11.7.07

Fastío

Para que nos vamos a enganar. Un chega ao tajo por veces desganado, sentindo que o peso dos problemas e cuestións persoais estimulan unha sensación de afastamento dos espiñentos problemas e complicadas cuestións laborais, aos que, ao cabo, temos que enfrontarnos non por gusto senón porque dalgún xeito hai que gañar a vida. Como parte das rutinas cotiás, abres o mail e ollas a columna subject das, digamos, 48 mensaxes acumuladas dende o día anterior. Hai dous mails dirixidos realmente a ti. No resto les algo así:

From Matabambo Oko. Bussiness proposal.
Hi, your wife loves you?
Feromonas suizas
Viagra (Sildenafil) 100 mg x 60 pills 2.17$
Hay un lugar donde los ni=?uf8?bw? &ACUTE&/=uf?bw165
You have unread messages from Pepe
Promoción espesial

Fiesta de la camiseta mojada
Payment from 4500$ month
All for Real Man
Alquilo piso en Mojacar
Cien ideas muy lucrativas

Xa case non te atreves, visto o visto, a abrir os dous mails dirixidos realmente a ti. A desgana aumenta, o fastío sobe de temperatura, a sensación de afastamento espésase, faise case física. Pensas: como é posible que se poida perder tanto tempo en dar a lata desta maneira aos demais? Pensas en Sartre: L’enfer son les autres. Conclúes, como aquel ácrata pintador de paredes tan intelixente: Parad el mundo que yo me apeo.

No hay comentarios: