O que segue é o texto da convocatoria que dende o Consello da Xuventude de Galicia se fai para o I Certame de relatos curtos «Amigos para sempre». Ad pedem litterae:
Con este concurso desexamos contribuír á transmisión entre a mocidade de valores de respecto ao medio ambiente e aos animais. Coñecedores da falta de concienciación que existe neste eido en moitos ámbitos da nosa sociedade, e da importancia que ten a educación na configuración dos valores e no cambio de actitudes, formulamos como un dos nosos obxectivos crear espazos nos que teña lugar o pensamento e o debate sobre a nosa relación cos animais non humanos.
Esta última especificación ingresa directamente, con posto sobranceiro e nomeado, nos anais da estulticia patria. É urxente recuperarmos a sensatez na vida pública.
Polo demais, a cousa dá para un interesante xogo de extrapolacións, especialmente sobre o trato que, de costume, se lles depara aos animais domésticos non produtivos no noso medio rural (sen dúbida, unha razón máis para exacerbar o orgullo polo país e facerme aínda máis nacionalista). Con todo, tampouco hai que esaxerar. Sei de xente que garda unha extraordinaria relación cos animais non humanos e é magoa que non participe no certame "Amigos para sempre" contando a súa particular experiencia.
Por exemplo, a daquel que vai cun amigo paseando polo monte e, atopando un enorme carballo, detense e comenta:
-Home, que lembranzas tan acojonantes me trae este carballo. No pé deste carballo tiven eu a miña primeira relación sexual. E coa nai dela presente!
O outro, asombrado, exclama:
-A nai dela presente! E non dicía nada?
-Si, dicía: Beeeeeeee! Beeeeeee!
2 comentarios:
Bueno, é que os políticos tamén son persoas humanas e cometen equivocacións erróneas, como todo o mundo
¡que falta de ignorancia! manquiña dixit.
(¡que susto me meteu vostede J.L.con ese post de antes)
Publicar un comentario