11.11.08

Omnia vanitas

Cando fun sabedor da existencia dun libro que facilita falar de libros que nunca se leron, veume a cabeza, así coma un arrauto, esa cousa un pouco enlouquecedora de poñer un espello diante doutro: ler un libro para aforrarse ler cen. Ou non ler trescentos e ler un para representar que se leron cen. Ocórreseme, en primeiro lugar e sen ter visto diante tan insólita obra que, se a edición prolifera moito e o libro chega a facerse moi coñecido, os editores podemos ir pensando en botar o peche, porque de certo que o autor estará ao quite do que se vaia editando e pague a pena ser incluído na súa antoloxía para darlle o libro en cuestión en pílula ao lector e aforrarlle a este a molestia de lelo. E isto lévame ao segundo corolario: é indubidable que o tal libro contén (como aquela obra tan polémica de Harold Bloom) un compoñente indudidable de canonización; é dicir, o autor dará receitas para falar dos libros dos que se fala moito, ou sexa, dos que paga a pena falar.
Pois nada hai disto. O libro do que falo non é un manual de autoaxuda para lectores vagos pero vaidosos a quen lles pode máis a petulancia ca a nugalla, senón unha reflexión sobre a lectura partindo do feito claro e incontestable de de que todos finximos algunha vez ter lido un libro que non coñecemos máis ca de oídas, e iso con sorte. Dende esta ficción, o autor establece «o feito de que toda lectura (ou non-lectura, ou lectura imperfecta) conteña unha dimensión creativa e en que, en todo libro, o lector poña sempre algo da súa parte». Un libro que reclama inmediata atención. Xa lles contarei.
Son dignas, polo demais, de reflexión esas xeralidades e comentarios «todo terreno» dos que botamos man cando falamos de algo que non coñecemos pero o descoñecemento do cal intuímos será interpretado polo noso interlocutor coma unha ofensa de humillante ignorancia. Lembra vostede cando foi a última vez?

6 comentarios:

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Moi divertido e suxerente.

K.W. dijo...

Agora mesmo.

Anónimo dijo...

Faise a miudo, pero non sempre por non quedar de ignorante. Eu xa hai tempo que admitín a miña ignorancia e falta de cultura literaria. Pero é que ás veces, cando che están falando dunha cousa e che din "sabes?", pois dis "si", e ao carallo, porque a verdade é que a alternativa, "non", leva aparellada ou unha explicación inda máis pesada que o que te están a contar ou unha digresión que sabes te vai a afastar dun conto que ata alí estaba a ser divertido. Non sei se me explico. Quero dicir: "si, ala, veña, lino. Sigue".
E aí no de Arume hai unha cousa que vale tamén para a reflexión que fai vostede no post. Di: "Bayard admite (non sabemos se de forma verdadeira) que nunca leu o Ulises". Por qué dubida de se é certo ou non? Esa é, coido, a actitude que leva a mentir sobre estes temas.

juan l. blanco valdés dijo...

Si, sobre iso de dicir si en resposta ao fático sabes, cando é meridianamente claro non termos puta idea do que nos falan, lémbrame esa resposta irónica á pregunta Que tal?:
-Ben ou cóntoche?.
O caso de Ulises, perfectamente representativo da lectura imperfecta ou non lectura que propón Bayard, lémbrame, á súa vez, aquel chiste de Perich, característico da súa xenial obviedade: O esperanto é un idioma universal porque ninguén o coñece no universo.

Liberto Brau dijo...

Coincido con tus reflexiones y me hiciste sonreír con tus argumentos. Desde luego se trata de uno de nuestros tics más comunes. Te encontré por casualidad, no tanto al azar… Me gustaron muchas cosas, bastantes, de lo que vi, y tengo curiosidad por “buscar” entre tus entradas antiguas… Volveré… Ojalá tengas curiosidad por mi blog que recién comencé hace una semana a publicar una novela por capítulos, “Amanece púrpura”; una novela en proceso, de la que ya he editado el primer capítulo y una parte del segundo. Iré escribiendo los siguientes siempre que haya lectores “suficientes” y “paguen” por su lectura con el impuesto revolucionario de sus comentarios… Bueno, hasta otra, en tu casa o la mía… Un saludo cómplice

juan l. blanco valdés dijo...

Querido Liberto en Majorica:
Siempre son sugestivos y llenos de misterioso encanto estos encuentros a través del proceloso bit-océano. He incorporado tu blog a los "recomendados" del mío ("prato do día). Gracias por tus alentadores comentarios y promesas de visita (lo mismo digo). Brumosos abrazos nórdicos y occidentales.