12.2.09

Quen teme a Google?

Se xa tiña poucas dúbidas ao respecto, o mércores pasado nunha breve e informal xuntanza co responsable de Google Books Research para España e Portugal acabei de convencerme de que o a nova web consolidou definitivamente unha estrutura moi evolucionada e elegante, onde a integración e mutua interacción de procesos (creativos, de lecer, culturais, informativos, académicos, científicos...) serán, por unha banda, garantes dunha expansión absoluta e, por outro, alicerces de novos desenvolvementos que non somos quen de imaxinar (quen imaxinaría Facebook hai dez anos?). O camiño a curto prazo é dispoñer de discos virtuais de enorme capacidade que permitan acceder á toda a nosa información, datos e aplicacións persoais, dende calquera punto, independentemente da terminal, o que de feito xa sucede parcialmente cos blogs ou gmail. Nese refinamento progresivo e imparable que Internet coñece dende o seu nacemento, Google -paradigma e símbolo da rede- xogou, xoga e seguirá xogando un papel determinante, como sostiven xa noutras ocasións (unha, dúas).
Sabía vostede que a orixe do nome Google está na denominación que Milton Sirotta -un neno de dez anos, sobriño do matemático Edward Kastner- deu en 1938 ao número 1.0 × 10 elevado a 100? O pequeño Milton bautizou o número como googol. Cando Sergey Brin e Larry Page, pais do invento, buscaron un nome para o seu daquela modestísimo buscador, pensaron que ao igual que o googol pretendía sintetizar nunha unidade un monstruoso caos numérico (un 1 seguido de 100 ceros!!), o seu obxectivo era odernar un proceloso, vastísimo e turbulento ciberocéano nun punto de referencia obrigado e adaptaron graficamente o nome, que se pronuncia igual (o que, dito sexa de paso, tróuxolles algún problema legal). Pois ben, a evolución dos feitos outorgoulles con creces a razón, e hoxe toda a Internet se transacciona a través da absolutamente minimalista caixa de busca de Google. Todo está alí.
GoogleBooks ten ao día sete millóns e medio de libros dixitalizados. Imaxinen o horizonte en dez ou quince anos. Na sección de dixitalización da división Books de Google en California traballan 1000 persoas. A democratización e deslocalización do coñecemento e o acceso ao patrimonio escrito da humanidade a través do desenvolvemento tecnolóxico da rede e o inxente labor de Google son camiños sen retorno. Sei que soa lapidario, excesivamente contundente, apocalíptico, pero así é. Vencidos medos e escrúpulos iniciais e reticencias sen sentido, o vello soño humano da Biblioteca de Alexandría ou da biblioteca total coa que coqueteou a psique inclasificable de Borges, está a piques de facerse realidade. Que virá logo?

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Estou totalmente de acordo con vostede, neste caso ao 100%.
Antes de Google ninguén cría na posibilidade de ordear todo o coñecemento, na crenza agora absurda de que o acceso á información pasaba polo establecemento dalgún tipo de orde. Acababamos de entrar no virtual e pretendíase aplicarlle modelos analóxicos (por exemplo, bibliotecarios e arquivísticos, vexa que vostede non pode falar deste asunto se recorrer á sacrosanta biblioteca borgesiana). E claro. Chegaron estes dous e dixeron non, non é así. E fixeron a información accesible a todo o mundo sen etiquetar nin clasificar(como facían daquela o resto de buscadores).
Gracias, google.
O futuro? Todo parece indicar (inda que falar do futuro é perder o tempo) que todas estas máquinas serán manexables directamente co cerebro (xa o son coa vista), e que será difícil diferenciar entre este e a máquina. Cómo o farán? Non teño nin puta idea, pero seguro que o que o logre xa camiña entre nós. Iso seguro.

Anónimo dijo...

Ah! E o do post anterior vai vento en popa! Agora xa temos a un do Atlético... Qué será o seguinte? Teño medo.

Marco Piña dijo...

Google supone sin lugar a dudas una de las mayores revoluciones que en la humanidad ha existido.Internet ya fue una autentica revolución per se, pero el trabajo de Google para explotar la red es sin duda alguna tanto o mas importante.

El unico pero que se puede encontrar el proyecto de digitalizacion universal, es el aspecto de "derechos de autor" etc...Aunque este es otro debate tan o mas polemico que otros recientes en tu blog.

¿Que nos depara el futuro tecnologico? Ufff, siendo mi ambito laboral yo creo que hasta mi conocimiento se queda corto en este aspecto.

La incorporación de tecnologías de voz, lo que se llama en argot tecnológico Web Semantica esta desde luego a la vuelta de la esquina.

Gartner ya ha publicado un estudio de Human to Computer, lo cual ya presupone aplicaciones que apareceran a medio plazo para eliminar barreras tecnologicas que hoy en dia imposibilitan a muchos colectivos el acceso a las mismas.

Os recomiendo ver este video para que sirva como pequeña anecdota, o "quizas no" de lo que puede venir en el futuro cercano, http://www.youtube.com/watch?v=aD4XtZqJu-U .

Desde luego la posibilidad del acceso universal al conocimiento supone un hito que elimina cualquier barrera cultural,geografica y politica. La educación y el acceso a cualquier información y/o opinión quizas sea el primer paso para lograr que esta aldea global tenga el desarrollo en paz que no nos merecemos en muchos casos.

El conocimiento creo es la base para la paz, a mayor conocimiento mayor amplitud de miras, a mayor amplitud de miras mayor capacidad para entender a los demas,etc...

Ojala no seamos nosotros mismos quienes destruyamos esta posibilidad de futuro.

Saludos.

juan l. blanco valdés dijo...

No, Marco, creo que no hay que ser pesimista respecto del futuro. Por eso hablaba en mi post de reticencias y temores absurdos afotunadamente ya vencidos y, también por lo mismo, titulé el post como lo hice. Evidentemente, todo invento es una agresión violenta a la realidad y el nivel de su influencia va a depender de su asunción social. ¿Estamos en condiciones de evaluar el impacto de la televisión en la historia contemporánea de Occidente? Con Internet y Google, creo, los árboles no nos dejan ver el bosque. Quiero decir que, inmersos como estamos en pleno proceso de expansión y cambio acelerado de la red y la informática doméstica y personal, no podemos adelantar, como el amigo anónimo expresa, por dónde irán los tiros. Insisto, yo, personalmente soy optimista. En cualquier caso, interpretaciones aparte, si estableciéramos las, no sé, digamos cinco keywords más representativas de los diez primeros años del siglo XXI en el planeta una de ellas, sin género de dudas, sería Google. Pon tú las otras cuatro.

Anónimo dijo...

Ninguén sabe o que vai ser do futuro, por definición.
Temos que ser optimistas ou pesimistas? Por qué e respecto a qué? Puxo vostede o exemplo da tele: había que ser optimista ou pesimista? Por qué e respecto a qué? O mundo ten cambiado nestes últimos 60 anos con tele igual que nos 60 anos anteriores sen ela. Fíxonos a tele mellores ou peores? Nin unha cousa nin outra. Somos, iso si, distintos, en gran parte, por suposto, pola existencia mesma da tele. Eu non creo que esa sexa a cuestión. Pódese ser pesimista ou optimista ao respecto de cousas concretas e nun contorno concreto (unha enfermidade, un posto de traballo). Respecto ao futuro, así en xeral, coido que non.
En canto ao do coñecemento = amplitude de miras = maior empatía = paz... Bueno, resulta cando menos naif e candoroso. Os máis perigosos non son os máis ignorantes, precisamente. O coñecemento, a cultura, non garante absolutamente nada, nin bo nin malo. É simplemente unha condición humana máis, como ser alto ou ser un fillo de puta. Quero dicir que se pode ser un fillo de puta alto e cultísimo, e todo o contrario.