31.10.08

Naufrajamos con a lengüa jalleja

Disque unha imaxe vale máis ca mil palabras.
En uso da palabra: Sr. Touriño, presidente da Xunta. Á esquerda (máis ou menos debaixo do c de embarcámonos): Sra. López, secretaria xeral de política lingüística.
Que argumentos verbais acerca da realidade sociopolítica do galego en Galicia poderían substituír esta fastuosa vista?
Rir? Chorar? Todo isto é unha tráxica pallasada (valla o paradoxo).

13 comentarios:

Anónimo dijo...

Que malo é vostede, amigo don Juan, co pleonástico (ou tartaja) que saiu o cartel.

juan l. blanco valdés dijo...

Malo? Joder, é que o asunto ten narices. Isto é normalización e política lingüística e o demais son ganas de tocar a paletilla. Imaxina Vde. a César Antonio Molina falando debaixo dun cartel que poña: llo me envarco con el español? Supoño que unha das condicións anexadas ao exercicio da política é o progresivo e imparable endurecemento e cementación da faciana; doutro xeito, teríalles que caer a cara de vergonza.

Anónimo dijo...

Ten toda a razón do mundo, amigo don Juan, e máis que puidera haber. O que quería era facer ironía por non chorarmos de pena, penita, pena.

El Gachupín de Garibaldi dijo...

¡Ay, amijo Juan Luis! Vexa bostede iste bideo...
cando eu cheje a España asín hestudiarei na escola...

Anónimo dijo...

Meu caro Fragmentos, entendo que nin o presidente nin a secretaria xeral deberon prestarse a intervir nun acto público baixo esa ostentación de ignorancia, que o é tamén de cinismo. Na política galega falta sentido da dignidade institucional (que só se simula en desfiles, ofrendas e outras liturxias). E falta porque falta.
Orabén, o xiro cunnilingüístico que vostede propón como alternativa ou declaración de intencións amola a sensibilidade lectora por dúas razóns: a) gheada glotal e praxe bilabial, ou máis precisamente tetralabial, son de todo punto incompatíbeis nas isoglosas do clúster nabal; b) o clúster non sabe dese sabor, prefire a delación da quilla pola popa.

Anónimo dijo...

Amigo anónimo: unha pregunta en casa allea: por que fechou?

Anónimo dijo...

Pulvis et umbra sumus, Arume, máis aínda tal día coma hoxe [e logo din que o lince e o spitzer son extintos no NW]. Fechou por procedermos á cremación na intimidade.

De telo aínda aberto hoxe titulaba, ao Curros, con forza: "Asha Ibrahim Dhuhulow, o Cristo dos tempos posmodernos". Esa lapidación ten de fundar unha irrelixión para o século. Escríbaa por min alguén, por favor.

Anónimo dijo...

O que tapan Marisol López e os dous palanganeiros do naval dicía isto: para gañarmos máissss.
Polo menos conxugaron o infinitivo.

Anónimo dijo...

Levamos 150 anos intentando ensinar esta panda de ignorantes, que nin falan galego, que ben poderían, nin saben falar con certa corrección o castelán: "y luego?, ya te lo dijera yo que estes gallegos son unos brutos y mas unos.."

juan l. blanco valdés dijo...

Lembro aínda con pavor o intento estéril de facer entender a un amigo de Soria a mecánica gramátical da expresión va en la playa. Isto é moi curioso e leva o argumento á radical diferenza entre castelán e español. É evidente que cando se empregan expresións como "tener al niño en el colo", "¿y luego?", "comer en las manzanas"... falamos español (de Galicia) e non castelán (en castelán non se empregan esas expresións). Nunha gravación bastante hilarante das declaracións das testemuñas nun xuízo (gravación que rolou pola rede hai tempo), unha señora di ad pedem litterae:
-Pero en vez de me fender a mi, fendió la moto. Acabó de fender la moto, dio la media volta y se botó a Manuel Domingues.
As delicias do castrapo. Saúdos.

Anónimo dijo...

É a eterna loita entre o que é e o que debería ser, entre o que a xente falamos e as normas. Eu non estou en contra das normas, pero é ben certo que de atendelas con rigor inda estaríamos a falar latín. Tampouco estou en contra de falar latín, só quero dicir que se falamos outras cousas é gracias a que hai xente que en vez de fenderme a mi, fende la moto. Y fende las normas e o que se lle poña por diante.

juan l. blanco valdés dijo...

Non, non, se estou de acordo en que é fala a que fai evoluír as linguas, o único realmente vivo. As normas son outra cousa. Pero, precisamente, en función do seu valor codificador deben ser extremadamente respectadas polos poderes fácticos (lingüísticos, culturais, políticos...). Xa non digamos polo number one e a súa responsable en materia de de lingüa, perdon, de lingua
(joder, un erro teno calquera...).

Anónimo dijo...

Por suposto. Eu referíame ao seu último comentario. O da foto non é unha cuestión de uso, é unha falta de ortografía coma unha casa de grande ou inda máis. E unha falta de coidado impredoable nese contexto.
A señora que fendía, vostede, eu, Touriño, cando falamos, podemos meter a pata (e metémola) polas razóns máis variadas. Cando escribimos ou falamos en público temos que poñer o máximo coidado, e cando facemos un cartaz en defensa da lingua...