A nova: doce artistas homenaxean a vaca galega como símbolo cultural nunha exposición celebrada baixo o título «Mú».
O financiamento: Xunta de Galicia e Concello de Santiago.
O comentario: vá por dios.
A miña suxestión para homenaxes futuras a outros símbolos culturais: o can de palleiro; o porco; a galiña e o galo; a carne ao caldeiro; os pavóns do millo; as preas rebentadas nas carreteiras; os palafitos; a pataca; o escarabello da pataca; Jayoso; o Luar; os somieres pechando as leiras; as lavadoras tiradas nas cunetas; o neto da tía Balbina; a pucha; o alcolito; as silvas; a licencia para jalpón; o zaragozano; o jerés quina; as bolsas azuis de plástico; os tonechos.
5 comentarios:
A crónica non ten desperdicio. Pode resultar unha mostra mestra (con perdón pola cacofonía pero todo se pega) da retranca. Non me dirá vostede que o "valor simbólico do rumiante" non é antolóxico?
O caso é chupar do teto, aínda que sexa da vaca.
ja...ja...lémbrome do cuadro de Tansey do que falei aquí . Nesa ocasión a vaca deu para un profundo debate sobre a inocencia do ollo, pero moito me temo que neste caso só dará para botar unhas risas, en fin.
Gracias, Juan: la ironía siempre será una de las mejores reacciones críticas posibles frente a los habituales encefalogramas planos que nos propone cualquier tipo de poder y de los que se vale para intentar camelar al personal, insultando de paso a la inteligencia y al buen gusto. Lo único salvable del lamentable título es que pertenezca por igual a la sonoramente culta y pedestre categoría de las onomatopeyas: una etiqueta perfecta para quienes adoleciendo tanto de estética como de ética no deberían siquiera tener el valor de decir ni mu.
Pois mú ben. A crónica é verdadeiramente impagable. Unha peza mestra. Co permiso de Arume eu salientaría algunha outra frase ou expresión:
"desde a vanitas contemporánea da pintura de X" (in vino veritas?)
"serie de bostas, excrementos reais de animais totalmente museizables" (sen comentarios)
"mostrando su satisfacción porque las vacas empiezan a estar valoradas" (eu tamén estou moi contento, qué carallo)
"para os galegos e galegas as vacas son algo próximo e familiar."(Ben o contido, Bugallo, pero mal o continente. Sería: para os galegos e galegas as vacas E OS BOIS son algo próximo... etc., ou é que os bois non teñen dereitos?)
Publicar un comentario