
A expresión
retiralo da circulación aplicada polo
pater patriae D. Francisco Rodríguez ao cidadán que en Galicia quintaesencia a cerna dos valores democráticos máis puros, o noso
ombdusman, fíxome lembrar un chiste. É o do neno que chega á casa do cole e, amoscado, dille á nai:
-Jo, ma, a profe díxome que teño alma de gángster.
A nai tranquilízao:
-Bueno, non teñas coidado que xa mañán falo eu coa profe.
E o neno matiza:
-Vale, pero que pareza un accidente.
4 comentarios:
A verdade é que o ínclito PR ten unha linguaxe un tanto irritante e irrisoria.
Así e todo, ten razón no fondo: este Valedor non vale.
Non valerá, pero xa non valía antes, supoño, cando dicía outras cousas. O que non se pode é discutir ao árbitro. Co do Consello de Contas pasa o mesmo: se non gusta o que di, o quitamos de enmedio ou, como é que di este home? retirámolo da circulación.
Non, se valer tampouco valería antes. E, sobre todo,o BNG ten que "apandar" con el, que para iso o votou afirmativamente en sede parlamentaria. En todo caso, que o Bloque fixera ben os deberes -cousa que non fixo- e quen non veña agora con desculpas de mal pagador. Que espabilen!
Pois a entrevista con BA aínda foi pior.
Publicar un comentario