Arde o país. Cinza coma unha sentenza, fume coma brétema asasina. De principio á fin. De norte a sur. Arde a xente, os cans, os esquíos, as touzas, os soutos... E eu xa non me pregunto por que. Só sinto chorar bágoas de lume.
Será que de verdade o país non ten remedio?
5 comentarios:
TEn remedio, ten, pero hai que poñerse serio con esta xente. Se son quen de chegar ata os terroristas tamén teñen que ser quen de chegar ata os responsables desta desgracia. Temos que esixir entre todos que se actúe con determinación. Un clamor social!
NUNCA MAIS INCENDIOS EN GALICIA...
HIPOTESE DE TRABALLO
PARA UN CONSELLEIRO EN PARO...!
Venres, sábado, domingo, luns... e seguimos sen poder ver o sol atrapado detrás dunha fumareda que nos quita ata as ganas de vivir...!
Levamos catro longos días agardando unha explicación racional do que está a suceder... pero ninguén sabe nada, ninguén fala claro, ninguén pode organizar á sociedade civil que estamos sen saber o que facer para rematar con este pesadelo...
Que si unha Comisión Interministerial en Moncloa, que si Portugal tamén está a arder, que se mal de moitos consuelo de parvos... e non sei cantas historias máis... pero o lume non se controla ou non se sabe ou non se quere controlar...! Que se faltan medios que se sobra quen mande... todo segue ardendo ata que non quede pau que queimar...!
Eu só sei que o Sr. Conselleiro do ramo... fixo unhas declaracións o Venres dicindo que tiñamos os ‘medios suficientes’ para facerlle fronte ó lume. Esto é o único que sei de certo. E hoxe Luns xa falaba a mesma persoa de que si un cúmulo de circunstancias non previstas facían imposible controlalos lumes da Galiza...
Todos podemos equivocarnos, sen dúbida, pero non somos o Conselleiro do Medio Rural... por iso creo que podemos dicir con claridade que cando un responsable político erra deste xeito falando de cuestións propias da súa competencia... é mellor separalo rápidamente destas responsabilidades xa que demostra sobradamente non ter nin idea do que se trae entre mans...!
A vida e o futuro sustentable dos galegos e galegas estaba nas súas mans e unha fachenda de prepotencia fixo que as verbas fatuas as levara o vento do nordés avivando lumes devoradores das nosas vidas e da nosa terra.
Xa que parece ser que a Ministra de Medio Ambiente está disposta a chegar ó final desta trama criminal ofrézolle a miña hipótese de traballo (tan válida coma outra calquera mentras non se demostre o contrario)... coma se dunha brigada de élite da Garda Civil se tratara imos operar coa seguinte hipótese de traballo:
En Galicia se anunciaron a bombo e pratillo a entrada de moitas Multinacionais do Formigón, do Chalet Adosado e da Urbanización de Luxo... pero todos sabemos que mercar terreos queimados é mercar terreos baratos... sobre todo se lle aplicamos unha recente lei do solo (non sei se está en vigor na súa totalidade ou non) que dí que aqueles terreos queimados non poden ser recalificados para promocións urbanísticas antes de 30 anos...
Mercar estes terreos sería cousa de nenos: os galegos deprimidos pola catástrofe venderían correndo para saldar as perdas da madeira e a tristura da alma... Mercamos Barato!
Como esta catástrofe ecolóxica e criminal pode á vez modificar moitas vontades políticas nos votantes requeimados cunha xestión impresentable na loita contra o lume... un cambio político poderíase contemplar en breve nunhas vindeiras eleccións municipais que están á volta da esquina... para dende alí, dende os Concellos, forzar un cambio no executivo da Xunta de Galicia.
Mercamos Barato. Temos o Goberno. Agora só fai falla cambiar as leis, e onde digo digo... digo Diego... e onde se dicía terreos queimados non poden ser recalificados (engadimos) agás se se trate de proxectos urbanísticos de claro interese xeral (social) ou cunha extensión mínima superior a tantas Hectáreas... ou vaia vostede a saber que clausulas se redactarían para xustificar o cambio na lexislación?
Xa podemos edificar. E vender os adosados con vistas ou en paraxes naturais de privilexio mercados por catro patacóns a precio de ouro. Vendemos Caro!
Podería ser esta unha hipótese plausible para que traballe a Guardia Civil? Pois xa saben vostedes o que teñen que facer, dar orde ó Rexistro da Propiedade de que consigne nunha Lista Negra tódalas adquisicións dos terreos queimados... e ter paciencia...!
Pero mentres tanto... que tal se vai presentando a súa demisión o Sr.Conselleiro do Medio Rural?
INVITOVOS a exercer a crítica do que está sendo unha xestión deplorable na loita contra o lume e recordarlle as súas responsabilidades
a D. Alfredo Suárez Canal
gabinete.agri@xunta.es
E se quere empregar a hipótese de traballo aquí ofrecida terá moitos anos para seguir pescudando e vixiando as compras e ventas dos montes que arderon hoxe... e se ainda non está xubilado daquela poderá presentar unha demanda xudicial contra os ESPECULADOES CRIMINAIS...
que queimaron Galiza enteira...
cando il era Consellerio do Medio Rural.
Nota: eu xa enviei o meu correo persoal pedindo a demisión e igualmente envieille outro correo a Quintana para que facilite este recambio urxente.
Estimados amigos:
Obrigado aos vosos comentarios e puntos de vista. Respecto da substanciosa argumentación de Erasmo, unha vez máis constatamos -persoalmente coa mesma sensación de ridículo e desasosego de sempre- a venerable máxima da política patria: aquí non demite nin dios, porque, en efecto, se unha catástrofe ecolóxica destas dimensións non é quen de provocar unha reflexión no conselleiro do ramo (e gabinete en pleno), pois a ver... Xa non é cuestión de si é directamente responsable ou non: e unha cuestión de pura moralidade pública; nisto, a práctica política anglosaxona (baseada na aplicación luterana do talión) nos leva vantaxe: muchacho, tiveches a túa oportunidade e a cagaches; deixa sitio a outro.
Onte, día 9, na TVG vin un programa de ¿debate? no que participaban o Sr. Secretario de Relacións Institucionais, un xornalista e o presidente dunha federación de asociacións forestais ou algo así (estou citando de cor, e o dato non é moi fiable), debate dunha autocompracencia e unha finixida normalidade política que me pareceron simplemente REPUGNANTES mentres o país arde coma unha pira.
Mentres, por toda Galicia, os turistas gravan, con esa avidez de novidade propia dos turistas, a pel da terra chamuscándose para ter que contar cando volvan á rutina do traballo.
NUNCA MÁIS. Ao cárcere por anos cos incendiarios.
Hola, que tal. Nistes momentos tan críticos para Galicia, agradécese ter un lugar onde falar. Respetando (obviamente) a vosa opinión, creo que Suárez Canal non debe dimitir. Creo que é unha situación excepcional, e que simplemente estase poñendo a proba a capacidade de resistencia deste país. Estanse poñendo tódolos medios posíbeis, estase dando información fiable, puntual... Ninguén marchou de caza, ninguén mentiu ata onde eu sei. Isto é simplemente, un ataque terrorista. É máis, creo que, tratando de ser optimista (anque é ben difícil selo nestes momentos), penso que este pode ser un bo punto de inflexión para reflexionar sobre o agro galego
Estou de acordo con paralelinho. A xestión non puido ser mellor. Non esquenzamos que se chegaron a controlar máis de CEN lumes ao día. Isto é algo inédito. A resposta política foi axeitada (cf. Prestige).
Este debate, preciso e san vistos e vividos tempos pretéritos, non nos pode afastar da procura das causas e os causantes verdadeiros para que NUNCA MÁIS haxa terrorismo incendiario no noso país.
Publicar un comentario