O aforismo, condensación de ideas nun brevísimo texto, é unha fórmula de grande tradición na cultura occidental, ficando algúns, como aqueles de Hipócrates, consolidados como clásicos do pensamento. Sen pretender eu tanto, quero hoxe adicar a todos os meus amigos e amigas vencellados co eido editorial unha breve colectánea de convencementos sobre o traballo de edición, derivados da experiencia persoal. Lembrando a Pirandello, así será se así vos parece.
1. Aos autores pásalles o que aos pais nos colexios. Igual ca estes pensan que o seu neno é o único que existe para o profesor, aqueles cren que o seu orixinal é o único que o editor ten entre mans.
2. Como editor e bibliófilo intento manterme a medio camiño entre Gutenberg e Bill Gates.
3. En edición, a posibilidade de descubrir erros é inversamente proporcional á capacidade de emendalos.
4. Editar é non poder adicar máis de dez minutos seguidos ao mesmo labor.
5. O editor que estableza categorías nos libros que edita está perdido.
6. Aos problemas non lles gusta a soidade. Xeralmente, mentres se le un mail cunha queixa, desacordo ou descontento, adoita aparecer alguén pola porta con outro problema diferente mentres recibimos a tiraxe dun libro cun erro garrafal na cuberta. É cando pensamos: Just a beautiful day.
7. Se algo se aprende no traballo editorial é a escoitar. Deixarse permear das ideas alleas é un magnífico profiláctico contra un traballo errado ou mal feito.
8. O que antes se aplicaba aos cregos e os avogados aplícase en edición aos maquetistas: sempre hai que levarse ben con eles, pois normalmente están ao tanto de moitas das miserias profesionais do editor e constantemente se lles está esixindo, moitas veces por riba das súas posibilidades e, mesmo, obrigas.
9. O 50% do traballo editorial é rajar.
10. Non existe obxecto máis discreto ca un libro ben editado. A sobriedade no deseño e a contención estética e tipográfica son as normas de todo traballo editorial ben feito e a garantía da súa elegancia e equilibrio.
11. Non coñezo a ningún bo editor que non sexa un entusiasta enamorado do seu traballo.
12. No termo medio entre asumir que unha editorial non é unha ONG pero que ten unha compoñente fundamentalmente cultural á que non se debe renunciar reside, creo eu, a fortaleza necesaria para que a edición de calidade resista os embates do hipercapitalismo da sociedade actual.
2 comentarios:
jajajaja!!! Me ha encantado este listado de aforismos con respecto a la edición.¡me parece!
En lo tocante al tema 10 (con el que estoy completamente de acuerdo) tendrías que haber venido a Madrid a la mesa redonda de "El libro de este siglo ¿Entre lo bello y lo útil?" que se celebró en el Círculo de Bellas Artes coincidiendo con la exposición "Listos para leer".
Con respecto al tema 12, me recuerda mucho a la conferencia que un editor Mexicano, Alejandro Zenker, expuso en el encuentro de editores independientes de Punta Umbría donde, por cierto, pude hojear el libro de Ediciones Bourel por el que llegué a tu blog hace unos meses...
Como siempre, querida Independiente, agradezco mucho tus noticias y comentarios, jugosos y aprfovechables. Tanto que, a tu sugerencia, voy a enlazar, en cuanto pueda, en mi blog al texto de la extraordinaria conferencia de Zenker. Te aseguro que hace tiempo que no leía algo tan bueno. Cordiales saludos desde este verano cimarrón. Un bico.
Publicar un comentario