27.11.06

Cuestión de número


Máis de 200 mortos en Bagdad nun triple atentado.
Non lembro ter visto aínda ningún especial na televisión sobre o aspecto humano da masacre, do estilo dos que menudearon cando o 11-S ou o 11-M e que, cunha elegante mestura de música sublime, imaxes devastadoras e testemuños directos de vidas desfeitas pola perda absurda dun fillo, dunha muller, dun pai..., buscan —con toda razón e xustiza— premer no nervio individual do espectador, facéndoo partícipe dunha insondable desventura da que, ao cabo, el podía ser tamén protagonista.
Non é que Iraq nos caia un pouco lonxe, que tamén. É que onde hai confianza dá noxo. En Iraq a máis brutal carnicería -como a fame ou a sida en África- é o pan de cada día, e, perante o abrumador número de vítimas cotiás, xa nin paga a pena lembrar o seu aspecto humano: non son nenos, mulleres, anciáns, mozos, son números. Un día 35, outro 14 e outro 200.
Un oficial da SS no campo de Bergen-Belsen durante 1944 lembraba, xa vello, que a enorme cantidade de presos que tiña a instalación era o mellor antídoto para a compaixón, pois aínda querendo resultaba tecnicamente imposible especificar individualidades nunha masa tan inxente.
Tanto entón como agora, non sei que acojona máis: se a vesania ou a indiferenza.

No hay comentarios: