1.7.07

As pontes da dor

Supoño que é este verán, cimarrón, teórico e improbable, o que me pon melancólico. Remexendo materiais diversos dou con esta foto de prensa dun acto na Estrada, nun recorte de hai días. Dá a pensar que a señora vén de recibir unha fatal noticia, a impresión forte dalgunha realidade que impón un lume de sufrimento inexorable, tal vez a morte dun irmán, tal vez a dun fillo. O conforto do amiga que acolle á dorosa nunha doce aperta incrementa aínda a expresión doída desta.
Malia as a apariencias, a muller non é a anciá que amosa a foto. É unha nena de oito anos que chora polo pai. Os que tiña cando asasinaron a Jesús Puente Fontanes, alcalde da Estrada, o 5 de xuño de 1937.
Nun complicado acio de sentimentos, resúltame aterradora, sublimemente humano que a dor poida tender pontes tan longas.

No hay comentarios: