 Para que nos vamos a enganar. Un chega ao tajo por veces desganado, sentindo que o peso dos problemas e cuestións persoais estimulan unha sensación de afastamento dos espiñentos problemas e complicadas cuestións laborais, aos que, ao cabo, temos que enfrontarnos non por gusto senón porque dalgún xeito hai que gañar a vida. Como parte das rutinas cotiás, abres o mail e ollas a columna subject das, digamos, 48 mensaxes acumuladas dende o día anterior. Hai dous mails dirixidos realmente a ti. No resto les algo así:
Para que nos vamos a enganar. Un chega ao tajo por veces desganado, sentindo que o peso dos problemas e cuestións persoais estimulan unha sensación de afastamento dos espiñentos problemas e complicadas cuestións laborais, aos que, ao cabo, temos que enfrontarnos non por gusto senón porque dalgún xeito hai que gañar a vida. Como parte das rutinas cotiás, abres o mail e ollas a columna subject das, digamos, 48 mensaxes acumuladas dende o día anterior. Hai dous mails dirixidos realmente a ti. No resto les algo así:From Matabambo Oko. Bussiness proposal.
Hi, your wife loves you?
Feromonas suizas
Viagra (Sildenafil) 100 mg x 60 pills 2.17$
Hay un lugar donde los ni=?uf8?bw? &ACUTE&/=uf?bw165
You have unread messages from Pepe
Promoción espesial
Fiesta de la camiseta mojada
Payment from 4500$ month
All for Real Man
Alquilo piso en Mojacar
Cien ideas muy lucrativas
All for Real Man
Alquilo piso en Mojacar
Cien ideas muy lucrativas
Xa case non te atreves, visto o visto, a abrir os dous mails dirixidos realmente a ti. A desgana aumenta, o fastío sobe de temperatura, a sensación de afastamento espésase, faise case física. Pensas: como é posible que se poida perder tanto tempo en dar a lata desta maneira aos demais? Pensas en Sartre: L’enfer son les autres. Conclúes, como aquel ácrata pintador de paredes tan intelixente: Parad el mundo que yo me apeo.
 
 
No hay comentarios:
Publicar un comentario