5.6.06

Valle-Inclán en Ourense


Cuadrante, Revista de Estudos Valle-Inclanianos e Históricos, sabiamente dirixida por Gonzalo Allegue e publicada pola Asociación Amigos de Valle-Inclán, con sede en Vilanova de Arousa, publica no seu último número (12) un delicioso documento, fiel testemuña de tempos floridos da cultura e da estatura intelectual dos seus protagonistas, que, sen o saberen, estaban, non obstante, a piques de intrepretar o maior cataclismo da nosa historia recente. Trátase dun breve relato da primeira e, polo visto, única visita -a ollos de hoxe asombra a inmobilidade das xentes daqueles tempos- que Ramón del Valle-Inclán fixo a Ourense nos remates do verán de 1935, polo tanto moi preto do seu falecemento ao ano seguinte, o ano maldito. O relato é do seu tocaio Ramón Otero Pedrayo, quen nesa altura conta 47 anos. Foi publicado orixinalmente no núm. 236-237 (1966) de Ínsula. Un treito dará idea do demais:

Llegó con el patricio republicano, institucionista, chiflado y erudito don Joaquín Arias Sanjurjo; con Carlos, hijo de don Ramón, y con otro joven. Era la hora de mediodía y se metieron en el restaurante Fornos, de tipo popular en la calle del Progreso. Acudí yo. Don Ramón se peleaba con una perdiz y hacía graciosamente los honores a la comida [...] En la sobremesa, estuvo muy alegre y cordial. Se habló mucho [...] Arias Sanjurjo ya monologaba sobre su parienta “Sara la Goda”, de la familia real de don Rodrigo, y echaba chispas contra Idacio, al que calificaba de “miserable obispillo”.

Delicioso documento. Foi unha xeración excepcional. Ás veces sinto que somos ananos agochados na sombra de xigantes. Mágoa que logo viñera o que veu.

3 comentarios:

Marcos Valcárcel López dijo...

Hai un traballo de Afonso Monxardín sobre esta foto (que antes, por erro, se atribuía a Compostela e foi sacada en Ourense) e sobre a visita de Valle a Ourense, con Otero. Está na revista "Auria", que publica mensualmente La Regi´´on.

juan l. blanco valdés dijo...

Eu coñecía, en efecto, a foto no convencemento de que estaba tomada en Compostela. Lerei con gusto o artigo de Monxardín.

Anónimo dijo...

Nice idea with this site its better than most of the rubbish I come across.
»