3.7.07

Improntas

O manuscrito adxunto corresponde aos sete anos do propietario deste local. Ao igual que ollando fotos da nenez apreciamos trazos familiares que logo o tempo foi modelando, ensanchando, reducindo , deformando ou desviando, do mesmo xeito descubro eu nos eixos, viravoltas, paus, remates e bágoas destas letras improntas de min mesmo. Nestes a penas 35 caracteres manuscritos, con toda a virxindade do terso e doce territorio da nenez, está a definición dun ser humano: o seu nome, a súa patria. Logo as letras ―como as experiencias, visións e camiños da vida― recompóñense, alixéiranse, únense doutra maneira, ata chegaren, mesmo, a ser inintelixibles.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Antes abreviaba o primeiro apelido; agora o segundo nome. Interesante, hum, interesante. ;)
Conserva vostede absolutamente todo. Non quero saber que outras cousas pode almacenar.

juan l. blanco valdés dijo...

Si, en efecto, prezado Arume. As configuracións dun mesmo son ben complexas e sometidas a veleidades inexplicables.
Almaceno moito lume e moita auga, moita luz e moita escuridade, moito día e moita noite... como Vde., como todo o mundo.
Apertas.