? Corríxanme se erro, pero non sei de ningún pirómano que estea no cárcere. Ao mellor este sería un principio.

18.7.06

Máis sobre libros e outros cantares dixitais


Artigo de El Mundo que recolle as conclusións do XXII Encontro sobre a Edición da UIMP.

Nunca máis


Este é meu pai, Mario, xunto a unha rapaza da Estrada en xuño do 37. Ten vinte anos. Parece mentira, pero o rostro destes dous mozos reflicte esperanza e ilusión.
Meu pai fixo a Guerra no Gabinete Fotográfico do Corpo de Exército de Galicia, que mandaba o xeneral Antonio Aranda. Neses anos, entre o 37 e o 39, percorreu a fronte de Asturias, León, Aragón e Valencia, experiencia da que ficou un extenso fondo fotográfico que hoxe repousa en dous enormes álbumes. Son as fotos dun soldado de Franco, politicamente incorrectas neste “ano da memoria”. Nin as fotografías son neutras.
70 anos. Nunca máis.

17.7.06

Senín


Alégrame moito atopar en Brétemas un post en homenaxe de lembranza e gratitude a Xavier Senín, ata hai uns días Subdirector do Libro e Bibliotecas da Xunta, e tamén de inquedanza pola súa remuda.
Non adicar tamén neste local unhas liñas de recoñecemento ao labor e dimensión humana e profesional de Xavier sería inxustificable. Coñecín persoalmente a Senín cando me encargou para a colección da Xunta “A nosa memoria” unha pequena biografía de Blanco Torres. Dende entón, nunca perdimos contacto, aínda nos últimos anos acrecentado coa estreita colaboración na organización do Máster en Edición, do que eu son secretario e el co-director xunto con Mercedes Brea. Sigo regularmente a súa columna semanal en El Correo Gallego, da que gusto moito pola frescura e proximidade no tratamento dos temas, case sempre relacionados non con grandes e trascendentes asuntos senón coa vida cotiá e as pequenas cousas que, ao cabo, definen a nosa existencia.
Do seu labor durante 18 anos (dende a etapa de conselleiro de Alfredo Conde, se non erro) á fronte da máxima responsabilidade do libro en Galicia, fica unha executoria de entrega e compromiso que ninguén discute.
Mudando cara ao positivo aquel comentario tan malévolo de Churchill sobre un deputado laborista, eu creo que Xavier Senín é un home humilde sen ningunha razón para ser humilde.
Obrigado, Xavier, por honrarme coa túa amizade.
P.S. A foto é de Brétemas.

14.7.06

Libros do mundo: dixitalizádevos!


O futuro da actividade dos actuais xestores dos dereitos de autor perante os retos das novas tecnoloxías foi analizado onte na segunda xornada do XXII Encontro sobre a Edición, O editor perante os novos desafíos da propiedade intelectual, dirixido pola directora editorial de Tusquets, Beatriz de Moura e co patrocinio da FGEE e CEDRO, celebrado no seo dos cursos internacionais da UIMP en Santander. O sentido das intervencións, tal como as recolle a nota de prensa remitida pola secretaría da AEUE, é moi interesante e sinala por onde van os tiros:

Francisco Cuadrado, director de Ediciones Generales del Grupo Santillana, inició la sesión, moderada por Jesús Badenes, director general de la División Editorial Librerías del Grupo Planeta, y se mostró firmemente partidario de que el sector del libro debe hacer una defensa clara de la propiedad intelectual y crítico con una nueva era digital donde se supone que todo va a ser gratis y donde no se reconoce la propiedad intelectual. Por ello, insistió en la necesidad de buscar un marco adecuado para que se reconozca la propiedad intelectual y, en este punto, se quejó de la actitud de las autoridades que calificó de un poco demagógicas. Hay que pedir, exigir, trabajar por un marco legislativo en que las nuevas tecnologías respeten los derechos de autor y al libro. Y para conseguirlo, los gobiernos deberían implicarse más. El representante del Grupo Santillana también se mostró crítico con su propio sector porque no hemos tomado una postura común y en estas circunstancias creo que es difícil darse a respetar como colectivo a todos los que participamos en el proceso del libro: autor, editor, agentes literarios.
En el debate Los actuales gestores de los derechos de autor y perspectivas de su actividad ante los nuevos retos que platean los nuevos medios de difusión, la agente literaria, Antonia Kerrigan, se mostró absolutamente convencida de que en en veinte años todos los libros del mundo estarán digitalizados pero advirtió que otra cosa muy distinta es quiénes serán depositarios de esos archivos y cómo se gestionará el acceso a sus contenidos. Se mostró escéptica ante las supuestas y únicas ventajas de las nuevas tecnologías y realizó una cartografía circunstancial sobre la literatura digitalizada. Aunque Google pueda automatizar el escaneo a gran escala y velocidad, dudo de que pueda dar por bueno un texto sin intervención humana. El coste es muy alto para un beneficio dudoso. Kerrigan también llamó la atención sobre los medios de protección de la red. Como sabemos la protección de un sistema informático de uso universal salta por los aires en cuestión de días aunque, hoy por hoy, es difícil pensar que alguien haga ese esfuerzo por leer gratis una novela en la pantalla de un ordenador, puede que en el futuro la red no sea tan libre como hoy. En clara alusión a la situación generada por las actividades de Google en la digitalización de libros, Kerrigan recurrió al refrán de la aguja y el pajar para señalar que la paradoja del gigante del software es que te roba el pajar y te devuelve la aguja.
Ana Nuño, directoria literaria de Reverso Ediciones, inició su turno con dos observaciones sobre el gran lobo feroz: Google e Internet y aseguró: no me asusta Internet ya que está es una herramienta más para los editores. La directora literaria explicó que un libro para existir plenamente no solo depende la relación autor-editor, del marketing sino que tiene ajustarse a un contexto cultural adecuado y es ahí donde la figura del editor es irremplazable. Ante la irrupción generalizada de Internet y las nuevas aplicaciones de Google, Nuño dijo que la función del Editor como dador de prestigio, de jerarquización de valores se ve seriamente comprometida. La editora declaró su apoyo a las nuevas tecnologías pero con compromiso y terminó su intervención advirtiendo que no hay que engañarse: la digitalización va a ser un problema. Hay que establecer términos contractuales muy precisos y llegar a un tipo de acuerdos beneficiosos tanto para Google como para nosotros.
El agente literario británico, David Godwin, cerró el turno de ponencias y se mostró abierto a las nuevas tecnologías: el mundo digital está aquí y no se puede parar y como al mar no se le puede poner puertas. El británico dijo que Internet ha cambiado el hecho de leer, ha democratizado la lectura. Para él la relación entre los derechos de autor y el libro es un tema que se puede debatir pero, matizó, no se puede centrar solo en el objeto libro como tema meramente contractual. En voz alta dudó de que sea más real un libro en papel que otro digital. Los libros se venden en diferentes formatos. Para David Godwin el cambio es irreversible" en el sector editorial.
Artigos de prensa relacionados.

13.7.06

¿Corrector, corruptor?


A corrección pasa por ser un dos labores máis ingratos da edición. Nos tempos que corren e no eido concreto da edición científico-técnica —terreo que mellor coñezo—, isto é especialmente certo por dúas razóns, unha de orde interno, máis trascendente, e outra de orde mecánico, máis banal, pero, igualmente, de funestas consecuencias.
A razón interna é que, nun caldo de cultivo aderezado polas présas, as urxencias e a acumulación de compromisos, ao que se suma unha interacción, polo mesmo, cada vez máis torpe coa lectura en canto proceso reflexionado e sereno, os autores, do punto de vista léxico-estilísitico e da constructio sintáctica e argumental, escriben cada vez peor e os seus textos chegan ás editoriais precisados de tal nivel de intervención correctiva, que, malia de xeito totalmente anónimo —de aí o pouco agradecido deste labor—, o corrector vese na obriga de salvar un orixinal, pasándoo da categoría de “escandalosamente mal escrito” á de “cando menos publicable”.
A razón mecánica é que o texto electrónico incorpora a curiosa característica de ser corrixible ad infinitum no monitor do ordenador sen o máis mínimo efecto indesexable (perda de tempo, desperdicio de papel, aspecto neglixente ou descoidado do documento…). Isto, que é moi bo, é tamén moi malo: inevitablemente fai baixar a garda ao teclista, que, coma Vde. e eu, escribe de xeito "bidixitígrado" facendo que normalmente de dez pulsacións seis sexan erros e/ou retrocesos. Por moito corrector que se aplique, o texto magnético ou dixital final chega á mesa do editor inzado de erratas
Así pois, igual que, mediando un pastón, érguenlle os peitos ou o cu a unha muller ou lle reducen a tripa a un señor para poder ir á praia sen conter a respiración, toda editorial incorpora, hoxe máis ca nunca, a súa “corporación textoestética” particular.
Vén todo isto a conto porque descubro con ledicia, e recomendo, o blog Addenda & Corrigenda, orientado cara a un nuevo rumbo de la cultura escrita e especificamente adicado á corrección textual e editorial. Nel publícase un breve, pero interesantísimo artigo, de Andrea Estrada, correctora profesional, de significativo título: "¿Corrector ou corruptor?", orixinalmente publicado no suplemento de cultura e espectáculos do xornal dixital arxentino Página/ 12.
Dá a vida compartir as miserias.

12.7.06

barrett


Direino de xeito rápido: Wish you Were Here é un dos mellores discos do pop de todos os tempos. Empezando polo deseño da funda: a imaxe do tipo ardendo chocando a man a outro é simplemente escalofriante. Cando se penetra no significado do título do disco e no sentido do tema que o abre, "Shine on you Crazy Diamonds" -un exercicio de saudade e amor polo amigo perdido- resulta aínda máis estremecedor.

Remember when you were young,
You shone like the sun.
Shine on you crazy diamond.
Now there's a look in your eyes,
Like black holes in the sky.

Dende 1971 —Wish you Were Here publícase no 75— Syd Barrett, cofundador xunto con Rick Wright, David Gilmour e Nick Mason de Pink Floyd (o nome do grupo foi de feito invención súa), vivía recluído na casa dos pais. Fora expulsado do grupo en 1968 pola súa desmedida afeccción ao lisérxico, a penas un ano despois do primeiro disco de Pink Floyd The Piper at the Gates of Down —que leva o selo da xenialidade de Barrett, — por Gilmour, que toma o liderado do grupo. Roger Keith “Syd” Barrett morreu o pasado día 6 en Cambridge con sesenta anos. Nacera en 1946. Tras a súa marcha do grupo, que el nunca aceptou, Barrett é unha lenda: pecha con taboleiros as fiestras da casa dos pais, vive da esmola en Londres durmindo nas pontes, escribe interminables diarios que ninguén le… ata a morte, nunha crónica bastante anunciada, nun guión ben pouco orixinal. Disque na última entrevista concedida a un medio británico afirmou non lembrar nada de Pink Floyd nin dos seus antigos amigos.
Syd Barrett é, do meu punto de vista, un produto diso que se chama psicodelia e que eu, e moita máis xente da miña quinta, vivimos, como todo en España, dez anos despois de ter eclosionado en Europa. A psicodelia —moi ben caracterizada tamén, polo Sarxento Pimienta dos Beatles e o seu paradgimático «Lucy in the Sky with Diamonds» (LSD), sempre diamantes, brillantes, rutilantes, cegadores...—, levouse a moita xente por diante, xente incapaz de recompoñer a súa vida prescindindo dos paraísos artificiais. A visión hippie da vida en España recompúxose anos despois coa primeira xeración de pasotas, á que eu pertencín: anos setenta, cara aos finais, chocolate ou maría, kul magrebí nos ollos, foulard ao pescozo, Camel, Tangerine Dream, King Crimson, Pink Floyd, Lou Reed… como fondos musicais… e logo veu o ácido. Lembras? Vulcano, Estrella Roja, Secante, Dragón… Fuxir de ti, ollarte dende fóra, ver o mar vermello, ou azul, voar convertido nunha águia… Cantos sucumbiron aos monstros do ácido? Daquela xeración, daquel xeito frívolo e, no fondo, superficial de ver a vida ficaron vítimas polo camiño, amigos meus, e teus tamén, seguramente.
A vida de Barrett, salvando as distancias, lémbrame a de xente que coñezo, xente co hemisferio dereito hipertrofiado, con dotes especiais para a música, a arte, a pintura pero cunha tendencia intrínseca tamén a ascender sen pausa niso tan tremendo que os psicólogos chaman a escala de busca de sensacións. Nesta altura da vida, cada vez creo máis naquilo que Shanti Andía chamaba os dous camiños do mariño: o dereito e o torcido. Non che hai máis.

11.7.06

Grúas e ladrillos


Os medios de prensa, e moitos cidadáns, andan preocupados nos ultimos tempos pola "marbellización" de Galicia. Na vila de Laxe, a inmobiliaria Fadesa ten prevista a construción de 190 vivendas en primeira liña de praia, en terreos ata 2004 da Rede Natura. 13 empresas van erguer 600 apartamentos na praia fisterrá da Langosteira. 37.000 novas vivendas en Galicia en 2005. 45.000 previstas para o remate de 2006.
O secretario da Federación de Promotores de Edificacióne e Solo de Galicia maniféstase ilusionado c avance imparable do ladrillo no litoral (en zonas ata hai nada tan pouco atractivas como Laxe ou Langosteira, a causa dun clima—e sei o que digo— intratable). Segundo este señor, a ratio de familias galegas cunha segunda vivenda no litoral (1 de cada seis actualmente) está medrando. Por outra banda, tamén percibe o aumento na demanda de casas na costa por parte de xubilados europeos (ata o gorro, claro, da masificación do sur e levante e dunhas temperaturas estivais inaturables). Coñecendo o país, un panorama glorioso.
Galicia é un país en venda. Un bo amigo, arquitecto e fillo dun promotor sensible e comprometido sinceramente coa harmonía entre paisaxe e intervención arquitectónica, comentábame o outro día con desesperanza que iso que se chama a cultura do ladrillo é un problema, en efecto de base cultural, e, polo tanto, xeracional. Ao mellor, na súa opinión, o panorama cambia en cincuenta ou sesenta anos. Pero para entón, probablemente sexa too late, como dicía a canción.
A cultura do ladrillo ten claves, facetas, manifestacións. A xente non inviste, ou o fai moi pouco, en, non sei, bonos do tesouro nin se arrisca a xogar en bolsa; aquí mércanse pisos para especular con eles e gañarlle un mínimo de 6000 euros por ano. Eis o que explica que a día de hoxe, e segundo o Instituto Nacional de Estatística, existan en Galicia 283.000 vivendas deshabitadas. Polo tanto, non especula só o constructor (eufemismos: promotor e, máis recentemente, axente urbanizador, qué coña), aquí especula todo dios. Co visto e prace dunha lexislación que pon ao país en mans dos construtores ou, no mellor dos casos como-como en Andalucía- fai que non ve, aquí se someten solares a expropiación forzosa para recalificalos despois e facer un pastón con eles: o pelotazo, adaptación léxica hispánica e intransferible. Marbella e, a outra distancia, as irregularidades últimas na Deputación de Lugo non son máis ca a punta dun iceberg con moito fondo, un fondo moi noso, moi galego e moi español, feito de pequenas irregularidades, de pequenos tratos de favor, de pequenos tráficos de influencias, todo nas marxes difusas da legalidade, coa indulxencia, cando non a intervención, de alcaldes e concelleiros, e tirando de avogados de código ético, digamos, flexible cando fai falla.
Pero é que, da outra banda da barreira, a cultura popular é tamén absolutamente especulativa e despectiva co medio. Na Costa da Morte, Soneira e Bergantiños, por exemplo, onde a sangría migratoria foi moi forte, os emigrantes deixaban leiras cando marchaban e atopaban solares cando regresaban. Sen a máis mínima disciplina urbanística, cada quen facía a casa onde lle saía de salva sexa a parte (é dicir, onde tiña a leira) e adaptando dun xeito torpe e antiestético modelos arquitectónicos centroeuropeos confusamente asumidos. De aí o feísmo que repele e destroza visualmente bisbarras tan fermosas: eses abortos arquitectónicos coñecidos xa popularmente como palafitos, casas con patas e escaleira exterior (nun país onde chove doce de cada dez meses), por suposto ben alonxados da aldea e da casa de pedra, símbolo de tempos de miseria, e canto máis pegados á carreteira ou pista mellor. Fixo unha casa boísima: ao ladiño mesmo da carretera. Esta é a clave. A carretera é o emblema de progreso e de riqueza. ¿Cantas vilas galegas non están atravesadas por unha carreteira? Pobre de quen fale de quitar a carreteira do medio da vila. O día que se quite a carreteira, morreu o pueblo. Esta é a cultura popular contemporánea.
O noso é un país micronizado (case 300 concellos) onde cada quen fixo e fai o que lle peta, e o que vén, malia toda a tonelaxe legal que a Xunta pretexta coma garante da conservación harmónica do medio e demais milongas ao uso, non parece mellor.
Aquí non se crean empresas nin se instalan fábricas: instálanse grúas. A grúa é, como a carreteira, o símbolo visible do progreso en Galicia.
Galicia é un país en venda. Vivimos nun inmenso solar. Quen dá máis?

4.7.06

Puntos suspensivos









Acaso pueda
abandonar el aire y alejarme lentamente
negando la evidencia
de ser al despertarme
el élitro de un Samsa nuevo y aún más triste.

Podría, de quererlo, dejar para más tarde o para nunca,
sobre la imposibilidad segura
de más abriles que me oculten,
perfilar un tiempo al que le faltan piezas:
aquel tío vivo de las fotos, Mustang el caballito,
el perlé verdiblanco de un jersey escaso,
las sandalias blancas o los sabañones del invierno,
el olor de la cena, la carcoma,
los puntos suspensivos...

Porque hoy puedo dejarlo todo y aceptar un armisticio
con nuevas condiciones: mis manos se volverán sarmientos,
y junto a mis lágrimas, almas
emigrantes que van hacia el nirvana
dilapidando el norte y la sangre que no es suya,
se extenderán y tomarán el rumbo de las puertas,
y allí, extramuros donde la humanidad mendiga
y nada es nadie y nadie nada y todo se vacía,
darán cuenta de mí los vestigios de mi sombra.

Recoñecementos: a guitarra máxica de Michael Hedges (1953-1997, falecido traxicamente nun accidente de coche). En especial "Bensusan", "Ragamuffin", "Ménage à Trois", todos os números de Aerial Boundaries.

Blogosfera hispana


A Fundación Auna France-Telecom España vén de editar un volume que baixo o título
La blogosfera hispana. Pioneros de la cultura digital (acceso .pdf en liña) reúne a unha vintena de especialistas sobre o fenómeno blog, uno de los más significativos de la construcción de la sociedad digital que replantea y cuestiona gran parte de las estructuras y conceptos tradicionales de la comunicación, la política y la empresa.
Por certo que o coordinador do volume, José Manuel Cerezo (xerente de Análise e Prospectiva da devandita Fundación), é o autor do artigo Los weblog: participación y política en la sociedad de la información, tamén moi recomendable pois contén unha morea de datos significativos.
A estrutura do libro, dividido en cinco partes máis anexos (“Teoría de los blogs”, “Midiendo la blogosfera”, “Medios, política y participación”; “Empresa 2.0”; “Geografías y géneros”; “Anexos”) anuncia un texto moi actual e completo.
Debo esta nova á miña querida amiga Josefina Meizoso. Obrigado, Josefina.

Lembrar ou esquecer?


¿Qué es memoria histórica? ¿Es un tesoro que, perdido en algún naufragio, se puede recuperar? ¿Es un objeto sobre el que se deba legislar? ¿Es, puesto que siempre se habla de ella en singular, una y la misma para todo el mundo? (Santos Juliá).
La historia no es sencillamente un recuerdo del pasado. La historia es una interpretación o reconstrucción de las reliquias (que permanecen en el presente) y una ordenación de estas reliquias. Por tanto, la Historia es obra del entendimiento y no de la memoria (Gustavo Bueno).
No post de 1 de xuño deste blog falábase sobre o “ano da memoria” e derivados (Asociación para la Recuperación de la Memoria Histórica, xornadas, homenaxes...). O que antecede son treitos de dous textos que hoxe recomendo vivamente ao respecto da tan trillada "memoria histórica" e as súas manipulacións: os artigos Memorias en lugar de memoria de Santos Juliá (El País, domingo, 2 de xullo de 2006) e Sobre el concepto de “memoria histórica común” de Gustavo Bueno.

29.6.06

¿Colapso do coñecemento?


Rematei estes días a revisión dun extraordinario traballo de fin de máster da alumna do I Máster en Edición (2004-06) Desirée Valera Gran, quen, moi xenerosamente, me autoriza a reproducir no meu blog algún treito do mesmo. Trátase como digo dun traballo excelente tanto en documentación como en estrutura expositiva, e, aínda por riba, magnificamente redactado. Pero o que eu máis destaco é a súa clarividencia. O título —moi significativo— é La edición revisitada. El libro en la época de su reproducibilidad electrónica. O seguinte fragmento —que hoxe propoño para a reflexión— refírese a algo moi de actualidade no contexto de dúas ideas principais: a) o proxecto da biblioteca virtual de Google; b) a expansión monstruosa e ilimitada da blogosfera. Brétemas referíase hai pouco ao mesmo asunto, nun post de título case tan apocalíptico coma o deste, pero é que a cousa non é para menos.
O texto de Desirée é un pouco longo pero recomendo vivamente a súa lectura. As grosas son miñas.

Es necesario distinguir entre los conceptos de hipertexto e hipermedios o hipermedia; el primero se refiere a textos y el segundo a la integración entre lo escrito, lo acústico e icónico. No obstante, ambos se confunden en el medio informático, se disuelven conformándose en una única textura llamada hipertexto paradigmáticamente representada por Internet, el hipertexto de hipertextos.
La innovación de la práctica hipertextual se ve limitada, sin embargo, por las restricciones clásicas y canónicas en torno a los conceptos de texto, literatura y género. En este sentido, el problema principal del uso hipertextual es la pérdida de un orden de los discursos, la no diferenciación de los géneros, la creación de un movimiento centrífugo con múltiples conexiones o enlaces no jerarquizados: un movimiento continuo y arriesgado en donde la búsqueda inicial puede desembocar en una pérdida absoluta. La dinámica propia de la red hace imposible una distinción clara entre los soportes. El proceso de la digitalización permite la incorporación del texto en la red electrónica, donde se rompe toda la economía previa de distribución de los saberes y de un orden en los discursos. La estructura cerrada propia del libro es igualmente mantenida en su versión electrónica (eBook); sin embargo, una vez puesto el texto en circulación a través de la red, queda absorbido dentro de la dinámica hipertextual. La incertidumbre que genera el uso de Internet como medio para el desarrollo cultural viene determinada por la estructura abierta del hipertexto.
Por otra parte, el gran interés del texto electrónico radica en la ventaja que supone en cuanto a la conservación e indestructibilidad de los textos, es decir, como medio de preservación del conocimiento. De ahí las distintas iniciativas que están llevando a cabo las bibliotecas en los procesos de digitalización de textos y en la creación de catálogos digitales, hecho que, por otro lado, roza ya el nivel de necesidad generalizable. La edición de textos en formato electrónico está abriendo nuevas posibilidades de acceso al conocimiento que alivia, en parte, unos de los problemas más difundidos en las instituciones de enseñanza, particularmente, en el entorno universitario. El diseño de diversos formatos (eBook, eBook Plus, pBook, eCap, eCap Plus, pCap) ha sido adaptado a las necesidades propias del lector fácilmente resueltas con las ventajas que proporciona la lectura online. Este sistema permite la adquisición parcial o total del libro, ya sea en formato digital o impreso, mediante un control absoluto sobre los contenidos digitales, esto es, mediante la aplicación de una “Administración de Derechos Digitales” (DRM) que protege la propiedad intelectual durante las operaciones comerciales. La necesidad de una estandarización de esta plataforma de protección del formato digital es una de las cuentas pendientes para asegurar el futuro de la edición electrónica. Por ello, la garantía de estos beneficios se ve descompensada por el vacío, ya no sólo legal, sino también, y mayormente, institucional, de la red.
Dentro de la libertad que genera el uso de la red, la publicación de textos online comporta también correr el riesgo de un mayor peligro y que, de hecho, ya se está dando: el exceso o masificación de textos. La proliferación compulsiva de textos en la red, la multiplicación descontrolada de bibliotecas digitales hace necesaria la intervención de expertos y profesionales (editores, críticos, bibliotecarios, filósofos, filólogos, etc.) para poner unos límites a la publicación masiva de textos con el fin de evitar un colapso del conocimiento.

26.6.06

A columna Durutti. Reivindación do insólito


The basic idea behind Durutti Column’s music is to break with whatever structure supports the foundations of musical formalism, in order to try and create a kind of music which really can belong to everyone.
Esta é a declaración de intencións que se atopa un no site de The Durutti Column, o grupo de Vincent ‘Vini’ Reilly (1953), un dos músicos, para min, máis estraños e fascinantes do panorama europeo de remates do século xx.
Deixando de lado o aspecto físico de Reilly, delicado, enfermizo, delgado ata o extremo, o propio nome do grupo (no que, para habilitalo á prosodia do inglesa, o rr dobre do nome orixinal cambia por un tt dobre) resultaba evocador, insólito e engaiolante. Como relacionar un renegado da vaga punk do Manchester dos ’80 co anarquista leonés que morreu defendendo Madrid en novembro do 36? Esta é a historia que o explica.
Apenas hoxe unha reivindicación da figura de Reilly e da súa música. Escoito Red Shoes, escrito e interpretado en solitario por Reilly e, malia gravado en Manchester, producido en Italia. Unha recomendación imprescindible para chegar ao espírito do músico: o número 8, Song for Les Preger. Escalofriante. O booklet do CD di en italiano: Vini continua il suo viaggio sonoro utilizzando gli stessi afascinanti acquarelli per chitarra. Nuove energie e sollecitazioni ritmiche sorregono a tratti il suo malinconico e liquido mundo sonoro. La musica diventa delicata e morbida poesia. Non se pode dicir mellor.

Blogocéano: para empezar


O último Ciberpaís publica un artículo de Antonio Espejo (primeira parte) sobre rudimentos e conceptos básicos na concepción e deseño de blogs. Moi indicado para iniciados e de repaso para os máis sabidos.

23.6.06

Inmoral publicidade


Establecer relacións de causa-efecto nesta sociedade nosa, tan hipertecnificada, tan contraditoria, tan tola, é moi complexo. Pero hai indicios.
Onte vin un anuncio televisivo no que o camareiro, un rapazolo de arredor da vintena que serve a cea a unha parella nun establecemento glamuroso, pregunta ao cabaleiro:
¿Qué se siente al conducir un coche así? (do que o cabaleiro é propietario, claro). A fermosísima muller que acompaña ao cabaleiro ponse en pé, arrodea cos seus brazos ao atónito camareiro e o bica na boca con paixón. En resposta á súa pregunta dille: Esto. Logo unha voz en off e a imaxe desvelan a identidade do sicalíptico vehículo.
É o mesmo modelo no que hai uns días se mataron (a unha velocidade estimada de 150 km/h nun treito recomendado de 50) tres rapazes de Bergantiños de 17, 18 e 19 anos. Sen comentarios.

19.6.06

Indiferenza


Cada vez estou máis convencido de que o que preocupa aos políticos —esta moderna caste de políticos profesionais que botan toda a vida no machito, talmente coma Vde. e eu no noso traballo— está moi lonxe das coitas e inquedanzas cotiás dos cidadáns. As razóns son variadas pero case todas apuntan a un feito inquietante, malia térmonos xa afeito a el: hai unha sorte de alianza entre os media e o discurso dos políticos, e isto sobre o argumento coñecido e impecable de que é noticia aquilo que os medios converten en noticia. Se toca dar a matraca coa reforma do estatuto en Galicia, pois prepárense para ter diariamente e por prazo indefinido ao dúo Tou-Quin nas primeiras páxinas de xornais, radioxornais e telexornais (remítome ás probas) proporcionando a sensación de ser a tal reforma a pedra de toque de todos os problemas do país: paro, siniestralidade nas estradas, vivenda inaccesible, feísmo arquitectónico, infraestruturas viarias terceiromundistas, pesca, agricultura, competitivade industrial e profesional… todos os problemas reais dos cidadáns deben someterse —quen ousará discutilo?— a cuestión fulcral, básica, moito máis trascendente ca todo o demás, de se somos ou non unha nación. Por certo, imaxino a enorme inquietude do noso presidente pola identidade nacional de Galicia de non ter a Quintana de socio, necesario, de goberno. En fin.
Isto da reforma dos estatutos é, aos gobernos autonómicos, coma os polideportivos, os paseos (fluviais ou marítimos) e as festas gastronómicas aos concellos de hai anos. Concello que non tiña polideportivo, paseo fluvial (ou marítimo) e festa do coello en gabardina non era concello nin era nada e o seu alcalde un pelagatos que non se preocupaba do porvir dos seus concidadáns.
O resultado do referendo catalán, cunha participación do 50% escaso (así de claro: a un de cada dous cataláns que reformen ou non o estatuto tráella frouxa), debera ser un espello no que ollarnos. Se ese é o resultado dunha sociedade cunha conciencia «nacional» madura e tradicionalmente asumida polas capas dirixentes, cunha situación lingüística moi favorable á lingua vernácula… non podo imaxinar os niveis de participación en Galicia. Pero abofé que Tou-Quin, inasequibles ao desalento, seguirán cifrando a felicidade dos nosos corpos e almas na reforma do estatuto. Adiante, compañeiros, Galicia enteira está convosco.

14.6.06

III Máster en Edición


A Universidade de Santiago de Compostela e a Xunta de Galicia convocan o III Máster en Edición 2006-08 - III Curso de Especialización en Edición 2006-07. O prazo de preinscrición ábrese o 5 de xullo. A matrícula: 2000 euros (Máster); 900 euros (Curso). A web do Máster aínda non está totalmente actualizada (axiña o estará).
Contacto: Secretaría Técnica do Máster. master.edicion@usc.es; 981 563 100, ext. 11909 (Antonio Guiadanes, mércores de 10:30 a 12: 30 h.).
A nova en El Correo Gallego.

As palabras máis feas da lingua galega


No concurso promovido nun blog gañaron España e español como as palabras máis feas da lingua galega.
Nun libro publicado en 1938 titulado A seta venenosa (Der Giftpilz), un dos libros de texto para as escolas alemás da época encamiñados á proporcionar cohesión ao que os nazis chamaban 'comunidade popular' (Volkgemeinschaft), ensinábaselles aos cativos que a palabra máis fea do idioma alemán, que, de feito, nunca debera ter existido no mesmo, era Jude (‘xudeu’).


Txapote


No rostro de Francisco Javier Gaztelu, Txapote, vexo unha maré de mans brancas. Lembro o estupor nunha tarde de verán, revivo a incredulidade, imaxino a angustia, oio as detonacións. Penso en Miguel, en galegos emigrados, en altos hornos, en Ribadavia, en Queiroás, en Ermua...
Txapote ten a fachenda do verdugo, a chulería do matón, a pertinacia do asasino vocacional, a xordera do fanático, a indecencia da alimaña enxaulada, que, no fondo, se sabe protexida pola gaiola á que despreza. ¡Mágoa non ter aproveitado mellor estas calidades! ¡Que gardián faría en Auschwitz!

13.6.06

Rir


¿Que nos fai rir? Que a risa é unha magnífica terapia para todo tipo de tensións e que, nesa medida, potencia o sistema inmunitario é algo arquisabido. Pero, ¿por que ou, mellor, de que rimos? ¿Por que ás veces nos avergoñamos de rir? ¿Por que os chistes lles encantan a unhas persoas e a outras non lles fan ningunha graza? ¿Por que hai xente que ri tanto e outra que non o fai nunca? ¿Por qué mesmo a risa chegou a ser pecado?
Lembro a pasaxe de O nome da rosa de Eco no que Guillermo discute con Jorge de Burgos sobre a licitude da risa. Cando este, convencido do carácter pecaminoso de rir, afirma: A risa fai deformar a cara, fai que o home pareza un mono, Guillermo replícalle: Os animais no rin. A risa é un atributo humano, ao que Jorge sentencia: Coma o pecado. Impecable argumento.
El Ciervo. Revista Mensual de Pensamiento y Cultura —xa un clásico— publica no seu último número un delicioso artigo sobre qué nos fai rir. Corenta suxerencias de diferentes autores coas que calquera pode identificarse.

Anonimato e blogosfera


Fiquen para outros ou outro momento as reflexións trascendentes sobre o presente e as prospeccións futuras da blogosfera: espazos libres de reflexión e crítica, resposta asistemática ao sistema, intercambio e urdime ad infinitum de experiencias comunicativas e informativas...
Hoxe quero a penas consignar unha percepción. O uso, o mal uso e o abuso que se fai do anonimato blogosférico provócame unha gradación de sentimentos que vai, segundo o blog, do estupor á absoluta repugnancia. Un ser humano ten que ser decente. E por decente entendo, entre outras cousas, ser valente. E por valente entendo, entre outras cousas, dar a cara cando se opina, para deste xeito asumir a responsabilidade e as consecuencias posibles desa opinión. Sobre calquera asunto. Sobre calquera persoa. Quen, movéndose na sombra coma as alimañas, ultrapasa esa delgada liña vermella que sinalan con toda claridade a decencia e a valentía para desfogar toda a mala baba e a bile acumulada que lle proe dentro, é un canalla e un cobarde. Non dou creto por veces ao nivel de infamia das descalificacións, profesionais pero tamén persoais, dos auténticos insultos, dos infundios sen base algunha, que se poden ler en certos blogs, sobre todo cando aparecen acubillados baixo un anonimato de cans de palleiro, que morden e se agochan.
Se os miserables que pululan pola blogosfera voaran non veriamos o sol. Palabra.

11.6.06

Suplemento poético dominical


O 5 fructidor de 1804, Stendhal anota no seu diario: Poeta é o que conmove.
Difícil dar cunha definición más lapidaria, breve e contundente do que eu entendo por poesía. Trátase da capacidade de premer no nervio íntimo do lector, de estremecelo, de provocalo a enfrontarse cos seus demos ou a gozar dos seus anxos interiores. A poesía é do lector, nunca do poeta.
E para mostra dous botóns. Dous dos meus poemas favoritos. Inquietantes, urxentes, estremecedores. Un en galego outro en castelán. Dous poetas dos que gusto extraordinariamente, Manuel Álvarez Torneiro —da Coruña— e José Ángel Valente —de Auria— . O de Torneiro vai en fragmento pois é longo de máis para dálo enteiro, pero recomendo vivamente a súa lectura completa.

José Ángel Valente: «Serán ceniza»
(de A modo de esperanza, 1953)


Cruzo un desierto y su secreta
desolación sin nombre.
El corazón
tiene la sequedad de la piedra
y los estallidos nocturnos
de su materia o de su nada.

Hay una luz remota, sin embargo,
y sé que no estoy solo;
aunque después de tanto y tanto no haya
ni un solo pensamiento
capaz contra la muerte,
no estoy solo.

Toco esta mano al fin que comparte mi vida
y en ella me confirmo
y tiento cuanto amo,
lo levanto hacia el cielo
y aunque sea ceniza lo proclamo: ceniza.
Aunque sea ceniza cuanto tengo hasta ahora,
cuanto se me ha tendido a modo de esperanza.


Manuel Álvarez Torneiro: «Nómina viva»
(de Luz de facer memoria, 1999)


Os profetas coa súa constelación desorientada
ao pe dos zócolos da cidade arisca e pervertida
e exhumada cada alba.

Os grandes contempladores do mar
desmesurado coma un holocausto,
coma unha eternidade.

Os que teñen no principio un hospicio,
un fumazo que cega,
noite baixa de grilos e felpa fusilada.
Os que gardan no fondo dunha caixa de óxido
aceites raros, estampas desveladas,
unhas follas de égloga.

Gustaban do pantrigo, do mel lento das tardes,
do ruído dos ríos criadores.
Abrían libros de convicción, valedores,
algo perpetuo no día a día;
soñaron a paz que acende a flor da convivencia,
o carbón do delirio
e amaron para deixar de ser anónimos
e escuros e pobres definitivamente.

Os sentados ás portas.
Os pintores de cisnes
ou de crucificados,
oleosos de océano
cando o esplendor.

Líricos das derrotas e supremos,
transparentes de patrimonio,
voceiros quizáis dun imposible.

Eles aínda posibles
nesta hora durísima do mundo.

9.6.06

Lo que las piedras enseñan















Más alla de donde el ojo alcanza,
tal vez en la profundidad de los eclipses
o en su ceguera o tal vez la osadía
de mirar de cara al sol,
lejos del riesgo de amar demasiado
o de ver cómo se arman
de ardides los deseos de mi espíritu
secreto, oculto tras las lindes
del yermo que atravieso,
de mi vida, que vengo atravesando a tientas,
más allá de donde el ojo alcanza, el yermo,
tal vez, podría asegurarlo,
en la profundidad de los eclipses
o en su ceguera se aproxima.

Y así, como tan ciegamente
lejos del riesgo de amar demasiado,
he amado la vida,
en lo gris del más hondo sentimiento,
para no ser y rebelarse
contra el más audaz de los azules,
de la luz y su serenidad,
de su limpieza,
así fue niño el sol, joven la luna,
y honrados parientes los planetas.

En todo lo gris de los mares que me alejan
de mi hogar o de todos los que tuve,
más allá de donde el ojo alcanza,
cercano al horizonte de algo nuevo,
laten ocultamente los fragmentos
del trovador frustrado, los despojos
de la isla del tesoro.
Otra vez jugaremos
a perdernos en las sombras
del jardín umbrío, aquellas tardes
viejas ya, como todo lo mío,
más allá de donde el ojo alcanza,
muy lejos de la habitación del alma,
allende las posadas del espíritu,
tras las lindes del yermo que atravieso
y sin cesar se perpetúa.

Preston


O apocalíptico número 666 -maldito onde os haxa- non lle sentou ben a Billy Preston. O 6 do 6 do 6 falecía o “quinto beatle” á idade de 59 anos, despois dun coma de varios meses. Do quinteto sobreviven Richard Starkey (alias Ringo Starr) e McCartney. Sic transit gloria mundi.
Por un curmán meu, responsable de ter contraído eu o virus beatlemaníaco a idade temperá (o meu primeiro disco foi o single de “Belter” con Let it Be e You Know My Name), souben que Preston tocaba os teclados nalgunhas composicións da última etapa dos Beatles. Hei de confesar que sentín un algo de decepción. Na mentalidade mitómana dun preadolescente, que botaba horas oíndo o devandito disco unha e outra vez ao tempo de ollar coma un parvo aqueles catro tipos melenudos ataviados á usanza dos militares nordistas americanos, este quinto beatle rompía, ou aínda mancillaba, unha sorte de equilibro, simetría ou perfección.
Na miña opinión, máis madurada, Preston aportou moito aos Beatles, especialmente no LP Let it Be e nalgúns treitos especialmente xenais de Abbey Road (para min, o mellor taballo do cuarteto de Liverpool). O aliño rythm and blues de Get Back, por exemplo, con ese chisco de Motown característico dos músicos negros da xeración de Preston, fai do tema un dos xustamente máis celebrados do grupo. Outro favorito, onde as teclas de Preston manteñen un fondo harmónico cheo de caña, é Old Brown Shoe, escrito e cantado por Harrison.
Con todo, é magoa que un músico da traxectoria persoal de Preston, con dezaoito discos publicados en trinta anos, sexa lembrado na altura do seu pasamento, simplemente, coma o “quinto beatle”. Xa saben. Esa manía das etiquetas comparativo-reductivas, tan caras aos medios de prensa. Os Beatles de Cádiz, a Madonna española, o Escorial galego...
Repouse en paz.

8.6.06

Bipartidismo. Maniqueísmo.


Hai uns días, nun post no que falaba do ano da memoria, referíame ao perigoso de andar remexendo nas feridas do pasado –no canto de ollar dunha vez cara ao futuro, cheo de desafíos– sobre todo nun clima político tan enrarecido como é, xa de xeito permanente, o español. Isto o escribía antes da escalada deste clima nos últimos días: a iracunda intervención do líder da oposición Mariano Rajoy no Congreso rompendo as relacións do seu partido co PSOE e as insensatas declaracións de Ángel Acebes de que Zapatero e ETA comparten proxecto. Cada vez máis, nesta sufrida pel de toro, o que en termos de técnica política é bipartidismo —habitual, de feito, en todas as democracias occidentais: republicanos e demócratas, liberais e conservadores..., pero á española aderezado coa persistente e, ao cabo, decisiva intervención dos nacionalismos— tradúcese en termos sociais nun maniqueísmo intolerante que, historia, mestra reverendísima, ben sabemos a onde conduce. ¿Teremos que seguir recoñecendo perante un neófito que españolito que vienes al mundo te guarde Dios: una de las dos Españas ha de helarte el corazón?
Estou, neste senso, plenamente de acordo co artigo PSOE y PP, duelo a garrotazos (La Voz de Galicia, 7 de xuño de 2006), no que o analista político Roberto L. Blanco Valdés advirte sobre os riscos da ruptura dun entendemento de base entre goberno e oposición. É magoa que a nosa clase política —obsesionada con enquisas, intencións de voto, barómetros e demais— teime en desbotar os enormes esforzos de convivencia que facemos os cidadáns, e vimos facendo dende hai trinta anos, no día a día dun país tan complicadiño coma o noso.