27.10.06
A calma tras o trebón
Gústame que por veces este blog retome o carácter de verdadeira bitácora, na que apuntar os datos ou aspectos cotiáns da singradura, sublime ou mesquiña, que é a vida, sen ter que recorrer a discursos máis elaborados. Hoxe loce o sol, con toda a maxia dunha esplendorosa mañá de outono. Supoño que, por fin, o presidente Touriño pode respirar tranquilo. Hai dous meses e medio pregaba con desespero que chovera. A semana pasada pregaba con desespero que deixara de chover. Así é a vida.
Tiven noticia por un amigo profesor de que no seu instituto teñen aberta unha porra sobre quen é o gafe, se Touriño ou Quintana. Non sei o que pensará Vde. pero a min tenme máis pinta de cenizo o de Allariz. Porque algo de mal fario hai en todo isto. Escoitaba o outro día a un edafólogo na radio dicir que despois dos lumes de agosto, o peor escenario teórico que cabia agardarmos era precisamente o que se produciu de feito: chuvias torrenciais e persistentes por moitos días (do cal, creo lembrar, alertaban xa os científicos a remates do verán). En fin. Menuda lexislatura, Emilio!
Que pecado teremos cometido?
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
O pecado ...quizá e botarlle a culpa os gobernos , moitas veces, do que non son culpables.....(Catástrofes,o Tempo....etc), e sí perdoarlles os erros e malas gestions que levan a cabo en pro, non do ven do pobo, senón dos seus Partidos.
Amigo anónimo:
Ten Vde. moita razón. De feito, no "pecado" incluíanos a todos, non só aos políticos. En efecto, ninguén é responsable de catástrofes naturais, pero si da xestión das súas consecuencias.
Un saúdo.
Publicar un comentario