Con farto alboroto de eclesiásticos e xenreira de
ortodoxos, que ata chegaron a representalo como mona nas botellas dun anís, Mr.
Darwin deixou establecido, mediando a centuria decimonona, que as especies
evolúen e se adaptan permanentemente ao medio. Guiado de tan excelente principio, ultimamente
consagro parte do meu lecer á investigación zoolóxica amateur e cultivo a
extracción de interesantes inferencias. Por exemplo, en canto á regularidade
das adaptacións evolutivas, resulta manifesta a tendencia á reiteración regular
dos comportamentos animais. Todos os venres de mañanciña, atopo
sistematicamente as pegadas do paso dunha manda de eus polo Campus Vida da nosa cidade. Un eu é un vertebrado bípede,
caracterizado polo seu grito gutural que, especialmente na transición da fase
de cachorro a adulto, repite constantemente diante dos seus proxenitores: Eu, eu, eu, producindo nestes unha reacción
de estupor. Os eus novos tenden, como digo nas noites dos xoves, a concentrarse
en grandes grupos establecendo un curioso patrón de inxesta etílica, que, en
moitos casos, non remata ata a extenuación total do especime. Das miñas
observacións conclúo igualmente que este patrón de comportamento responde a
unha clara pauta de selección sexual dos machos, que, unha vez elixida a femia,
afástanse do enorme grupo, espallándose para o apareamento en localizacións
máis íntimas.Tras estas concentracións periódicas, unha peculiaridade dos eus é
que abandonan a carroña á espera de que outra especie de vertebrados, denominados
pringaos, a faga desaparecer.
Como resultado, supoño, dun proceso evolutivo complexo, maiormente caracterizado por unha tutela excesiva dos proxenitores, os eus non coñecen apenas carencias materiais na súa fase de cachorros, o que conduce os individuos novos á unha peculiar renuencia a deixar o tobo familiar, desenvolvendo, ademais, pautas de agresividade, que se intensifica consonte se prolonga o período de convivencia cos pais e pode ser extrema cando non acadan unha resposta positiva ás demandas do seu instinto primario. Certos especialistas rexistraron, mesmo, episodios de agresión directa de eus novos (tanto machos como femias) a algún dos proxenitores e, o que é aínda máis raro, existen evidencias de vellos especimes expulsados polos seus fillos do tobo. O que resulta aínda unha incógnita é o xeito en que o medio natural no que estes seres se desenvolven aceptará, e por canto tempo, modelos de conducta tan insólitos.

No hay comentarios:
Publicar un comentario