5.11.08

A vida de Emilio

Este fleto reflicte.
No licuador do período de mandato.
A entrevista se desenvelvou no clima de hospital tradicionalidade.
Actos falidos, lapsus linguae ou erros derivados do escaso uso dunha lingua? Hai pouco alguén da RAG dicía que prefire que os políticos falen mal galego a que non o falen. Vale. Hai a quen lle pode máis o sectarismo que o amor pola súa lingua. Este fleto reflicte o resultado da charlotada sociolingüística da nosa Galicia/Galiza.

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Ben mirado, tivo mala sorte o PSOE co galego dos seus candidatos e presidentes. O de Touriño segue o ronsel deixado por Abel Caballero e o inefable González Lacse. O dominio que fai da lingua galega Anxo Quintana tampouco é para botar foguetes. O mellor galego, sen dúbida, o de Beiras e o dos populares Albor, Fraga, Barreiro Rivas e Cuíña.
O dos medios de comunicación é outro problema. A tradución automática ao galego de La Voz é sinxelamente insultante. Deberían prohibila por decreto.

juan l. blanco valdés dijo...

Si, en fin, eu creo que o menor dos males dos políticos do PSOE que cita vostede e do Sr. Quintana é o uso da lingua (que tamén, que tamén).

Ana Bande dijo...

Muuuuuuuuui bueno, la VdeB, la mejor de todos los tiempos, sólo la he visto 84 veces...

Anónimo dijo...

Recoméndolle visitar a páxina da Touripedia e voulle dicir que estou de acordo con que mellor que o falen mal a que non o falen. Porque ó castelán tamén lle pegan unhas patadas que mellor non citar, pero o problema é que co galego comportámonos coma se fose unha lingua ultradelicada e merecente de sobreprotección, coma se non levase séculos sofrendo malos tratos e, pese a todo, resistindo (como toda lingua ben falada que, por outra parte, ¿qué vén sendo iso de "ben falada"?

Pero en fin, nisto que lle vou dicir agora seguro que si estamos de acordo: o que pasa é que os políticos deberan obrigarse a falalo ben, como se rumorea que facía o dinosaurio chairego, por exemplo, porque supoño que a corrección vailles no soldo.

Anónimo dijo...

Estou de acordo con erroman (ui, ui, ui...). É mellor falalo mal que non falalo. De feito, un dos problemas cos que se atopan (nos atopamos) os neofalantes é a actitude carca e purista de certo tipo de xente que cre que "a nosa lingua é nosa e non de Fenosa". E non. A calquera neofalante de inglés, de castelán ou francés ninguén lle afea a conduta, é máis, axúdaselle e agradéceselle o esforzo, fáiselle ver que ese é o camiño correcto. En galego non. Frases como "fáiseme raro oirche falar galego", "e ti desde cando falas galego?", ou "qué gracioso!" supoñen unha barreira moitas veces insalvable, a non ser que un estea curtido coma un bolso de feira de artesanía.
Falar mal é a peaxe para falalo ben. Non hai outra.
Estou de acordo tamén en que esa xente ten o deber de falalo ben. Quizais non o contemplen, pero unhas clases de galego tódolos días pola mañá farían algo máis pola nosa lingua que cen políticas de normalización. Digo eu.

Anónimo dijo...

Discrepo. O de mellor mal falado que non falado só sería válido no caso de que os politicastros da nosa autoanemia non tiveran a obriga (preciso: cando menos moral, non sexa que tercien os freedom fighters) de falala. Porque se os deixamos sós -ou cado o facemos- xa sabemos o que fan eles coa lingua (galega). E porque, parafraseando a un alférez provisional amargado... para iso foi que conquistamos (sic) a autonomía?