3.4.06

Europa /vs/ América: o combate cultural


O xornal electrónico da Universidade de Santiago de Compostela reproduce hai uns días unha interesante entrevista, orixinalmente concedida ao xornal El Correo Gallego, co Director do Consello Científico da Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes, ex-reitor da USC, Darío Villanueva, na que se relata o estado actual do proceso de dixitalización na Biblioteca –apoiada principalmente pola Universidade de Alacante e a Fundación Marcelino Botín– de obras literarias non sometidas a dereitos de propiedade intelectual. A día de hoxe, con preto de 16 000 títulos ao dispor do público, a progresión de accesos á Biblioteca é espectacular: de 288.314 páxinas servidas en 1999 a seis millóns e medio en marzo de 2005.
A idea dunha biblioteca virtual, como concepto, estaba no propio xermolo da internet e practicamente naceu coa rede. O proxecto Gutenberg comezou a almacenar obras en 1991 –menos dun ano despois de que Berners Lee editase a primeira páxina web do mundo. Hoxe anda por 17 000 títulos, ao nivel, por tanto, da Miguel de Cervantes. O propio Tim Berners-Lee –o cal é moi significativo– lanzou no mesmo ano de creación da rede o seu propio proxecto de biblioteca virtual, a WWW Virtual Library. O Million Book Project da Universidade Carnegie Mellon ou The Internet Classics Archive do Massachussets Institute of Techonolgy son máis exemplos, semellantes –mutatis mutandis– ao da Biblioteca española e hispánica.
Inevitablemente, a entrevista incide no proxecto de Google do que falamos xa varias veces neste blog: volcar 15 000 000 de títulos na rede, anuncio que no seu día provocou unha reacción loxicamente alporizada de editores e bibliotecarios europeos, que o director da Bibliothèque Nationale de France Jean-Noël Jeanneney, resumía moi ben nun artigo de Le Monde poñendo a Europa en garda perante os perigos da americanización da cultura mundial en xaneiro de 2005.
A tan mastodóntico plan, pola súa parte, opón Darío Villanueva que o proxecto da Biblioteca Miguel de Cervantes incorpora unha interfaz de usuario que inclúe opcións de contextualización, navegación hipertextual, índices, conectividade a outros portais, indizacións de todo tipo… En contraste con esta operatividade, na súa opinión, Google representa o infocaos, é dicir unha sobresaturación de información que agobia ao usuario e, en definitiva, fai que a propia información sexa, polo seu volume, inoperante.
Os intentos de Europa por contrarrestar unha «americanización» da cultura, como clamaba Jeanneney, que está de feito provocando a frívola mudanza de xeitos de razoar e ver o mundo que tantos beneficios teñen proporcionado ao desenvolvemento da humanidade, son absolutamente necesarios e eu serei o primeiro en aplaudilos. Pero negar o que vén é inxenuo. Hai cinco anos, Google era unha ferramenta aínda con carencias, precisamente pola ausencia de xerarquización na información (o infocaos ao que se refire Villanueva) e relativamente descoñecida fóra dos ciberentornos máis ou menos especializados; hoxe o buscador é dunha extrema fineza na ordenación e xerarquización da información (de xeito que o máis importante sempre está arriba) e ata os cativos se serven do buscador para atoparen, sen dificultade algunha, os seus videoxogos preferidos. O que hai quince anos se lle encomendaba a un documentalista, nun prazo laboral de días, faino hoxe Google en décimas de segundo.
Google non é, polo tanto, un mero buscador: Google é o referente da web; un estilo de acceder á información; un elemento vital da rutina cotiá dos cidadáns de Occidente, e, cada vez máis, do mundo. Con estes presupostos, o seu monopolio do acceso planetario virtual á creación literaria mundial está xa sobradamente preparado.
Consonte anunciaron en marzo de 2005, Sergey Brin y Larry Page (na foto, de hai xa uns anos), creadores e propietarios de Google Inc., van destinar 150.000.000 de dólares a creación da monstruosa biblioteca; ou moito erro ou intúo que, coñecedores do problema do buscador dende os inicios (en realidade de todos os buscadores: a xerarquización e ordenación da información), os técnicos da empresa contemplan o desenvolvemento dunha interfaz de usuario que non se vai limitar a un acceso máis ou menos desordenado e caótico da información. Algo á americana, vamos: rápido, intuitivo, doado, útil,... á medida do que hoxe quere a xente.
No terreo da edición, ao cabo, e máis amplamente no do acceso á información e a cultura, Google non fai senón representar na rede unha situación que no mundo real xa existía: André Schiffrin, nun libro tantas veces louvado, A edición sen editores, anunciaba en 1999 a fin dun concepto editorial secular en Europa -de compoñente basicamente cultural- e a emerxencia dun sistema caracteristicamente americano, onde, introducida a edición na industria do entertainment (o paradigma deste sistema é o best-seller), priman só as cifras de negocio. Así é que hoxe en España poden atoparse nas feiras do libro antigo e de ocasión títulos publicados dous anos atrás…
Lembran o lío monumental que organizou Harold Bloom co seu Canon occidental? Cada país, cada lingua a mirarse o embigo e ver quén estaba incluído no catálogo do polémico libro. Por qué só Cervantes, Neruda e Borges? Por qué non Calderón, Clarín, Lorca?
Hoxe é Google quen canoniza; eis o risco. Frivolamente, a xente avalía o seu nivel de "importancia" polas entradas que devolve o buscador ao introducir o seu nome. Funcionamos así, que se lle vai facer, dun xeito tan irreflexivo e superficial.
Que pensar, polo tanto, do poder canonizador que pode representar a súa biblioteca virtual na literatura? O razoamento será: se Sempre en Galiza de Castelao non aparece entre os 15 000 000 de libros da Google Virtual Library por algo será... É moi difícil loitar contra iso.

24.3.06

Deconstruír. Destruír. Reconstruír



Nunha web promóvese a retirada do doutorado honoris causa pola Universidade de Santiago a Francisco Franco, concedido en 1965. É algo moi à la mode deconstruír a historia. Ben sei que o verbo non existe nos dicionarios, pero debera exisitir pois expresa moi ben que non se trata exactamente de destruír nin de reconstruír senón dun híbrido dos dous, é dicir reescribir, amoldar segundo conveña. E a historia, claro é, non se pode reescribir, nin amoldar segundo conveña. É historia. Que a Universidade de Santiago de Compostela concedera unha distinción tan delirante a un tipo como o ditador, cuxo paradigma na séptima arte, valla como exemplo, era Paco Martínez Soria non é máis ca o o reflexo histórico do que entón era a universidade española –e por ende a de Santiago– e do que entón era este país noso, que, nos guste ou non, viviu corenta anos baixo a férula del Caudillo. Non hai que deconstruír a historia; hai que explicala, e cando o meu fillo me pregunte quen foi Franco e, ao mellor, por que a nosa universidade o fixo honoris causa, explicareille o que veña o caso.
Hoxe movémonos nas marxes estreitas e abafantes do politicamente correcto, que leva a análises urxentes e alicerzadas no fácil si ou non, pero as cousas adoitan ser moito máis complexas. Neste ano 2006 toca demonizar o franquismo e, a lombos da supeficialidade, deconstruír corenta anos de historia.
Eu nacín en 1960, de xeito que cando o ditador espichou, eu tiña quince anos. Tiven a nenez máis feliz que poida imaxinarse. Terei que avergoñarme? A miña familia foi neses anos, como moitas do país, razoablemente feliz. Meu avó foi expedientado e suspendido como funcionario por pertencer a Izquierda Republicana. Ao seu irmán, o xornalista e poeta Roberto Blanco Torres –Día das Letras Galegas 1999–, metéronlle dous tiros na cabeza no outono de 1936. A un meu tío, Mundo, rapárono ao cero con vinte anos por ter feito campaña, baixo as instrucións de Antonio Fraguas e Fermín Bouza Brey, a prol do Estatuto de xuño do 36. Librou da guera por tuberculose. Pero meu pai foi mobilizado en 1937 –tiña vinte anos– e fixo a guerra no bando que lle tocou, o nacional. En 1959, xove avogado con bufet instalado na Estrada, un excompañeiro de armas, nesa altura gobernador civil de Pontevedra, fíxoo alcalde da Estrada e foino ata 1971. Levou auga e luz á practica totalidade de aldeas do rural estradense, construíu a Biblioteca Pública Municipal, o Instituto de Ensino Medio...Fixo o que puido. Viviu. Á luz dunha historia deconstruída, hoxe supoño que sería simplemente un alcalde do franquismo, cando non un alcalde franquista. Si. As cousas son moito máis complexas.
Pregúntome canta xente en Galicia, xa non digamos en España, sabe hoxe que a Franco se lle concedeu un doutoramento honoris causa por Santiago. Dúas de cada cen? De cada mil? O proverbio latino aconsellaba non espertar ao león que dorme.
Idea: vou promover no meu blog que se lle retire a José Echegaray o Premio Nobel de Literatura que lle concederon en 1904. Foi totalmente inxusto porque era moi mal escritor.

21.3.06

Accidentes


Os índices de siniestralidade xuvenil na circulación por estrada en Galicia son simplemente estarrecedores. É algo que comento con frecuencia con moitas persoas, con especial preocupación no caso de pais e nais —incorrerei con isto de pais e nais nalgunha incorrección política?— que teñen, como é o meu caso, nenos pequenos ou, o que preocupa máis, rozando a adolescencia.
Na política tan nosa, tan entrañable, do aquí te pillo aquí te mato, cando os datos pasan do gravisimamente preocupante —situación dos últimos anos: 98 falecidos/millón de habitantes de media na franxa de 15 a 34 en España fronte a 201 en Galicia, El Correo Gallego, 21.03.06, páx. 10— ao cuantitativamente intolerable —144 persoas atendidas polo 061 en accidentes de tráfico na última fin de semana: máis da metade tiña entre 15 e 34 anos, ibidem—, os persoeiros de turno reúnense con carácter de urxencia, pregúntanse corteses pola parentela, meten a dieta no peto, constitúense en imprescindible comisión —que achegará a solución defnitiva do tremendo problema—, posan para foto moi arregladiños que dá gusto velos, coa nonchalance de quen está afeito aos flashes, e declaran por esas boquitas que dios les dio cadansúa frase lapidaria, coa esperanza de que algún medio a recolla —con foto, claro— en La frase del día (sección, por certo, nutricia do que algún día puidera ser unha riquísima Antoloxía da parida patria, Floresta de memeces, ou título por un estilo). Algo así como aqueles "destacados" do fútbol na liga de modestos, vamos.
Tenemos que hacer frente a una auténtica guerra y por eso es necesario que contribuya toda la sociedad para ganarla” (Manuel Ameijeiras, Delegado del Gobierno en Galicia, ao lado da foto, claro, cun sorriso de orella a orella que desentona un algo co dramatismo da declaración, ibidem). “La seguridad debe llevarse a las escuelas para usar el vehículo con responsabilidad hacia uno mismo y hacia los demás” (María José Caride, Conselleira de Política Territorial, foto tamén, monísima, ibidem).
Franz-Josef Strauss, aquel político bávaro tan reaccionario e intelixente, recomendaba aos políticos pensaren de xeito complexo e falar de xeito sinxelo. Velaí dous exemplos do contrario, e non é que a señora Caride nin o señor Ameijeiras sexan máis parvos nin máis listos ca o resto dos seus colegas. En declaracións coma as devanditas, perfectamente representativas da linguaxe media dos políticos do momento, a vaciedade de contidos vese patética e insuficientemente sublimada en desiderátums de alcance tan monstruoso (toda la sociedad movilizada, llevar las autoescuelas a la escuela, conducir con responsabilidad) que morren en si mesmos. Nin unha chispa de orixinalidade, de intelixencia, de compromiso humilde co que se pode facer a curto prazo.
En Galicia, onde o lixo non se ve nin estorba, onde o ruído non molesta —o outro día xantei, xuro que por última vez, nun sitio con TRES televisións accesas e os 40 principais de fondo—, onde moitos seres humanos utilizan coma sistema oral de comunicación cos seus conxéneres un xogo de sonidos de gran potencia pero a penas modulados, onde o deterioro do medio ambiente (incendios, feísmo arquitectónico, eucaliptos...) chega a niveis de sadismo, onde o feito de que as estradas crucen as vilas é considerado un elemento crucial de desenvolvemento... o problema da siniestralidade xuvenil nas estradas é un elo máis dunha cadea colectiva, cun secular e, polo momento, insalvable déficit de sociedade civil: a traumática peaxe da transición dunha sociedade rural a unha sociedade moderna que leva por apelido o adxectivo -tan noso, tan enxebre- rururbano. E aí se ceba a morte: noite de copas/botellón+gomina no pelo e peiteado á moda+probables pendentes na orella e/ou piercing (máis as chicas)+coche supertuneado+drogas de deseño+pubs para empezar+discos para terminar...; A Estrada, Noia, Boiro, Ribeira, Malpica, os territorios de caza.
O conxunto é un cóctel mortal adubiado por unha absoluta superficialidade na visión do mundo, que estimula a centrar a existencia arredor do coche, unha completa ausencia de valores (nomeadamente o respecto pola vida propia e, de engadido, pola vida dos demais), valores que ou son transmitidos ex ovo na casa (e non na escola, señora Conselleira: a escola forma, a familia educa) ou simplemente non se adquiren.
Eu non son optimista. Os optimistas son os pesimistas mal informados. Non hai sociedade que mobilizar: a sociedade mobilízase, ou máis ben, móbese polo consumo, a televisión oferta cabalos de potencia —autoemoción e consignas por un estilo— a baixo prezo de forma permanente; hai unha cadea de TV especializada en tunning (que ao meu fillo de once anos o ten fascinado).
Contábame o propietario dun concesionario oficial de coches que a avoa dun mozo de dezaoito anos, recén retornado de Suíza cos pais, tivo a brillante idea de celebrar a maior idade do rapaz co agasallo dun vehículo GTC con DTI e non sei cantas cousas máis. Dous meses despois, no abrente dun domingo, matouse. Darlle un revólver a un chimpancé.
Creo que esta sangría de vidas na flor vai continuar. Non é máis ca o síntoma da corrente. E é moi difícil ir contra a corrente. Eu procuro, con todo, seguir aí, poñendo o lombo.
Sorte á neófita Comisión de Seguridade Vial.

16.3.06

Just a beautiful day











Nació como en un útero de flores o plenario
de pétalos, sereno y nuevo, el aire.
Hoy parece el día
provocar un universo entero,
una completa anatomía
para romperme el alma,
y en añicos ser testigo
del viejo organigrama de mi cuerpo
a la espera del tsunami que se acerca.

15.3.06

Los editores se inmunizan con los libros (Jaime Salinas)


Interesantísima y llena de motivos para la reflexión la entrevista con Jaime Salinas que El País publica el lunes pasado. Hijo del poeta Pedro Salinas, el editor, de 80 años, pertenece a esta casta de editores tan bien definidos por André Schiffrin en su imprescindible La edición sin editores: aquellos que concebían su oficio de forma fundamentalmente vocacional, casi artesanal cuando no familiar, persiguiendo un modesto beneficio que les diese para seguir con la empresa, que, así, cumplía un necesario papel cultural en una sociedad que tenía a la edición impresa -lo que hoy ya no ocurre- como uno de sus pilares. Seix-Barral (con el gran Carlos Barral), Alianza (con Ortega Spottorno y Javier Pradera), Alfaguara, siempre en puestos de dirección y responsabilidad, la Dirección General del Libro... Una trayectoria editorial indispensable.

Galaxia


Chégame a través do mail a nova de que Galaxia inaugura nova páxina web. Parabéns a todo o equipo, en especial aos queridos Pilar Sampil, Pepe Soutullo e Víctor Freixanes, amigos e colaboradores en moitas cousas dende hai moito.
Ademais do indiscutible papel paradigmático de Galaxia no seo da cultura galega contemporánea, para min ten un valor emotivo e persoal moi especial que me vencella directamente á lembranza de meu pai, Mario, subscritor da editorial dende o seu nacemento, e da miña nenez e primeira adolescencia. Vexo a un neno entusiasmado entre libros (se hai un editor vocacional ese debo ser eu), facendo un arquivo mecanografado nunha venerable Olympia con fichas de toda a «biblioteca gallega» que era como chamabamos na casa a estantería de oito andeis onde se depositaban os libros de Galaxia, xunto con outros moitos volumes, libros, libriños, folletos e follas de menor contía, en calquera caso relacionadas co país: zaragozanos, moitos libros de Nós, aqueles libeliños de Terra a Nosa! tan mal editados, e cousas aínda máis antigas e curiosas.
Por idade e xeración, meu pai (nado no 17) era coetáneo de toda a vella garda de Galaxia e amigo persoal de moitos deles, vencellos estreitados se cabe polo parentesco co mártir seu tío Roberto Blanco Torres. Os nomes de Illa Couto, Del Riego-Lorenzana, Piñeiro, Cunqueiro, García-Sabell, o gran Valentín... e outros como Dónega, Martínez-Risco (don Bastián para meu pai, con quen traballou como pasante na Coruña), Fole, Xohana Torres, Carmen Kruckenberg, Silvio Santiago, Casares, Cortezón... éranme familiares dende moi neno, coma para os meus irmáns. A percepción temperá daqueles títulos, tan engaiolantes —As calexas do zigurath, Cambio en tres, Vento ferido, O silenzo axionllado, Salnés, Illa Nova, Mito e realidade da Terra Nai, As crónicas do sochantre, Morte na Catedral, Como calquer outro día, Vilardevós, As covas do Rei Cintolo... — foron imperceptiblemente modelando unha bibliofilia que aos poucos, paseniño, íase facendo rabiosa, fanática, militante.
Hoxe sinto o xusto orgullo de ter todas as primeiras edicións de Galaxia e unha colección completa da primeira época de Grial, no que foi unha traslación física ritual da querida «biblioteca gallega» a unha estantería do meu despacho, dende onde os libros de Galaxia miran agora ao val inmenso da Amaía... O tacto do seu papel rugoso, os bordos dentados polo uso da cartolina das cubertas, o aroma a humidade e tempo que desprenden, seguen transportándome ás orixes, aos tempos dourados nos que un neno pelirroxo catalogaba os libros naquela vella Olympia que meu pai me acostumou a poñer sempre enriba dun tapetiño de feltro verde para non raiar a mesa...
Kierkegaard dixo que somos a nosa infancia. E Richard Burton —vai de citas lapidarias— que un é de onde ten os libros. Concordo cos dous.

14.3.06

Dios que te crew


Ceibarse da sedutora idea de que a nuestro parecer cualquiera tiempo pasado fue mejor –é dicir, evoluír- é un dos exercicios máis complexos, e individualmente menos frecuentes, da existencia. É enorme o apego que lle atribuímos ás ideas, actitudes, xeitos de xulgar... só polo feito de térmolos por válidos, xa experimentados, comprobados, antigos, tradicionais ou mesmo rutinarios. Vén isto a conto porque hai un par de semanas, unha amiga da Universidade, a profesora de Filoloxía Inglesa Cristina Mourón, tivo a xentileza de me convidar a xantar, a fin de presentarme a un seu irmán, Javier, ilustrador, con estudos superiores de deseño gráfico e de son, por se na miña man estivera botarlle un cable do punto de vista profesional.
Folleando o seu currículo reparei na data do seu nacemento: 1981, cando eu tiña 21 anos. Ou sexa que, malia non ser moi frecuente esta continxencia, ben podería ser o meu fillo. Atopeime cun mozo de avantaxada estatura, longa melena e indumentaria informal. Resulta que, ademais de magníficos traballos editoriais (ilustración, deseño gráfico, confección de maquetas en libros, folletos, carteis, flyers, etc.) Javier, ten, no seu Ordes natal, un grupo de hip-hop, Dios que te crew, do que el é parte básica (ocupándose, ademais doutros mesteres, dos soportes musicais dos temas). Javier -Mou no mundo musical- agasalloume co seu último (e non sei se, de momento, único) CD Ghamberros, feito todo por eles: deseño, gravación, replicación…
Confeso que eu –formado, como paciente pero tamén como axente (tiven dous grupos de música, onde tocaba a batería), no pop máis ortodoxo: dos Beatles a Coldplay- era a primeira vez que escoitaba, voluntaria e conscientemente, un disco de hip-hop. Nunha viaxe longa en coche puxen o CD e, simplemente, fiquei estupefacto, porque, ademais dun grupo de obvio talento, descubrín un xeito de cultura e unhas mensaxes que me eran descoñecidos. Si, cultura, digo e o repito: cultura. Mozos que non dan nada por sentado, que se rin dos pringados que traballamos coma autómatas cinco días para consumir dous (o esquema: semana-fin de semana), que non aturan máis o rollo malo e hipócrita de políticos progres obsesionados por mantérense no machito...
Hoxe sabemos que o rock, o movemento beat, o pop foron xeitos de cultura que determinaron no seu momento rupturas mesmo violentas coas formas establecidas. A prensa española de mediados dos sesenta, a prensa dun país que fedía a pis e naftalina, recibiu os Beatles coma a monos chegados dunha illa lonxana que pouco ou nada tiñan que ver coa rectitude moral de Julito Iglesias ou Jaime Morey.
Hai unha mocidade que emerxe, con problemas substancialmente distintos aos nosos cando eramos mozos, con xeitos de enfrontarse aos retos do futuro renovados, e o distinto non é necesariamente malo. Estou persoalmente farto de acatar por sistema a consigna de que os mozos de hoxe son violentos, están instalados na cultura do hedonismo, rexeitan o esforzo, só pensan en follar e drogarse (por certo, obxectivos prioritarios da miña propia mocidade, ¡e da de tantos benpsantes actuais, algúns con altas resposabilidades políticas: qué axiña esquecemos que fomos nenos, que fomos mozos!). Non digo que non haxa algo, bastante diso; pero tamén descubro, como en Mou, moita sinceridade, moito compromiso, moita solidariedade (véxase, no disco, o número 3. Estranxeiros?), unha acomodación sen fanatismos nin nacionalismos absurdos nin complexos na lingua do seu país, moita gana de traballar e tirar para adiante…
Sei que a suciedade e o ruído derivados do botellón son absolutamente criticables, pero que un país coma España, onde cada 10 casas 3 son bares, cafetarías, baretos, tascas, mesóns, tabernas, parrilladas, clubes, cafés, pubs, discos, disco-pubs, vinotecas e demais do catálogo ludo-etílico, rache as vestiduras perante o botellón non deixa de ser rechamante. Ou é que toda a xente que vai aos bares se emborracha e queima containers? O outro día a miña muller contábanme dunha moza compañeira de traballo que non falta a ningún botellón cando pode e que,
a) non bebe.
b) asegura que as conversas máis interesantes da súa vida as tivo en botellóns.
Evoluír, cambiar, rachar fronteiras e non poñelas, abrirse ao mundo e non pecharse, crer que o outro é o paraíso e non o inferno: eis o reto.
Nota musical: do disco recomendo especialmente os números 2, e 6 e a excelente e relaxante despedida musical final. Obrigado, Mou. Adiante.

O coñecemento humano en Google


O sempre activo José Antonio Millán transmite na súa lista de distribución información sobre a celebración na Residencia de Estudiantes de Madrid do seminario Libros hechos bits. El debate sobre la digitalización de las bibliotecas, dirixido polo propio Millán e Carlos Wert, que terá lugar o vindeiro 30 de marzo dende as 10 da mañá (inscrición gratuíta chamando ao 915 636 411).
Polo interese e a actualidade do tema (sobre o que, por certo, eu tamén teño reflexionado), inclúo a información que remite Millán:

El lanzamiento mundial de Google Booksearch y su proyecto de digitalización de 15 millones de libros (sumado a la iniciativa anterior, pero menos llamativa, de Amazon) provocó una conmoción sin precedentes en todo el mundo del libro: desde las editoriales hasta las bibliotecas. El detonante fue la publicación, por parte del director de la Bibliothèque Nationale de France Jean-Noël Jeanneney, de un artículo en Le Monde amenazando de los peligros de americanización de la cultura mundial en enero del 2005.
Entre las muchas reacciones suscitadas hubo una consecuencia política inmediata: el comienzo de los planes para crear una biblioteca digital europea, e incluso un buscador europeo. E iniciativas desde el propio mundo editorial, como la creación por parte de McMillan de un proyecto similar al de Google.
Lo mejor de estos acontecimientos, sin embargo, ha sido la amplia y rica discusión a tres bandas que se ha generado entre el mundo de la edición, de las bibliotecas y de los buscadores en la web, seguido de cerca por todo el mundo de la cultura, sobre los fines de la acumulación cultural y los medios de difundirla en los albores del tercer milenio.
Este seminario quiere poner en contacto a representantes de todas las partes implicadas en un diálogo abierto y activo sobre los numerosos retosimplicados en la digitalización de la cultura.
PROGRAMA
10:00 Apertura: José Antonio Millán y Carlos Wert
1ª parte: Bibliotecas (mañana)
Teresa Malo de Molina (Biblioteca Nacional) "La Biblioteca Digital Europea, una apuesta por la multiculturalidad"
Juan Manuel Abascal (Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes) "Las bibliotecas digitales en el ámbito de la educación"
Miguel Jiménez (Residencia de Estudiantes) "Usando las bibliotecas digitales"
José Cervera (periodista) “Bibliotecas digitales y liberación del conocimiento”

2ª parte: Editoriales (tarde)
16:00
Marco Marinucci (Google Booksearch) "El proyecto de Google Booksearch"
Mesa redonda: “La posición de las editoriales”
Jesus Badenes (Grupo Planeta); Riccardo Cavallero (Random House Mondadori); Lluís Miró (Servei de Publicacions, Universitat de València); Marco Marinucci (Google Booksearch).

13.3.06

Aniversario


A Asociación de Editoriais Universitarias Españolas, AEUE, -da que a Universidade de Santiago de Compostela, a través do seu Servizo de Publicacións, onde, por certo, traballo- cumpre vinte anos. Creada en 1986 o seu obxectivo fundamental era, e segue sendo, aunar esforzos en proxectos comúns, server de foro de intercambio de ideas e formas de traballar, e habilitar unha plataforma de profesionalización tanto cara a adentro (cadros de persoal cada vez máis competitivos en materia editorial e de produción) canto cara a afora (rigor, seriedade e especialización na comercialización e distribución). A realidade está aí: o 6% da produción editorial total de España corresponde á edición universitaria. Lonxe quedan os tempos nos que a edición universitaria vivía, ao dicir dalguén, unha "existencia catacumbática".
Un estado da cuestión na nova que hoxe publica o xornal El País. O titular: El sector busca una nueva imagen para darse a conocer y ampliar su presencia en el mercado.

7.3.06

Morderse la lengua


María Vilasó, ex-alumna do Máster en Edición e agora metida a complexos labores editoriais, faime chegar a referencia a unha hilarante exposición on-line que vén de montar o Centro Virtual Cervantes. Trátase de Morderse la lengua, unha antoloxía de disparates, gazapos e erros (moitas veces baseados no descoñecemento e mal uso da lingua: embestir por investir, un exemplo entre moitos) dos medios de comunicación. Recomendadísima visita. Se rir é saúde, ides saír sanísimos. Obrigado, Vilasó.

5.3.06

Humanidades


Estes últimos días cambiei impresións con varias persoas de criterio rigoroso acerca da tan actual crise das humanidades (a cursiva indica o que hoxe é un clixé conceptual). O meu amigo, profesor de Lóxica na Facultade de Filosofía compostelá (e compañeiro de fatigas titoriais no Centro da UNED de Pontevedra) Alejandro Sobrino, intelectual repousado e de opinión sempre reflexiva, é pesimista: a obrigada converxencia universitaria europea, o deseño dos planos de estudo, a ausencia practicamente total de transversalidade dalgunhas materias de humanidades (lóxica, filosofía… tan necesarias como alicerce de tantas cousas), a escasísima importancia concedida ás humanidades polos propios gobernos universitarios e autoridades en materia de educación secundaria e superior (lémbrese, por exemplo, a aniquilación do latín: para que demo serve o latín?) son síntomas evidentemente preocupantes. Dicía que Alejandro Sobrino é pesimista e lembro aquilo de que todo optimista é un pesimista mal informado. É obvio que os tempos non son bos a pouco que se mire arredor: a plutocracia social imperante (a obsesión polo diñeiro en España, con todo, é algo anormal, obviamente relacionado co feito de que hai corenta anos eramos uns miserables) converte en inútil todo empeño, todo estudo que non teña unha tradución rápida como fonte de diñeiro (isto é, de acceso ao consumo). Eu quero crer, aínda así, que terá que seguir habendo quen ensine a Platón (foto), o aoristo ou os adxectivos de tres terminacións (bonus, bona, bonum).
Nesta conversa con Alejandro participou tamén Marisa Melón, directora do Servizo de Publicacións da USC -onde traballo-, amiga da alma e colega queridísima, quen introducía un punto de reflexión moi suxestivo: a irrupción de Asia, como protagonista de primeira orde, no actual escenario social, económico e financeiro internacional deseña unhas perspectivas de futuro para Occidente, non sei se boas ou malas, pero de certo que de gran calado. Apuntaba Marisa precisamente o tremendo papel que no weltanschauung destas civilizacións e culturas teñen as humanidades e o pensamento (a filosofía, a lingua, a arte...).
Interesoume moito o punto de vista do profesor da Universidade de Roma Tor Vergata, especialista en escritura e edición dixital e en web, Domenico Fiormonte -autor do excelente tratado Filologia e scrittura nell'era digitale-, que, xa por segunda vez, pariticipou como docente no noso Máster en Edición. Domenico está convencido de que a web e a edición dixital, lonxe de representaren un perigo para a tradición humanística, supoñen proporcionar a esta novas bases e novas canles de desenvolvemento. Se en época tardolatina e medieval foi o pergamiño o soporte amanuense da transmisión humanística (grazas á cal, por certo, hoxe sabemos quen foi Platón), hoxe é o blog no que escribo: caracteres carolinxios por bitios; a rugosa pel do carneiro trocouse no papel impreso do humanismo (Lutero sempre lembraba, agradecido, nos brindis a maese Gutenberg), e o papel na globalidade planetaria destas liñas, que poderán ser lidas en calquera punto da Terra en canto as publique.
Mercedes Brea, amiga e paisana da Estrada, catedrática de Filoloxía Románica e eximia filóloga, co-directora do noso Máster e tantas cousas máis, coincide con Domenico no seu punto de vista. Non hai que negar o avance dos tempos; antes ben, debemos poñer todo da nosa parte para axeitar a riquísima tradición humanística e filolóxica de Occidente ás inmensas potencialidades do mundo dixital. Eu argumentei que, en calquera caso, na evolución do pensamento non existe solución de continuidade: cómpre, polo tanto, seguirmos cultivando o fondo, e deixar que as formas evolúan segundo os tempos. Os modi dos tomistas, a separación entre trivium e quadrivium (Mercedes Brea comentou, con ironía, cánto se gañaría de volvermos a eles)... deron paso a novas formas de concibir, tratar e transmitir o coñecemento. O Humanismo preconfigurou o Racionalismo e a Ilustración, e na Revolución Francesa se sentaron as bases do pensamento moderno. Ao cabo, da man da revolución dixital, estamos asistindo a outra mudanza, que, de todos depende, pode ser altamente suxestiva e enriquecedora. Sobre a crise, por tanto, das humanidades, pensemos que o propio vocablo crise provén do grego, onde siginfica 'cambio'. Nin máis nin menos.

20.2.06

Website recomendada (¿recomendado?)


El poder de la palabra: una web dedicada a la prosa poética. Aquí encontrarás fragmentos de 2589 textos literarios, así como la biografía e imágenes de sus autores... Para acompañarte en la lectura podrás ver también obras de arte, imágenes de arquitectura y música clásica y cinematográfica.

Menú do día: un pensamento; un fondo musical; o inicio dunha crítica


O pensamento: A vida é coma os libros: non podemos arrincarlle páxinas pero si tirar o libro enteiro.
Nota: o pensamento non é meu. Escoiteino nunha peli o outro día.
O fondo musical: hai ¡¡31 anos!! (aínda Franco andaba jodendo por aquí) que Keith Jarrett gravou en directo o concerto de Colonia (The Köln Concert, ECM). Jarrett -discípulo de Bill Evans e que formou trío co batería Jack deJohnette e o contrabaixista Gary Peacock (casi ná)- é a oídos de hoxe un clásico. E agora a pregunta do millón de dolares. ¿Que é para min un clásico? É clásica unha obra realizada con vontade claramente estética que é susceptible de ser redescuberta/reclasificada/redenominada... cada vez que se disfruta (ve, escoita, toca...). Polo tanto, unha característica asociada a todo clásico é a súa intemporalidade. A xenialidade de Jarrett (como a de todos os clásicos) reside no seu poder de sobrecoller, de premer no nervi que empuxa as bágoas aos ollos. Probade e falamos.
Ah! E outro día falamos de Mozart. É o que toca; o ano pasado era Cervantes e o Quixote. Cando vin nun iogur a mención patrocinador oficial IV centenario don Quijote, pensei "touché: crin que nunca chegaría este momento pero chegou". Así funciona isto. A golpes. Aquí te pillo, aquí te mato. Persoas a quen hai cinco anos lles preguntabas por Frida Kahlo e aventuraban un tímido "¿non era a amante de Hitler?", hoxe botan tres horas baixo a choiva por ver unha exposición súa, e así nos vai. Convén, en momentos de crise, tomar a medicina:

Porque vivimos a golpes
porque apenas si nos dejan decir que somos quien somos
etc.

17.2.06

A esto hemos llegado. Para reflexionar

Nunca hago demasiado caso (no tengo demasiado tiempo) a la inmensidad de tonterías que rulan diariamente por la red. Pero algunas merecen la pena. Mi buen amigo y compañero Aurelio F. Barreiro me hace llegar esta. Como para pensar.

El chico termina el bachillerato y no tiene ganas de estudiar nada. Como el padre es un tipo de pocas pulgas, lo aprieta:
-¿Ah? ¿No quieres estudiar? Bueno, yo no mantengo vagos, así que vas a trabajar.
El padre, que tiene algunos amigos políticos dada su larga trayectoria, trata de conseguirle un empleo y habla con un amigo:
-Oye, Manolo, ¿te acuerdas mi hijo? Bueno, acabó el bachillerato y no quiere estudiar por ahora. Necesitaría un puesto como para que empiece a trabajar mientras decide si va a seguir una carrera ... El asunto es que haga algo y no vaguee, ¿entiendes?.
A los tres días llama Manolo:
-Oye. Que ya está, he encontrado algo para tu hijo. Asesor de la Comisión de Salud de la Cámara de Senadores. Unos 9000 euros por mes. Está guay, ¿no?
-­¡Nooo, Manolo! ¡Es una locura! Tiene que comenzar desde abajo.
A los dos días, de nuevo Manolo:
-Ya lo tengo. Le conseguí un cargo de Secretario Privado de un Diputado. El sueldo es más modesto, de 5000 euros al mes.
-¡No, Manolo! No quiero que la vida se le haga tan fácil de entrada.Quiero que sienta la necesidad de estudiar, ¿me entiendes? Si gana esa pasta no estudiará nada.
Al otro día:
-Tío, ahora sí: Ayudante del Encargado del Archivo, con algo de informática, claro que el sueldo se va muy abajo ... serían 2800 euros, nada más.
-Pero Manolo, ¡por favor!, consigue algo más modesto. Es un niño aún. Algo de 500 euros.
-No tío, eso es muy difícil ...
-¿Por qué?
-Verás ... esos cargos son por oposiciones, se necesita currículum, título universitario, másters ... ¿Me entiendes? ...

Sin comentarios.

16.2.06

Distancia. Profile der Rückkehr


Lo que sigue es la traducción alemana de mi poema Perfiles del retorno. Gracias, Regelind, por la traducción y el cariño. No sé qué me lleva a colgarlo en el blog. Supongo que verme en otro idioma impone distancia, una sensación turbadora e inquietante.

Profile der Rückkher

Es geht um die Nähe all der Nachmittage, ungeteilter Nachmittage,
Intervalle des Lichts und der Dunkelheit, Hälften von einem Selbst,
in der die umherirrende Melodie der Wasser fällt,
die uns sättigen mit der Farbe Grau und die in Fäulnis bringen die Geranien.

Da nimmst Du die Matrize des Morgens in Empfang und es sind seine Spuren
Abdrücke - so wie Farnkräuter zu Erde werden,
das Unwahrscheinliche tagsüber uns umringend,
in einem Heute, sagen wir einem bruchstückhaften,
die arrhythmische Abtrift suchend
von den alltäglichen und banalen Dingen.

Zurückkehren werden die dunklen Schwalben,
mit Abwesenheit die Herbsttage zu färben
und währenddessen, unschuldig, aus der Dämmerung,
dieser zerbrechliche Vorwand aus blassen Lügen,
hoffen wir weiterhin,
dass ohne Schaden er uns zurückgebe an das Leben wie es immer war.

15.2.06

Mahoma /vs/ occidente

¿Alianza de civilizacións? Un par de argumentos. Occidente leva séculos contendo como pode a agresividade -o digo e o reafirmo: a agresividade- islámica. En 732, o avó de Carlos Magno, Carlos Martel, freou os sarracenos en Poitiers. Oito séculos máis tarde a República de Venecia, España, a Orde de Malta e o Papa asinaron os pactos para armar unha frota internacional e conter de novo a agresividade dos turcos otomanos e a súa cobiza da Sublime Porta mediterránea. O 7 de outubro de 1571, no golfo de Lepanto, escribiuse unha páxina máis dunha historia interminable (e polo visto non rematada). Centos de anos máis tarde, os Estados Unidos de América e as súas meteduras de pata (Guerra do Golfo, invasión de Iraq) -incapaces de aprender a lección de Vietnam ou Corea- seguen poñendo a chispa, o detonante. A gasolina xa a rega a toneladas por Occidente o Islam.
Hai cincocentos anos a Igrexa católica queimou a Servet por afirmar que o sangue circulaba polo interior do noso corpo. Hoxe a curia ten que tragar que os homosexuais casen, que as parellas se divorcien, que as mulleres aborten, que tomen anticonceptivos... En algo evoluíu, digo eu. A diferenza está, polo tanto, en que occidente cambiou, vén cambiando dende séculos ao son dunha sociedade civil permanentemente enfrontada ao inmobilismo de dogmas impostos pola relixión: o Renacemento, a Ilustración, o Racionalismo, a separación da Igrexa e o Estado, a propia invención do Estado de Dereito en 1789... non son senón manifestacións da loita da razón contra a cegueira ideolóxica. ¿En qué cambiou, en qué evoluíu o Islam? ¿Que ten de tolerante, que xermolo posible de mudanza ten un sistema ideolóxico que divide os seres humanos entre musulmáns e infieis? (léase xitanos e payos, euskaldunes e maketos... sempre é a mesma historia). O musulmán de hoxe mantén absolutamente incólume, intacto, o código de comportamento do musulmán que construíu a Alhambra, na seguridade de que a súa yihad será amplamente recompensada no Alén.
Somos nós, Occidente, polo tanto os que temos que deitarnos no leito de Procusto do dogmatismo inamobible e o radical fanatismo que impón o Islam a sangue e lume. Ante as caricaturas de Mahoma (igual ca ante os versos satánicos de Rushdie) o Islam non pide respecto: impón medo, que é distinto. ¿E qué se sae nunha publicación de, non sei, digamos, Líbano unha caricatura de Xesús facendo unha palla? (perdón pola irreverencia, pero hai que lembrar que tamén era home, como hoxe sabemos ben por obra e graza de Dan Brown e as súas paridas). Imaxinade aos cristiáns daneses queimando a Embaixada de Líbano. Eis a diferenza.

13.2.06

Unha lección de natureza




É certo que a capacidade do ser humano para se adaptar a condicións adversas é admirable e de proporcións só mensurables cando ten que enfrontarse realmente a elas. Boa mostra disto é o xeito en que na Galicia contemporánea os seres humanos con sensibilidade cara á beleza (o que comporta, claro, a beleza natural, isto é a paisaxe) nos levamos vendo na obriga de convivir co horror urbanístico e a desfeita sistemática do medio por parte dunha poboación dotada, por termo medio, dunha bagaxe ética e estética absolutamente lamentable. ¿Qué este é un razoamento elitista? ¡Pois claro! Eu pertenzo á elite de quen ve o lixo e lle molesta. Eu pertenzo á elite de quen procura arrodearse de obxectos harmoniosos na súa casa, dentro das posibilidades de cada quen. Eu pertenzo á elite de quen recolle a caquita del perrito nunha bolsa cando o saco a pasear. Eu pertenzo á elite de quen vasoira o lixo diante da súa casa, sen agardar a que sexa o concello quen o faga (esa cousa de vivirmos subvencionados...).
Eis unha -entre un cento- das razóns polas que nunca sería (nin serei) nacionalista: o nacionalismo esixe un miolo de orgullo polo país (lembro a Augusto Assía, quen, á pregunta dunha entrevistadora, sobre se era nacionalista, respostou: Si, eu son nacionalista dos Estados Unidos), orgullo do que, de verdade, me teño que recoñecer por completo carente. Viaxando por Galicia e vendo o que se ve, só sinto mágoa, pena, frustración, e o convencemento de que un país tan sistematicamente mancillado, queimado, ensuciado non ten remedio. É imposible imaxinar sitios tan estremecedoramente feos e sucios coma -a penas dous exemplos entre un abano inmenso deles- Camariñas ou Malpica (non teño ánimo de ofender: digo o que sinto) no seo de paraxes naturais tan sublimemente fermosos.
Neste contexto, atopar recantos de mimo pola natureza e de harmoniosa integración da intervención humana co entorno como a reserva de animais de Marcelle (a uns dez quilómetros de Lugo), é algo completamente excepcional e que o reconcilia a un co país. Pasei onte unha xornada gratísima na compaña de varios amigos e os seus (e os meus) nenos. Cervos asiáticos (axis), cabras tibetanas, emúes (aves australianas semellantes aos ñandús), gacelas de Thomson, linces boreais (animais dunha beleza e elegancia simplemente indescritibles), bisontes, antílopes, dromedarios, cebras, renos, mapaches, porcos coreanos, muflóns, avestruces... en instalacións grandes, coidadas, limpas. Un paseo que se acaba transformando en toda unha lección de natureza nun ambiente de altísimo sentido ecolóxico e de indubidable rendemento didáctico para os nenos. Noraboa ao propietario (trátase dun parque privado). Moitas grazas a Diego, o monitor que nos acompañou na primeira parte da visita, simpático e paciente cos nenos e moi ben informado.
Mención especial para o escultor en madeira encargado de dar o selo persoal á instalación.
Para chegar: A6 ata a saída a Outeiro de Rei. Despois de pasar Outeiro, xa está indicado (Zoo Marcelle). O desvío á dereita está nunha aldea (que cruza a Nacional VI) que se chama San Martín de Guillar.

10.2.06

Mediamorphosis. Máis sobre blogs


Supoño que cunha certa perspectiva histórica —hoxe imposible de adquirir— os cidadáns que estamos vivindo no treito cronolóxico actual acabaremos por considerar un privilexio termos sido testemuñas, cando non protagonistas, da revolución dixital en curso, este proceso imparable moi atinadamente bautizado polo pioneiro da edición de medios dixitais Roger Fidler mediamorphosis. Un novo título colectivo en castelán, e de autores españois, Blogs, la conversación en Internet que está revolucionando medios vén a sumarse á xa rica literatura sobre a blogosfera. Parece moi recomendable. .

5.2.06

Sobre o contexto físico da lectura/escritura

Propón recentemente Brétemas abrir unha rolda de teimas ou manías persoais adxuntas ao acto da lectura/escritura. É evidente que ambas as dúas actividades están poseídas dun fetichismo característico e —na maior parte dos casos— supoño que íntimo e entrañable, e directamente relacionado coa nenez e os anos escolares. ¿Como esquecer o cheiro da tinta fresca e o aspecto impecable dos libros recén comprados, no outono, eterno retorno ao comezo do curso? Cando se producía, esa sensación estaba, ademais, ligada ao feito de que o libro era noso dende o nacemento, e non herdado de irmáns ou curmáns maiores (xa sabedes: Góngora con gafas de sol, Hartzenbusch fumando un pitillo debuxado ou Franco con colmillos de vampiro...). ¿Como esquecer o tacto mol das libretas noviñas e virxes que ata era mágoa desvirgalas? ¡Que empeño en facer unha letra esmerada e unha esctita sen chataduras nos primeiros días, para que o acto do desfloramento libreteiro fose o menos violento posible! Logo, xa a sensibilidade endurecíase e a libreta acababa tan estropeada e sucia coma as de todos os anos.
Se, aínda hoxe, collo un plumier dos meus nenos, o abro, pecho os ollos e aspiro... esa mestura de olores -madeira, tinta, plástico- lévame de novo a aqueles anos do "Grupo Escolar José Antonio", onde o falanxista convivía co crucifixo e el Caudillo na presidencia da aula. Maxia dos obxectos e as sensacións que evocan.
Na lectura hei de recoñecer que son moi pouco sistemático, supoño que como compensación da rixidez e sistematicidade que me impón a lectura profesional como editor. Gusto moito de ler no leito (¡delicia deses dez minutos na extremaunción do día imperceptiblemente invadidos por Morfeo!). Como Brétemas (deformación profesional), son incapaz de deixar pasar unha gralla nun libro sen marcala (con lápis): mesmo lendo na cama, teño que erguerme a sinalar a errata.
No exercicio profesional, leo ou repaso os orixinais armado dun bolígrafo (mellor que rotula) Staedtler vermello. Non me gustan moito os Pilot nin en xeral os instrumentos de escritura que non me permiten "modular" a letra, é dicir cargar ou diminuír a presión de xeito que os trazos da letra resulten desiguais. Escribo moito a man, encántame; esmero especialmente a letra cando teño que escribir adicatorias ou notas de carácter persoal. Para estes mesteres, como Brétemas, gusto moito da pluma, que é indiscutiblemente o artiluxio escritorio que imprime maior personalidade á letra e, polo tanto, ao escrito en si. Na foto deste post aparece, xunta á miña, a pluma que foi do meu avó. Teño tamén unha Parker bañada en ouro de meu pai, fermosa e moi querida pero que chiringa tinta de xeito traizoeiro cano un menos o espera. Debe odiarme...
Aprezo moito a xente que, contra o tsunami tecnolóxico imperante, segue escribindo a man. A este respecto: está por facer un estudo rigoroso sobre o asombroso desleixo na escrita e redacción das mensaxes electrónicas, modalidade da escrita na que, unha vez máis, o esmero, coidado e correcta ortografía falan moito e moi ben do emisor.
Rematando: falta, para min, o elemento principal, substentador -cando non directamente estimulador- de todo acto creativo, lúdico, ou mesmo profesional relacionado coa lectura e a escritura: a MÚSICA. Recoñézome melómano empedernido. Non podo traballar, non podo vivir sen música. A música é o complemento necesario, inspirador, relaxante, suxestivo, evocador... a música éo todo. ¿Cantos poemas debo directamente a unha inspiración musical? Mellor sería preguntar cántos NON debo a unha inspiración musical. Nótese a relación etimolóxica evidente entre musa e música.
Agora mesmo, cando trazo estas liñas ollando ao lonxe o val da Amaía, o monte Pedroso e, un pouco á dereita, as torres da catedral do señor Sant Iago, escoito a Nightnoise (The Parting Tide), se pode servir de orientación.
Por último, unha reflexión acerca do propio acto de crear: dicía Picasso que a el as musas sempre o collían traballando...

1.2.06

Un pioneiro en moitos temas editoriais


O século XVII foi especialmente pródigo en personaxes de grandes intucións, suxestivos, extravagantes, adicados aos mesteres máis raros, e pioneiros en moitos terreos. Juan Caramuel Lobkowitz (1606-1682) -apelidos de estirpe inequivocamente hebraica- vén de ser reeditado nun libro imprescindible para quen sinta algún tipo de curiosidade ou sensibilidade -persoal ou profesional- sobre os aspectos técnicos e intelectuais do libro. Trátase de Syntagma de arte typographica. Tratado del Arte Tipográfico y de los deberes de cuantos publican libros o participan en su edición, edición bilingüe, traducción de Pablo Andrés Escapa, 244 págs. Salamanca, Instituto de Historia del Libro y la Lectura, 2004. O título é simplemente marabilloso.
Tomo esta interesante suxerencia de novo da páxina persoal do bo amigo José Antonio Millán. Aí atoparedesz máis información sobre Caramuel.

26.1.06

Un momento de flojera


Tiene la tarde un irse hacia la noche
remoto y suave como la fragancia
de la tierra mojada. Sabe el aire
a la íntima cadencia de los astros
que horadan de luz el velo de la aurora.

Se yergue de la nada un hálito de nada,
una brevedad en el decir «se va la tarde»,
y se va yendo, remota y suave,
haciéndose de silencios inconclusos,
de risas congeladas y murmullos.

(to be continued)

Barómetro de hábitos de lectura y compra de libros: año 2005



AUMENTA EL ÍNDICE DE LECTURA DE LIBROS Y SUPERA EL 57% ·
El barómetro muestra cifras esperanzadoras de la lectura entre los más jóvenes: el 84% de los chavales de entre 6 y 13 años leen libros que no son de texto. El Código da Vinci fue el libro preferido por los lectores, mientras que El Quijote, en el año de su cuarto centenario, se situó como el cuarto libro más leído en España El porcentaje de lectores frecuentes en España (leen libros en su tiempo libre al menos una o dos veces por semana) ha aumentado en cuatro años desde el 36% del año 2001 hasta el 41,1% en 2005, de acuerdo con las cifras del Barómetro de hábitos de lectura y compra de libros elaborado por Precisa Research para la Federación de Gremios de Editores de España. Las cifras de lectura en nuestro país mantienen una positiva evolución, al descender los porcentajes de no lectores e incrementarse consecuentemente el número de personas que dedica parte de su tiempo libre al hábito lector. Del conjunto de la población mayor de 14 años, el 57,1% declara leer con una frecuencia al menos trimestral. El porcentaje de no lectores ha descendido del 46% en 2001 al 42,9% en 2005. Además, en un 72% de los hogares con hijos menores de seis años se dedica diariamente un tiempo a la lectura para los niños y el 84,1% de los chicos de entre 6 y 13 años leen libros independientemente de los manuales escolares. Respecto al perfil del lector, se mantienen las tendencias de los últimos años, según las cuales leen más mujeres que hombres, a mayor edad menor población lectora, se lee mayoritariamente novela, el idioma de lectura habitual es el castellano y la motivación para leer en el entretenimiento. En cuanto a la compra de libros, éstos se adquieren preferiblemente en las librerías, aunque en el caso de los libros de texto, los hipermercados han aumentado en cinco puntos su cuota de mercado en los dos últimos años. El libro más leídos en 2005 fue, al igual que en 2004, El Código da Vinci, de Dan Brown, seguido por La sombra del viento, de Carlos Ruiz Zafón, y Ángeles y Demonios, también de Dan Brown. Don Quijote de la Mancha, de Miguel de Cervantes, en el año de la celebración del cuarto centenario de su publicación, se situó en el cuarto lugar de las preferencias de los lectores en España. Otros títulos destacados son Harry Potter de J.K. Rowling, en el puesto undécimo; Memoria de mis putas tristes, de García Márquez (puesto 12) y Ensayo sobre la ceguera, de José Saramago (puesto 22).

24.1.06

Os límites imprecisos da humanidade. Nie vergessen.


A mediados dos oitenta, un día cinzento, de friaxe que estremecía, na compaña dalguén daquela moi especial, e nun estado de notable excitación emocional, visitei o campo de concentración de Bergen-Belsen, preto de Hannover, na Baixa Saxonia, onde faleceu, por certo, Ana Frank. Teño reflexionado moito sobre esta visita e aínda hoxe non estou certo de non sentir certo arrepentimento de tela feito. Simplemente non aprendín nada que non soubera xa, e por moito tempo sentín un desacougo inimigo do sono cada vez que lembraba o campo. Tempo despois tiven oportunidade de visitar o Konzentrationslager (en relidade Verninchtungslager: campo de exterminio) dunha pequena localidade do sur de Polonia chamada Oswieçim —Auschwitz en alemán— e, naturalmente, dixen que non.
Aquel día en Bergen-Belsen sentín que o frío era especial, que o lazo da terra era especialmente duro, e non era, claro, o frío do corpo o que sentía, era o frío da alma que se sabía no mesmo espazo físico de tanto sufrimento.
A humanidade non pode esquecer leccións como as que agochan os campos de Polonia e Alemania hoxe obxecto de suculentos negocios turísticos. Esa voracidade do consumismo que todo o fagocita.
Ler o excelente libro que estou rematando, Auschwitz. Los nazis y la solución final, do periodista británico Laurence Rees (Crítica, 2005) é —á luz de hoxe— non un exercicio de morbo (do que, por certo, a obra está totalmente desprovista) nin de melancolía masoquista: é un exercicio de pura humanidade, na procura das claves de tanta bestialidade e na consecución dunha profilaxe necesaria para tentacións futuras. Os valores do presente —¿ulos?— deberan alicerzar nas ensinanzas do pasado, anque por veces penso que botar a sonda na perversidade humana e arriscarse a non tocar nunca fondo.
Entre 1940 e 1945 en Auschwitz-Birkenau morreron 1.100.000 seres humanos, entre os que, por intermedio dese estrafalario cabaleiro chamado azar, non estabamos nin ti nin eu.
Foto: nenos en Auschwitz. No campo morreron 200.000 nenos.

Una catedral del español


Jamás me ha arrepentido de haber elegido las letras —la filología— como el canal y el destino de mis afanes intelectuales y los libros como el más excelso vehículo de éstos. Cuánto de esta seguridad —convencimiento maduro obtenido con la perspectiva del tiempo— se deba a ciertas obras, empañadas no ya sólo del reconocimiento profesional sino del fetichismo necesario para desnudar al objeto de su utilidad primera y más aparente, es algo difícil de determinar. Pero no me cabe duda de que entre tales obras está el Manual de Gramática Histórica Española de Ramón Menéndez Pidal, probablemente el libro de cuantos poseo más manoseado, sobreescrito y cuarteado del puro uso . Todo lo que en materia de historia del español se ha hecho no es sino reinterpretación o reorientación a la luz de más datos y otras formas más evolucionadas de investigación de un germen que ya estaba allí. Ya no se escriben libros así. No es el libro de un investigador; es el libro de un sabio.
Y un sabio (con el aspecto paradigmático de un sabio, con la barba quijotestca, las gafas, el sombrero y el porte que se espera en un sabio) es quien —en la foto tomada en 1961— ofrece la mano a Anthony Mann, director de la versión que Hollywood hizo de El Cid, con un Charlton Heston en la piel de Ruy Díaz, que observa al sabio con una expresión entre respetuosa, cariñosa y divertida. Probablemente alguien le dijo al galán:
-Mira, Charlton, este es el tipo que más sabe del Cid del puto mundo.

Ahora, Diego Catalán, eximio filólogo y nieto del sabio, ha publicado, bajo los auspicios de la RAE y la Fundación Ramón Menéndez Pidal, una obra calificada por José-Carlos Mainer (El País, "Babelia", 26.11.05) como un memorable acontecimiento en la historia de las humanidades españolas: la Historia de la Lengua Española en dos volúmenes (1367+747 páginas). Toda la información aquí.

31.12.05

Feliz 2006















O tempo está recuperando pedras da estación
perdida, do apeadoiro, é dicir que recoñece
os socalcos do monte que conduce á casa,
a pelamia crecha das ruínas doutro niño
asañado, como a nenez que vai nas costas,
como o tempo que nunca dá chegado.
Saeta negra no corazón durmido
epiderme e ritmo doutro advento
na friaxe dos dedos, piedade reducida
a un lamento que un día
foi un ano novo, unha nova esperanza,
unha luz que cega aínda que non se mire.

Imaxe: Solpor de inverno na praia de Traba (Laxe, 24.2.05, 17: 29 h.)

28.12.05

Premio Roberto Blanco Torres 2004


O Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela -onde, por certo, traballo: feliz coincidencia- vén de tirar do prelo o VI Premio "Roberto Blanco Torres" de Xornalismo Literario e de Opinión (colección ao coidado de Víctor Freixanes), adicado a Francisco Fernández del Riego polas súas colaboracións en La Voz de Galicia. Un feixe de artigos, publicados baixo o título xenérico de Palabras a eito, da lectura detida dos cales (por mor da súa edición) tirei un par de conclusións:

-del Riego pertence a unha xeración de xigantes: pola súa cultura (Kafka, Borges, Toulouse-Lautrec, Gabriela Mistral, Woodsworth, Hemingway, Rof Carballo, Clarín, Pastor Díaz...; Ribadavia, París, o Xurés, Roma, Bos Aires... desfilan polas páxinas do libro), pola súa humildade, pola absoluta ausencia de fanatismo, intolerancia, sectarismo...
-os membros desta xeración non escribían, polo tanto, para convencer nin para facer adeptos a unha causa, nin estaban obsesionados polo que o lector quería ler. Escribían sobre o que escribían porque si, porque era, porque é preciso manter certos valores, alén do tempo e da circunstancia concreta.

Un libro delicioso. Falei hai uns días con don Paco para lle anunciar o envío de exemplares do seu libro. Estaba, como decote, puntual, no seu despacho da Fundación Penzol. Ten 92 anos. Cando estalou a Guerra e tratou a Roberto tiña 23 anos. Afable, repousado, modesto, alegre e ilusionado polo libro. Agardo que lle guste. A súa dona non anda moi ben. Deséxolles a ambos os dous, dende estas páxinas que ninguén le, o mellor para este 2006 que xa asoma a cabeza.
Don Paco contoume que o segredo da súa lúcida lonxevidade estaría nunha ama de cría que tivo alá en Lourenzá e que bebía un churrupio de caña antes de lle dar o peito ao neno... Pode ser.

Premio Roberto Blanco Torres 2005


O último día 21 de decembro o xurado do Premio Blanco Torres de Xornalismo Literario e de Opinión reunido en Cuntis -vila natal do poeta e xornalista asasinado en outubro do 36- decidiu outorgar o galardón do ano 2005 a Isaac Díaz Pardo polas súas colaboracións semanais en La Voz de Galicia. En nome da familia, os meus parabéns ao benquerido Isaac. Tiña 16 anos cando mataron ao seu pai Camilo, a Roberto, a tantos outros...
Unha cesión persoal: o meu irmán -xornalista de raza coma o seu tocaio- chámase Roberto e o meu fillo tamén. A tribo. Estas cousas.
En 1999 dediquei tres libros a Roberto, irmán de meu avó (Hipertensión cívica. Aproximación á vida e a obra de Roberto Blanco Torres, Eds. do Castro; Roberto Blanco Torres, Xunta de Galicia [con limiar de ¡Manuel Fraga Iribarne!]; Roberto Blanco Torres, unha fotobiografía, Xerais [grazas Manolo Bragado, grazas Salva García Bodaño, grazas Cid Cabido polo agarimo e profesionalidade]. Tamén escribín un poema, que o querido amigo Xesús Alonso Montero publicou con outros nunha Coroa poética á morte de Roberto Blanco Torres (O Castro, 1999).
Chámase O teu sangue tan cercano.


Mirade fixamente
o mar de tempo que tedes aí diante
e que alguén de vós, se o sabe,
aventure unha resposta
e diga qué foi de tanta auga.

No pouco que a min toca,
afeito xa a esta anguria que comigo mora,
aquí sigo, Roberto, á espreita
de que volvas, renacendo
do fecundo sacrificio da vixilia.

Ó lonxe enxergo un auto,
vai friaxe; de vagar
marcha a tardiña
serea e en silencio,
e ti vas dentro, Roberto,
o teu sangue tan cercano,
despedíndote de todo,
asinando o teu destino
na terra dos camiños.

¿Quen me furtou a túa voz?
Un lóstrego letal,
un bafo etílico,
un berro resoante
na humidade da masmorra,
un aramio nos teus pulsos,
o medo á vindeira escuridade,
un irse o mundo nun repente.

Mirade ese mar repleto de futuro,
palpitando en vellas páxinas,
amarelas dos xornais,
nos eternos poemas desta vida,
que falan das cousas que non cambian.

Mirade o trebón que se aveciña,
mirade os náufragos loitando,
ampeando por un pouco máis de aire.
¿Quen os salvará do afundimento?
Mirade como entran
(lembro que son as túas verbas)
–¿por que sempre os mellores? –
na Estixia, no outro mar da eternidade.

Eu, pobre de min ¿que máis direi?
Aquí sigo; sobrevivo
chorándote outra vez,
reinventándote,
ó pé do mesmo baluarte
onde o fervor e a ilusión centuplicaron
o brío dos teus mellores días.

13.12.05

Novo blog de libros e cultura


O novo blog Comunicación Cultural pretende establecer un diálogo permanente entre todos los profesionales del sector cultural, ya sean periodistas, libreros, editores, responsables de comunicación de editoriales, y el gran público lector interesado en la interacción entre la comunicación y la literatura. Ten enlaces a outros blogs de temas editoriais, culturais e sociais moi interesantes. Moi, moi recomendable.

Dixitalización de libros: solución aos problemas de arquivo?


Información completa sobre o seminario «El archivo de la internet española», celebrado na residencia de Estudiantes de Madrid, baixo a dirección do querido amigo e colega José Antonio Millán.
Por certo, José Antonio, de ónde sacas o tempo?

12.12.05

Curso de escritura científica e ortotipografía para profesores da USC



Durante o mes de xaneiro vou impartir, xunto con Alexandre Veiga -catedrático de Lingua Española do campus de Lugo e editor-, un curso de escritura científica e ortotipografía para profesores da USC. Aínda hai prazas (creo).

8.12.05

Invierno
















De nada sirve el humo
sino para intuir
el olor del invierno
y su dulzura, pues el fuego
no quema por sí mismo, es sólo
fuego, una palabra
que fácilmente muere y ya no es fuego
sino humo y certeza del otoño,
heraldo del castaño y de su fruto
que ha sido yema y erizo
y ahora derramado alimento de la tierra.

Y la noche, tiempo eterno en que escribimos
el reverso de la luz, sea
la hora de las olas, la sorpresa
de no vernos en la arena
porque la luz es sol, y del sol es,
y el sol se ha ido
y en su reverso late
involuntaria la semilla
del nuevo, siempre nuevo,
alimento de la tierra.

Notas
a) Fondo musical -instigación, musa, suxestíón: «Colors/Dance» de George Winston, en Autumn, Windham Hill Records, 1980)
b) Foto: o monte Iroite dende a praia da Agueira, Porto Dosón, 09.12.05, 17:30 h.

7.12.05

Poetas nas súas voces


A voz ten unha erótica irresistible. O son dos idiomas descoñecidos unha forza de atracción incomparable. A recomendación de hoxe é escoitar poetas de todo o mundo (en máis de trinta idiomas: do galés ao árabe, do wayuunaiki [??!!] ao ucraíno, do indonesio ao islandés) recitaren os seus propios poemas. Tes que ir aquí. Fai falla o plugin de Real-Player. Se non o tes, podes descargalo neste enderezo.
Non é unha fermosa iniciativa, a imitarmos?

29.11.05

Postal de nadal


Así de bonito é o país cando neva. Nin a saña do feísmo (xa sabedes: somieres pechando as leiras, bloque e ladrillo visto, lixo por todas partes, casas con patas ou esqueletos de casas...) pode coa beleza que imprime a neve.
Foto: tomada no alto de Dozón, o sábado 25 de novembro ás 18:20 h.

28.11.05

Para poder pensar


Relación de artigos publicados no número monográfico «Para poder pensar» da Revista de Occidente (marzo de 2001):*

«Para poder pensar. Encuentro, creación y transmisión en la Red», por José Antonio Millán.
«Cómo podríamos pensar», por Vannevar Bush
«En el comienzo era el rumor», por Roberto Blatt
«¿Muerte o transfiguración del lector?», por Roger Chartier
«La Web como memoria organizada: el hipocampo colectivo de la red», por Javier Candeira

____
*Por xentileza de José Antonio Millán.

Información e coñecemento

Diferencia entre información e coñecemento: información é cando tes o teléfono de Christie Turlington. Coñecemento é cando tes a Christie Turlington.

P. J. O'Rourke
(tomado da páxina persoal de José Antonio Millán)

23.11.05

Máis sobre edición e lectura


El director general del libro, Rogelio Blanco, dice que la industria del libro tiene «los pies de barro»
(Publicado en El Mundo, 22.11.05)

«Indigestión» editorial e «indigencia» lectora. El director general del libro, Rogelio Blanco, diagnosticó ayer así los males del sector: «Hay descompensación entre lo que se vende y lo que se lee, la industria tiene los pies de barro»; Blanco expuso lo que es vox populi entre los propios autores: en España se compra mucho (se trata de la segunda potencia mundial en edición), pero se lee poquito (un 43% de españoles presume de no leer «nunca»).
La cosa no tiene buena pinta, por lo que Blanco se manifestó ayer partidario de «cortar las campañas de fomento de la lectura, dado que la gente ya sabe que leer es bueno, e intentarlo de otra manera». El sector del libro representa un 1 % del PIB español, es el décimo más exporta­dor en un país no especialmente exportador y la industria tiene a Latinoamérica como un inmenso público cautivo, dada la endeblez de sus propias industrias.
La Residencia de Estudiantes de Madrid acogió ayer el germen de lo que el profesor José Antonio Marina llama la «conspiración lectora» en el seminario Leer en tiempos de abundancia, coordinado por José Antonio Millán, y si Blanco relativizó la situación –se mostró partidario de una nueva Ley del libro «posconstitucional» y anunció la reactivación del Consejo de Bibliotecas–, Marina no puso paños calientes en el problema:
«El cine es más divertido que la lectura»; «leer es molesto para muchos universitarios»; «hoy Shakespeare es muy complicado de entender»; «¿es que alguien aquí tiene La divina comedia en la mesilla de noche?; «El árbol de la ciencia es de una pedantería insoportable». Como se puede ver, el ensayista desbrozó el terreno de verdades asumidas antes de construir su teoría, que tiene mucho que ver con su profesión de catedrático de instituto.

Literatura e Historia
«Hay que separar el fomento de la lectura del estudio de la Historia de la literatura», fue su teorema central. Marina citó de nuevo a Ortega cuan­do éste propugnó, hace 100 años, que El Quijote no debía leerse a la fuerza en las escuelas: «Los clásicos son para un lector muy formado por­que sólo se disfrutan conociendo mucho el contexto».
El autor de Crónicas de la ultra­modernidad aseguró que «la lectura no debe competir en el entreteni­miento porque ahí tiene poco que ha­cer hoy contra la cultura de la ima­gen», y desgranó sus argumentos para picar a sus alumnos de Secun­daria con el gusanillo de la lectura:
a) «La inteligencia es lingüística, sólo con el lenguaje podemos dirigir nuestra conducta»; b) «Todas las dic­taduras prohíben la lectura, porque lenguaje es, poder», y c) «La convi­vencia es lenguaje, y los problemas vienen por la incomunicación». Marina tuvo tiempo también pa­ra, sutilezas: «Una palabra no co­munica significado, sólo da pistas que hay que reconstruir sobre lo que la persona quiere decir, y fina­lizó proponiendo que cada escuela tenga un encargado de la biblioteca escolar «y no el profesor de guardia que se mete allí a pasar el rato».

Novo volume do anuario cultural da Estrada


Está a piques de saír o volume 8 (2005) de A Estrada, Miscelánea Histórica e Cultural, anuario que se publica baixo os auspicios do Museo do Pobo Estradense «Manuel Reimóndez Portela», dirixido, ao igual cá propia publicación, por Juan Andrés Fernández Castro. Neste volume -con colaboracións, entre outras, de Xesús Alonso Montero, Xosé Manuel Vázquez Varela, Fernando Cabeza Quiles, Xosé Carlos Valle Pérez...-, desenvólvense unha ducia de artigos sobre os máis variados aspectos de literatura, etnografía, toponimia, arquivística, historia moderna, arte..., dun xeito ou outro vencellados ao amplo e culturalmente rico territorio estradense. Podes contactar co Museo en museoestrada@terra.es.

21.11.05

Narrativa contemporánea de Tabeirós-Terra de Montes


Edicións Fervenza, da Estrada, vén de tirar do prelo unha antoloxía de relatos curtos de 17 autores da zona da Estrada-Terra de Montes, entre os cales, modestamente, me atopo. Máis información da presentación do libro aquí. Podes contactar con Fervenza en info@edicionsfervenza.com ou nos teléfonos 986 581 304 / 616 201 862.

Premios 2005 da edición en Galicia

A Asociación Galega de Editores convoca os Premios da Edición 2005.

15.11.05

A blogosfera, coma o universo, expándese


O libro de Rebeca Blood proporciona as claves para entender a expansión permanente da blogosfera e a súa evolución en moi poucos anos ata a actualidade.
Sabías que se crean de media 35.000 bitácoras ao día no mundo?
Neste artigo-reseña sobre o libro de Blood hai moitas reflexións e referencias de primeira man sobre a blogosfera.

Nolevista busca editor: isto é o que hai.

Que é o que convence hoxe a un editor de creación? Sobre o argumento de que as editoriais non son ONG's (o que agocha como único axioma válido a vella lex mercatoria), que condicións debe reunir un texto para triunfar e qué características debe ter o seu autor? A peripecia dun novelista na procura de editor. Un drama bastante pirandelliano, si.

Acceso á e-aula do Máster en Edición


As alumnas e alumnos do Máster en Edición 2004-2006 da USC-Xunta de Galicia xa teñen habilitado o seu acceso á e-aula do Máster. Só hai que introducir o nome de usuario e contrasinal proporcionado a cada un polo Centro de Tecnoloxías da Aprendizaxe (CeTA). En moi breve prazo estará habilitado o acceso para os alumnos actuais do Máster (2005-2007).

14.11.05

Consello do día


Mestura sensitiva do día: «Rain» de Ryuichi Sakamoto e esta paisaxe onde o mundo chámase Amaía. Outono. Foto: é Pontemaceira. Chove sobre o Tambre.

7.11.05

A arte de editar

Unha breve pero interesante entrevista con Eduardo Rabasa, director da editorial mexicana Sexto Piso, unha rara avis nestes tempos. Para lela pincha aquí.

Fontes de estudo dos universitarios españois.

(tomado de ABC, 18/10/2005)

Casi la mitad de los universitarios españoles (42%) no han com­prado ningún libro de texto o de consul­ta, según una de las conclusiones del estudio sobre el «Libro Académico y de Consulta en la Universidad Españo­la», cuyo avance ha sido presentado por la Federación de Gremios de Edito­res de España (FGEE) en Líber 2005. Las conclusiones reflejan también que el 93% de los estudiantes han adquiri­do menos de cinco libros durante el curso de referencia y que la media de libros comprados por alumno y año no llega a dos ejemplares, en concreto 1,9.
El trabajo se llevó a cabo durante el curso pasado (2004-05) mediante entre­vistas a 1.500 estudiantes y 350 profeso­res de universidades públicas y priva­das de toda España. De acuerdo con las conclusiones, el 99 por ciento de los alumnos utilizan los apuntes del profe­sor como fuente de estudio, aunque el recurso a los libros de texto también es frecuente.
Esto significa que, en opinión de los alumnos, los apuntes del profesor recogen lo imprescindible para supe­rar la asignatura, «son suficientes y los libros —de texto o de consulta— se consideran como una herramienta prescindible en algunas materias». Cuatro de cada diez alumnos (una me­dia del 42,3%) aseguran que no com­pran libros porque «son caros». Este porcentaje es más elevado en Ciencias de la Salud, donde más de la mitad (55,1 %) justifican su decisión en el alto precio de los manuales. El 44,3% de los alumnos de Ciencias Sociales y Jurídi­cas, el 40,2% de Experimentales y el 24,7% de Humanidades se manifiestan en el mismo sentido.

Desigual distribución
La media de libros comprados por los profesores es de 7,3 ejemplares al año, con desigual distribución: un 38% de los docentes adquieren las tres cuartas partes de ese porcentaje, y el 62% el res­to. Por áreas de conocimiento, los do­centes de Humanidades adquieren una media de 11 ejemplares al año, mientras que los docentes de Ciencias Experimentales, Técnicas y de la Sa­lud compran de promedio monos de cuatro ejemplares. Sefjún el estudio, «este descenso en las ventas de libros podría compensarse con una mej or do­tación de los fondos de las bibliotecas universitarias», ya que a pesar de que un elevado número de estudiantes no compran libros, «la gran mayoría si los utilizan».
Las bibliotecas universitarias son usadas principalmente como lugar de estudio, según el 57 % do los alumnos, y de consulta o préstamo (40%). En este sentido, el documento resalta que al comparar la dotación de las bibliotecas universitarias españolas con las de países de nuestro entorno, el resultado es «muy negativo para las españolas».
Los datos de la encuesta señalan que otro de los motivos que argumentan los estudiantes para no comprar libros es el de «encontrarlos en la bibliote­ca». Sobre el uso que los universita­rios hacen de estas instalaciones casi siete de cada diez las emplean como meras «salas de lectura de apuntes».

Situación desfavorable
El informe promovido por la Federa­ción de Gremios de Editores constata el «aumento» de las fotocopias como «al­ternativa a la compra de libros». Los alumnos fotocopian sobre todo apuntes y capítulos o fragmentos de libros, en ocasiones por sugerencia de sus pro­pios profesores, que a su vez hacen lo mismo con artículos de revistas.
Sobre esta práctica, la mayoría de los alumnos y una parte importante del profesorado consideran que no es­tán vulnerando ninguna ley de propie­dad intelectual cuando recurren a ella.
El «Estudio sobre el Libro Académi­co y de Consulta en la Universidad» concluye que en estos momentos se ad­vierte una situación «nada favorable» para el libro universitario enEspaña y exige «un cambio en profundidad en los planes de estudio y en la inversión en la Universidad para, en el marco de los acuerdos de Bolonia, mejorar la si­tuación», ya que propone potenciar la investigación frente a las clases presenciales y los apuntes del profesor.
El presidente de la FGEE, Emiliano Martínez, atribuye esta escasa presen­cia y uso de libros entre los universita­rios mas a «un acomodo» y sustitución de los textos por apuntes y fotocopias que a una utilización de internet o bases de datos informatizadas. «Los universitarios -afirma- no se van a comprar todos los libros que consultar para una asignatura, para eso están las bibliotecas universitarias», aunque «son insuficientes».

Círculo vicioso
Asimismo, atribuyó a un círculo vicioso los precios de los libros, debido a que los costes fijos son elevados, pues las tiradas son pequeñas en muchas especialidades, a veces de 500 ejemplares. Para Martínez estas circunstancias reflejan un «tono» que no favorece la calidad ni la búsqueda de excelencia en la institución universitaria, aunque confio en que el Espacio Europeo de Educación Superior ayude a mejorar.

O futuro da edición e as novas tecnoloxías

No seo do II Simposio do Libro e a Lectura organizado no Consello da Cultura Galega pola Asociación Galega de Editores, participei na mesa redonda sobre o futuro da edición e as novas tecnoloxías. Velaí o texto íntegro da miña intervención en pdf.. Máis información e moi completa do Simposio aquí.

4.11.05

¡Revolución tecnolóxica en edición!

Anunciamos o novo dispositivo denominado B.O.O.K. (Built-In Orderly Organized Knowledge), é dicir Coñecemento Incorporado Ordenadamente Organizado.
O B.O.O.K é un revolucionario avance tecnolóxico: inarámico, sen circuítos electrónicos nin chips, sen batería, sen necesidade de conexións nin configuracións. É tan doado de usar que até un cativo pode manexalo. Compacto e portátil, pode usarse en calquera sitio. Velaí como funciona.
Cada B.O.O.K está constituído por follas de papel secuencialmente numeradas, cada unha capaz de almacenar milleiros de bits de información. Estas páxinas atópanse unidas grazas a un dispositivo denominado encadernación, que mantén as follas permanentemente na súa secuencia correcta. A denominada TPO (Tecnoloxía de Papel Opaco) permite aos fabricantes niveis óptimos de rendemento ao poderen usar ambos os dous lados da folla, duplicando a densidade da información e reducindo os custos á metade.
Os expertos están divididos acerca das perspectivas de maiores incrementos na densidade da información; de momento, os B.O.O.Ks con maior información simplemente teñen máis páxinas. Isto os fai máis grosos e difíciles de transportar, o que ten xerado algunhas críticas do sector de ordenadores portátiles.
Cada folla é escaneada opticamente e directamente rexistrada no cerebro. Un simple movemento do dedo leva á páxina seguinte. O B.O.O.K pode ser usado en calquera circunstancia simplemente abríndoo. O B.O.O.K nunca se «colga» e nunca precisa ser reinicializado. O modo ollear permite moverse instantaneamente a calquera páxina e adiante ou atrás a vontade. Moitos prefiren o modo índice, que localiza a posición de cada páxina para a recuperación inmediata da información seleccionada.
O accesorio opcional marcapáxinas permite abrir o B.O.O.K no punto exacto no que se deixou nunha sesión previa se o B.O.O.K foi pechado. O accesorio marcapáxinas é absolutamente compatible e acepta estándares universais de deseño, o que facilita que un mesmo marcapáxinas poida ser usado en B.O.O.Ks dos máis diversos fabricantes, e, á inversa, que numerosos marcapáxinas poidan ser usados nun único libro, se o usuario desexa almacenar moitas referencias. O número de marcapáxinas só está limitado ao número de páxinas do libro.
O B.O.O.K é un soporte ideal para archivos de uso a longo prazo; por outra banda, numerosos tests teñen probado que é un soporte lexible durante séculos, e, debido á sinxeleza de uso do seu interface, presenta altos niveis de compatibilidade con outros dispositivos futuros de lectura.
Cunha ferramenta de programación opcional poden introducirse notas personais a entradas de texto do B.O.O.K. Esta ferramente denomínase P.E.N. C.I.L. (Portable Erasable Nib Cryptic Intercommunication Language Stylus), é dicir Estilo con Plumín Portátil Borrable para Intercomunicación Críptica da Linguaxe.
Manexable, de gran durabilidade e resistencia, o B.O.O.K está sendo acollido como unha nova ola para o lecer do futuro. Os seus atractivos e potencialidades provocan que moitos creadores de contidos veñan acollendo con entusiasmo a nova plataforma.

21.10.05

Personalia


Hablo desde la inverosímil
pureza del aire, y la brisa leve
que refresca, cuando menos se la espera,
los rigores del verano.
Desde la lluvia grito, no desde toda
la lluvia sino desde una de sus gotas,
la más seca de todas, la que probablemente
menos moja.
Porque no quiero ser toda la lluvia
ni un árbol entero
sino sólo gota,
una hoja, o su raíz
y hablar desde la nube,
la rama o desde
la tierra oscura.

11.10.05

Edad Media, forever


Soy mujer y escribo. Soy plebeya y sé leer. Nací sierva y soy libre. He visto en mi vida cosas maravillosas. Durante algún tiempo el mundo fue un milagro. Luego regresó la oscuridad.
Estas son las primeras líneas de la última novela de Rosa Montero, Historia del rey transparente. Una extraordinaria recreación del mundo de la Edad Media -el mundo: la atmósfera, el olor, el tacto, los colores, los ambientes... Personalmente, no había leído nada igual desde El nombre de la rosa de Eco. Tras eso de Ken Follett (Los pilares de la tierra creo que se llamaba) tenía que escribirse una novela como la de Montero para encajar en su justa dimensión lo peor que tiene el concepto de best-seller: la superficialidad y la consecuente sustitución de la acción por la profundidad.
Dos notas más, una buena y otra mala: magnífico el guiño a Lovecraft al incluir entre los libros prohibidos de la abadía de Fausse-Fontevrault el espantoso Necronomicon del árabe loco Abdul Alhazred.
La mala: ¿cómo es posible que en el siglo XIII Nyneve haga coceduras de eucalipto? El anacronismo es tan evidente que me pregunto si no será una broma de la autora.
¡Ojo al desconcertante final!

7.10.05

lo imprescindible


Es preciso estar muy embotado por la cantidad y el corto plazo para no advertir que hay libros necesarios de los que sin embargo sólo se venden 700 u 800 ejemplares. Aunque no son negocio para nadie, el mundo sería peor sin ellos. Hay editores raros que, sabedores del daño que la desaparición de estos libros produciría en el pensamiento universal, corren el riesgo y el placer de publicarlos. Hay distribuidores heroicos que los llevan a las tiendas en cuyas estanterías ocuparán un lugar clandestino (y eso con suerte: no es raro que sean devueltos a las editoriales sin haberlos sacado de sus cajas).Hay libreros conscientes de que esos títulos que apenas reportan beneficio económico son los neurotransmisores del sistema, los encargados de llevar mensajes esenciales a los libros de gran tirada, que constituyen el núcleo del negocio. Hay lectores intrépidos que no dudan en enfrentarse a estos volúmenes en cuyo interior de nada sirven los recursos estéticos o morales convencionales, y cuyo contenido propagan luego en cátedras, tertulias, artículos o reuniones familiares. Hay escritores que viven modestamente de abrir estas puertas ideológicas o formales que con el tiempo, aun sin saberlo, atravesamos todos.
Mal que bien, este frágil entramado sobrevive gracias a la ley del precio fijo. Su desaparición significaría la condena a muerte del librero vocacional, del editor raro, del lector insobornable, del distribuidor heroico y de géneros minoritarios como la poesía o el ensayo.
Juan José Millás, "Libros", El País, 06.06.2000

3.10.05

libro impreso /vs/ libro dixital


Na miña opinión, ese hoxe tan cacarexado debate entre libro impreso-libro dixital asenta en si mesmo nunha dialéctica superflua, ou, cando menos, artificial e interesada: non podo, nin quero, sospeitar un mundo no que a comunicación se reduza ó chat, do mesmo xeito que non podo imaxinar levarme á praia, ou ós pés dun carballo no verán, un rocket book por moi rápida e limpamente que o teña baixado da rede e sofisticado e cómodo que sexa o seu dispositivo lector. O libro, tal como o coñecemos ata agora, é un producto demasiado perfecto, culminación na súa estructura dun complexo e longuísimo proceso histórico, como para que estea chamado a ser totalmente substituído por outro artefacto que, na fin de contas, serve para o mesmo. De igual maneira, a Web, a edición dixital e os seus estándares (a propia web en canto interface gráfica, Java, sgml e html, o formato pdf, etc.) supoñen indubidablemente a culminación de anos de desenvolvementos técnicos e hoxe resultaría dunha absoluta candidez discutir que estean contribuíndo directamente á emerxencia dun novo paradigma de interacción cos tradicionais soportes da cultura. Pero as expectativas e o clima social xerados ó seu redor son simplemente excesivos, e sei de seres humanos que, do mesmo xeito que non saen de viaxe en Semana Santa nin lavan o coche a fin de semana, son felices sen saber que é un CD-ROM ou manexarse co correo electrónico. Se van poder seguir sorteando a presión da nova alquimia, ou por cánto tempo máis van poder facelo, é algo imposible de contestar; pero, alén de macrointereses financeiros, globalización e índices de dominación económica internacional, sobre os que obviamente non teño ningún control, non vexo ningunha razón para enfatizarmos máis o valor social, xa non digamos histórico, de Bill Gates que o de Torricelli, Thomas A. Edison ou Marconi. Na miña condición de profesional da edición preciso diaria e inescusablemente do contacto coa rede e cos soportes dixitais e teño perfectamente claro que non podo concibir xa un mundo sen o meu ordenador e o universo babilónico que se atopa tralo seu monitor. Pero tampouco podo imaxinarme a min mesmo con sete anos sen pizarra e pizarrín (nacín en 1960). Asumirmos necesariamente a condición de cidadáns analóxicos ou dixitais, conforme predica a radical tautoloxía dun dos gurús da nova cultura, o director do Media Lab do Massachusetts Institute of Technology Nicholas Negroponte, é unha cuestión subxectiva que depende de moitos factores e avaliacións individuais. Despois de todo, quizais exista aínda outra alternativa: ser só un cidadán que vive consonte o seu tempo pero non acepta etiquetas. E ver qué pasa.

(«Sobre a nova alquimia. Unha reflexión acerca das novas tecnoloxías da cultura»,
Grial, vol. 146, 2000)

2.10.05

outono














Así é que na tarde
se vai botando o frío
e a xeada comeza a falar nos comareiros
e contar cousas de antes.
Esmorecen os cumes, tan da terra,
pregándose as voces no tépedo veludo
da noite, do silencio.

Semella baixar do ceo un manto de melancolía
e anegar de vagariño
os montes irremediablemente inmóbiles.

O mundo ten por veces
a mesma cor da ausencia.