Facéndome
unha honra por completo desproporcionada aos meus escasos méritos, un insigne
profesor da nosa universidade convídame a participar nun libro colectivo consagrado a reflexionar, dende as máis
variadas focaxes, sobre a universidade humanista, un libro alentado pola
necesidade, cada vez máis amplamente recoñecida, de recuperar a dimensión
humana, e non meramente técnica, que nunca deberon perder os estudos superiores.
Trátase, en efecto, dun asunto fundamental pois involucra o legado intelectual
que van herdar as novas xeracións.
Botando a vista atrás, tributo hoxe unha homenaxe de recoñecemento a algúns dos meus profesores na vella Facultade de Filoloxía en Mazarelos, eles mesmos herdeiros dunha rica tradición humanística, culpables de inocularme o amor ás letras, unha tradición, creo, actualmente en transo de extinción. Algunhas voces críticas alertan sobre os riscos do abandono da lectura como práctica tradicionalmente asociada aos estudos superiores denunciando que o obxectivo inveterado da universidade, isto é, a formación de científicos e humanistas, foi substituído pola adquisición de competencias e destrezas, de xeito tal que o que antes eran universitarios son agora técnicos en dereito, en arqueoloxía, en medicina… Esa visión, tan en voga, das universidades como empresas entregadas ás cifras de negocio e a rendibilidade, resulta en extremo perigosa pois propende a erosionar irremediablemente os flancos máis nobres da institución universitaria. Ten o latín un valor de mercado ou a filosofía algún potencial de transferencia tecnolóxica? Supoño que non pero maniféstome absolutamente incapaz de imaxinar un mundo no que se ignore a Cicerón, Virxilio, Averroes ou Hegel.
O humanismo non é un prurito de filólogos desocupados, nin unha especie de disciplina exclusivamente asociada ás mal chamadas ciencias humanas (algunha ciencia non o é?). O humanismo é unha dinámica e unha visión vertebradora de todas as ciencias e todos os coñecementos que alicerza en que todas as ciencias e todos os coñecementos precisan da palabra para seren establecidos e para seren transmitidos. Fronte á estéril diatriba das dúas culturas (ciencias exactas e naturai /vs/ ciencias humanas e sociais), cómpre lembrar as biografías dos humanistas, dos racionalistas ou dos ilustrados, que, en infinidade de casos, eran a un tempo matemáticos, enxeñeiros, gramáticos, filósofos, poetas, arquitectos, historiadores…

Hoxe,
un médico, no canto de ollar para o paciente ou de falarlle, o primeiro que fai é poñer as mans no teclado
dun ordenador. Se Marañón erguera a cabeza!
No hay comentarios:
Publicar un comentario