1.10.06

Aniversario


Onte este blog cumpriu un ano.
Que é o que impulsa a alguén a enfrontarse co compromiso de encher periodicamente un espazo que ninguén lle mandou crear e que, probablemente, ninguén, ou moi pouca xente, le? Resulta ben ingrato atopar que aquel fragmento, aquel poema, aquela opinión… que nós reputamos suxestivos, esteticamente aceptables, interesantes e dignos de mellor sorte, non son quen de suscitar o mínimo comentario. Fica a esperanza de que se lean malia non se comenten, claro. Eu teño a teoría de que a maior parte dos blogs persoais e sen un perfil profesional específico créanse respondendo ao impulso que estaría ben denominar da mensaxe na botella. En efecto, escríbense mensaxes coa esperanza de que alguén os recolla. Compartir, en suma; algo tan humano. E, mentres, é esa mesma esperanza a que, nesta vida de náufragos que levamos, nos alimenta.
Todo blog é un SOS. No que a min toca, aínda como exercicio de autognose e consciente da súa esterilidade comunicativa, seguirei o mandado dos Police no refrain dun dos mellores temas da historia da música pop, lembran? Sending out an S.O.S

8 comentarios:

Brétemas dijo...

Prabéns pra voçé, parabéns pra voçé... Abrazos.

Anónimo dijo...

Eu son unha das que te le en silencio. Estes fragmentos son lugares confortables onde descansar, intelixente e lúcidamente, do devir diario. Por iso, porque para min é un preciado descanso, quizais por iso non conteste moitas veces. Parabéns ;-)

Marcos Valcárcel López dijo...

Esas mensaxes nunha botella chegan, como o S.O.S. de Manuel Antonio, non o dubides. E hai moitos lectores partícipes dese espazo, mesmo con entusiasmo, aínda que non se decidan a escribir comentarios: non todo o mundo ten as mesmas características, é como nunha tertulia arredor dun café, uns falan moito e outros escoitan, pero todos aproveitan, sen dúbida. Noraboa polo cumpreanos.

juan l. blanco valdés dijo...

Brétemas, anónima, Marcos:

Alguén atopou a botella, a fin de contas!
Fondamente obrigado polos vosos parabéns e azos. Aí estamos.

Anónimo dijo...

Ayer comentaba con unos amigos que Bangog no vendió un cuadro en toda su vida, viéndose en su època, injustamente privado del reconocimiento que al parecer merece. Ante tal adversidad, el pintor tenía que tener absoluta confianza en su trabajo y en su capacidad, y lo que no ofrede duda alguna es que esta actividad le tenía que producir una gran satisfacción personal.
En el caso de tu página, tampoco se puede poner en duda que su formación y mantenimiento te produce una profunda satisfacción y un agradable entretenimiento (veáse la hora intempestiva de redacción de la nota)por lo que sólo por eso, debes mantenerla. Pero es que además, a la vista de comentarios como el anterior, es más que probable que poco a poco se convierta en un espacio visitado por cada vez más personas, preocupadas por mantener en forma su materia gris.

ANIMO Y FELICIDADES, CAMPEON.

juan l. blanco valdés dijo...

Carlos:

El reloj no refleja correctamente la hora real en la que escribo. Supongo que tiene que ver con el horario propio de Blogger o algo así. Quiero decir que le tengo cariño al blog y me gusta escribir, pero no como para hacerlo a las cinco de la mañana..., hora en la que normalmente estoy en los dulces brazos de Morfeo (y no es que me haya salido del armario).
Gracias por el aliento, tío. Un abrazote.

torredebabel dijo...

tarde pero non menos fortes, van parabens dende esta beira do Atlántico!

juan l. blanco valdés dijo...

Obrigado, Torredebabel. Saúdos dende esta beira do Tíber.