Cando, durante o confinamento, vin o modelo de triquini que
nos memes da rede se agoiraba para
este verán (parte de arriba, parte de abaixo e máscara), fiando no pensamento
popular de que nunca choveu que non escampara, crin que era unha esaxeración e
que a tanto non chegariamos pois, de certo, Illa e Simón, que semellan xente
seria e sabedora do que fai, axiña poñerían couto ao que, na altura de abril
abril, dera xa mostras de ser un bicho ben túzaro.
Non sendo a tipos raros coma min, capaces de ponderar o
engado dunha praia salvaxe ―digamos Soesto, na Costa da Morte― nun día de
inverno rigoroso, a imaxe que a praia proporciona ao común dos españolitos está
directamente asociada a luminosos días de folganza, crema solar, churrasco, area
nos pés, as cañas no chiringuito, festa rachada e niño, deja ya de joder con la pelota. Un modelo de felicidade
tradicional, por certo, nada despreciable e que é motivo de internacional
envexa e orixe dun movemento turístico, este verán brutalmente xugulado pola
impertinencia do microbio. Recoñezo, a este respecto, que os pais e nais da
miña quinta reproducimos cos nosos fillos, cando nos tocou, ese modelo de
veraneo herdado dos nosos proxenitores e lembro emocionado aqueles días felices
da nenez coa friameira dos bistés empanados (logo viría o táper con milanesas, unha cursilada) nun piñeiral da praia das
Sinas.
En fin, ao que vou, que eu prendo nunha silva. Como
encaixar, entre tanto hedonismo e xúbilo estival, a puñetería esta da máscara?
A máscara, normaliña de pack, estampada, cirúrxica, branca, negra ou colorá, é o símbolo da nova orde social,
a punta do iceberg dunha normalidade absolutamente anormal, na que a praia,
emblema e paradigma do estío, proporciona unha nova e por demais siniestra,
como agora se di, experiencia de usuario:
chega un ao areal de Lapamán ou Aguieira ou ás recoletas calas do Carreirón e
aquilo semella unha procesión de espectros, unha sorte de Santa Compaña diúrna e untada en factor 30 ou comparsa de Fantomas, na que a ocultación de media cara
impulsa exponencialmente a intensidade das miradas.
E que hai nas miradas? Cal
é a paisaxe dende o borde dun tapabocas que acumula o suor no dondo do queixo e
a bafarada do noso propio alento (algo así como un sorpresivo concentrado de
nós mesmos)? Ollamos máis pantasmas. Intentamos identificar amigos e coñecidos
e poñemos por obra unha sorte de caza de bruxas na que a vítima propiciatoria é
o herexe sen máscara, que ousa desafiar o maligno poñendo en
risco a nosa saúde (e a súa, que, ben mirado, é o de menos, que lle dean bertorella).
Afágase vostede á nova tendencia: mirar dende o borde do tapabocas. Crimos
que, coma sempre, don Estado podería con todo, pero aos poucos imos adquirindo a
conciencia de que non, de que aire corrupto e bozal chegaron para quedar, madia
a levan.
2 comentarios:
Certo. Tocou vivir esta nova realidade con máscara de entruido obrigatorio e medo á persoa descoñecida.
Como rematará isto ?. Como será o mundo dentro dun ano ?. Misterio.
SEO is the best process for ranking a webpage on Search Engine. We are the best SEO Service company in Dhaka, Bangladesh. Are you leading a small business and looking for SEO Services?
We are the SEO Expert. We use natural SEO Strategy to rank your website on the first page and the first position of every Search Engine. Doing Local SEO, Website Analysis and Audit, On Page SEO,
Off Page SEO, Competitor Analysis, PBN Backlink, Guest Posting, Wiki Backlink, Content Marketing, Create a backlink with long content and Website Speed increasing like as your best SEO consultant Call us Now whatsapp: +(88) 01537587949
SEO Service
Free bangla sex video:careful
good post outsourcing institute in bangladesh
Publicar un comentario