Dos avós e das avoas reciben os netos, xa directamente, xa a través dos seus pais, moitas anécdotas e sucedidos. Supoño que o truculento do asunto e o escatolóxico do tema impediron que meu pai me fixera sabedor de que, aló polo abrente do século pasado e, sendo o avó de quen subscribe Secretario do Xulgado Municipal de Santa María dos Baños de Cuntis, unha interfecta presentouse voluntaria a entregarse á Xustiza tras terlle seccionado salva sexa a parte cunha coitela de barbeiro (ou unha tesoura, segundo outra versión) a un endeviduo, por razóns que aínde o romance popular discute coa recta instrución do caso. O máis pintoresco, dramático, traxicómico e efectista do asunto é que a boa da muller presentouse perante o digno funcionario co pirolo ―con perdón― do cristián envolto nun papel. Tanto o relato do asunto canto o romance nos consabidos octosílabos ripiosos e castrapeiros son para non perder.
Imaxe: de Kiko da Silva, tomada de La Voz de Galicia.
5 comentarios:
...Por morral
por cochino y sinvergüenza
quedas como Putifar
para en vitam aeternam.
Magnífica historia, válgame el cielo.
Pois non me diga que
Virgen de Moraña
te imploro por Dios clemencia
y haz que al punto me retoñe
lo que me ha podado esta
non é unha estrofa de antoloxía (do disparate).
Saúdos.
Tamén, tamén.
pobres mulleres, tempos crueis poboados por bestas sen rapar...en fin...
Bueno, a este apuráronlle o afeitado, non dirá.
Publicar un comentario