A primeira vez que sentín falar de .pdf (ou pedeéfe) foi na feira LIBER en Barcelona nos principios dos noventa, nunha mesa redonda moi internacional na que participaban informáticos, editores e distribuidores. Había unha señora británica, con obvias capacidades proféticas, que afirmou que o innovador documento de formato portátil de Adobe estaba chamado a converterse no estándar natural para a edición dixital, tanto tanxible coma en liña, en harmoniosa competencia con .html. Case vinte anos despois, cabe preguntarse que sería do mundo da comunicación cultural e científica e da edición sen .pdf. Nun concurso sobre qué palabra é a que un grupo de editores de hoxe pronuncia máis ao cabo do día de certo que o alfónimo pedeéfe ía ter moitas papeletas para gañar. Facemos pedeéfes con probas de maqueta, e mesmo hai autores que as corrixen usando das potencialidades do propio .pdf (nunca o acepte: ao final terá que pasar as correccións da pantalla a unha copia impresa; ergo, dobre traballo!); facemos .pdfs coas sucesivas probas de cuberta ata pecharmos a definitiva; facemos pedeéfes para cetepé (.pdf’s para CTP) co cal axilizamos os procesos de produción do libro a un punto máximo. Se a un impresor tradicional lle contasen que un ordenador rasteriza un pedeéfe para envialo directamente á confección de pranchas de offset abofé que afirmaría algo como pobre profesión!A tecnoloxía, de seu, non é boa nin mala. A fisión atómica e o tubo de raios catódicos son cousas neutras; Little Boy e a televisión non. Un efecto bastante perverso da tecnoloxía, creo, é o rápido que nos afacemos a ela e a paulatina instalación na crenza de que o mundo sempre funcionou así. Non están moi lonxe na miña lembranza os tempos nos que un documentalista botaba cinco días de traballo acopiando unha información que hoxe Google devolve en 0,058 segundos. Pedeéfe é unha tecnoloxía bárbara —que diría un arxentino—, que dúbida cabe, pero a súa contribución á fuxida cara adiante que hoxe é a edición —a edición compulsiva poderiamos dicir— foi e é definitiva. A facilidade técnica tradúcese directamente nunha produción incontrolada: autoedición+pdf+ctp / autoedición+pdf+impresión dixital=facer libros como churros.
Editar compulsivamente? A pregunta que todos nos facemos é: para quen?







A Sidney Pollack débolle unha das máis grandes alegrías cinematográficas da miña vida:
Querido diario:
Na presentación dun libro na que participaba certo escritor cubano produciuse o outro día unha situación curiosa e un chisco incómoda, hábil e cortesmente reconducida pola autoridade académica que presidí
En latín: Dum eris felix multos numerabis amicos. En paladino romance: Del árbol caído…Ao mellor se tivese saído presidente do goberno concitaba más adhesiones y el general aplauso. Digo eu. ¡Recia cosa es la política!



Supoño que unha figura como a de Leopoldo Calvo Sotelo pode ser doadamente asignable a unha práctica política directamente herdeira da dereita hispana máis recalcitrante e carpetovetónica. Renovación Española, liderada polo seu tío José, era cerval inimiga da institución parlamentaria e estaba moi próxima ao fascismo da época. O seu asasinato foi, como ben sabido é, o detonante do cataclismo. Paradoxalmente, o herdo de tanta efervescencia —velaí unha forma de homenaxe tipicamente franquista— foi denominar Calvo Sotelo a unha infinidade de prazas e rúas do país, hoxe a maior parte venturosamente rebautizadas.




Algo do que calquera íncola deste sufrido recanto noroccidental pode dar boa fe é da perfecta indefinición que enchoupa a nosa alma colectiva (deixemos vivir ese substantivo alma, deostado cando entendido no seu senso relixioso, un pouco reaccionario —menos mal que, grazas a Xoán Paulo II, hoxe sabemos que as mulleres a teñen— pero fermoso e moi descritivo cando se trata dunha sorte de resposta anímica profunda aos estímulos do mundo, compartida por unha colectividade e recoñecida por esta como elemento patrimonial e aínda definitorio; o que os románticos alemáns chamaron Volksgeist, concepto ben bonito, ao que, parellamente, o nazismo fixo moito mal).
Hoxe, en grata conversa e intercambio de puntos de vista con 


