25.9.12

Algo que só certos obxectos conseguen

Referíame hai tempo á envoltura mnemónica dos libros impresos, unha estrutura e características físicas que os fan únicos, obxectos que unimos á nosa propia e intransferible experiencia. Os meus amigos de mocidade -en homenaxe ás miñas intensas relacións sentimentais en Alemaña- regaláronme a finais do oitenta unha xoia, Germania. Dous mil anos de historia alemá, Montaner e Simón Editores, Barcelona, 1882. Os gravados que contén son simplemente soberbios. Este, belísimo, transmite a deliciosa sensibilidade do artesán e o casticismo tipográfico coaligados indisolublemente ao soporte: a súa antigüidade, o seu arrecedendo, o seu tacto, o seu... duende.

3 comentarios:

Ana Bande dijo...

velaí outra escusa para guindar o trebello electrónico ese ao lixo...teño unha amiga moi romántica que está facendo a guerra -case en solitario- contra o ibuk ese, voulle dar munición...eu, a única cousa boa que lle vexo é a boa intención qui tiña o que mo regalou. Bicos!

Anónimo dijo...

Toda opinión entrana un risco, que dubida cabe. E, ademais, sendo como son home de cintura (metaforicamente falando, pois o bandullo élle outa cousa), no se me da un ardite comprobar que erro. Porque, prezada Ana, teño para min cada vez máis claro que o libro impreso, considerado como transporte de lecer e lectura continua e repousada, é simplemente insubstituible. Máis bicos!!

Juan L. Blanco Valdés dijo...