16.10.06

O noso sitio no mundo


Hai non moito, escoitei nunha entrevista na tele ao pensador e escritor José Antonio Marina argumentar que, nun momento da vida, o neno xa non se limita a pedir ao pai ou á nai o alimento, a auga, os xoguetes que lle chaman a atención ou a manta para se arroupar. Non. Comeza a pedir que o miren cando nada, ou a agardar unha gabanza polo ben que pinta ou cómo aprendeu a prescindir dos ruedines na bici. É dicir: reclama elementos de autoestima, tan precisa na vida para nos desenvolver como seres autónomos e seguros coma os nutrientes para a saúde e o desenvolvemento físico.
Trátase, ao cabo, de definir o noso lugar no mundo, a nosa identidade, os elementos que, coma seres humanos, confiren a cada un de nós un carimbo único e irrepetible.
O que segue ten que ver, creo, con isto. É un contiño que escribiu o meu pequeno —8 anos— que el titulou El gallo sin nonbre. Cando lle dixen que me gustara tanto que o ía publicar no meu blog, aínda sen saber moito que é iso do blog, alegrouse moito: autoestima.
Transcríboo tal cal:

Abíase una vez un gallo que no tenía nonbre y un dia un pollo le pregunto tienes nombre y el gallo dijo no y el pollo se enpezó a reir. El gallo se fue mui triste y llorando pero asus padres les daba igual. Entonces el gallo iba poquas beces al gallinero para no pasarlo mal. Entonces se quedaba en su casa mirando como jugaban los demás. Mientras los demás se divertían el pobre gallo siempre se preguntaba ¿me pondré algun nombre para que los demás no se metan quon migo?, pensó el gallo. El gallo estaba todo el día y toda la noche pensandose un nombre. El día menos pensado gritó ¡me llamaré KIRIKO! y todo se escuchó en el gallinero. Todos fueron a su casa a celebrarlo y icieron una fiesta.

A ilustración é, por suposto, do autor. Representa ao galo matinando día e noite no seu posible nome. Repárese especialmente no gorro de durmir.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Para o autor do conto:

¡¡¡Que conto máis chulo, encantoume!!!. Certo é que un non é ninguén se non ten nome. Que ben que Kiriko atopara o seu, agora a ver se non os demais non o olvidan, e sobre todo: OXALÁ EL NON SE ESQUEZA NUNCA QUE SE CHAMA KIRIKO E QUE TEN UNHA VOZ PODEROSA CAPAZ DE FACER TEMBLAR TODO O GALIÑEIRO SE QUERE!!!!

juan l. blanco valdés dijo...

Estimada Aquí:

Obrigado fondamente polo comentario. Ao autor encantoulle saberse lido e que comparta Vde. o seu punto de vista acerca da trascendencia da nosa propia identidade (non mo dixo así, claro, pero é o que quixo dicir). Un saúdo cordial.

Marcos Valcárcel López dijo...

qué ben pintan os nenos ata que un profesor os ensina a debuxar...
ou algo así, seica dixo Picasso

juan l. blanco valdés dijo...

Marcos:

Encántame a frase (que de contado incorporo ao meu inventario de sentenzas lapidarias). A Picasso apóñenlle tamén estoutra: a min as musas sempre me pillan traballando.

torredebabel dijo...

concordo con Marcos, os nenos son creativos, audaces e artistas ata que chegan á escola. Alguns, ainda así, conservan eses talentos. Que sexa o caso deste magnifico autor!

juan l. blanco valdés dijo...

Querida Torre:

Certo é que a idade vai estropeando moitas cousas. Somos a nosa nenez, deixou dito Kierkegaard (para seguir con sentenzas). Saúdos e agarimos.

Jose Antonio Marina Webmaster dijo...

Hola Juan,
Estamos trabajando en la optimización y limpieza del sitio web https://www.joseantoniomarina.net/.
Hemos detectado que en su sitio aparecen links a nuestra web sin protocolo de seguridad [http://www.joseantoniomarina.net/] necesitamos su ayuda para actualizar o eliminar esos enlaces de su sitio. Su sitio es perfectamente legítimo, solo estamos tratando de corregir el máximo número de enlaces que sea posible ya que es importante que corrijamos/eliminemos los enlaces que dañan el tráfico a nuestro sitio web.
Aquí hay unos ejemplos:
http://fragmentosgutenberg.blogspot.com/2006/10/o-noso-sitio-no-mundo.html

Además, su sitio web NO usa/está/tiene configurado un protocolo SSL. Le recomendamos que lo implemente
Por favor háganos saber si tiene preguntas. Si pudiera enviarnos un correo electrónico una vez que haya eliminado el enlace, sería estupendo.
¡Gracias por adelantado! Esperamos noticias suyas pronto.
Saludos cordiales
Webmaster & SEO
joseantoniomarina.net
webmaster@joseantoniomarina.net