7.11.06

Ética


CiU sobe 2. O PSC baixa 5. Rovira baixa 2. Unha liga antinacionalista de cidadáns nacida hai tres meses saca 3. Presidente Montilla (5 escanos menos). Vicepresidente Rovira (dous escanos menos). En Galicia en xuño de 2005, tras perder catro escanos, o Bloque pilla a vicepresidencia e varias consellarías.
Non vou a entrar en monsergas de aritmética electoral, "maiorías de progreso", "maiorías de esquerda" (ulo progreso? ula esquerda?) e demais pilulas para bobos. Non falo de política nin de cosmética electoral. Eu non son un político. Son un cidadán. Falo de ética, coño, de ética.
Non teñen a sensación de que hai una profesionalización no exercicio da política? Non é certo que, en si mesma e no que ten de servizo público, non debera haber nada máis desprofesionalizado ca a política? Teño a sensación de que ir votar cada catro anos (eu coma millóns de —perdón— borregos máis) é o pase, vitalicio por reiterado e sistemático, para unha morea de individuos (que, en moitos casos, non deben ter nada mellor que facer, nin defender, nin polo que loitar) gozaren por uns anos da erótica do poder, seguros de que, no peor dos casos, ao que marchen ninguén lles vai pedir contas do que fixeron ou que non fixeron. Igualiño ca a Vde. ou a min no noso exercicio, ese si, profesional.
A min -de momento- ponme a movida de Rivera (e Boadella, Azúa, Espada…). Non sería posible no país? É que coma cidadáns só nos queda mirar dende a barreira? Hai que remover as conciencias. E empezar a botar peito. E apelar ao sentidiño ( en castelán, sentido común). Isto non dá para máis.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Estimado Xan:
Ti eres moi optimista, ¿por qué non se presentou Espada ou Boadella...? a estes non os coñecemos. Imos a esperar a ver que fan os de "Ciudadans" e ver si non se convirten en profesionais coma os outros, deles depende a rexeneración política que moitos estamos esperando, non o van a ter doado. Eu non sei que operatividade real e social terán para conseguir eses cambios e habitos na cidadanía apática e conformista actual. Hi que ter en conta a grande abstención, esto quere decir que pescaron en augas revoltas, polo que non é unha revolución...pero recoñezo que por algo se empeza.
Imos a esperar que non quede no experimento da gaseosa.
Noraboa polo teu Blog que nos da un pouco de aire fresco nestes momentos de pensamento único e conformista.