22.5.07

Candidata

Indo o outro día para a praia, e na viravolta dunha curva, vin a propaganda da candidata nacionalista á alcaldía de Porto Dosón . Case teño un accidente.
E mira que hasta nin moito caso lle fago á propaganda electoral!
[Nota filolóxica marxinal. Así debía escribirse: Dosón; é como Dozón ―concello de Lalín― pero con seseo].

15 comentarios:

Anónimo dijo...

Ola:
A verdade é que nunca pensei que ía aprender tanto lendo os blogs.
Curioso o topónimo, desde logo.
Só unha pequena puntualización: penso que Dozón non pertence ó concello de Lalín, senón que é concello (ademais de parroquia e lugar).
Un saúdo.

Nuca dijo...

Acredito a impresión

Anónimo dijo...

Para min que ten un nonseiqué con Ana Rosa Quintana, pero inda así é moito máis atractiva que o candidato da miña vila. Cómo se fai para empadronarse en Dosón?
Podes explicar algo máis do topónimo?

R.R. dijo...

¡Rediós! (pola candidata e pola semellanza con AR que anota o mestre dlH61)

juan l. blanco valdés dijo...

Parece, señores, que a candidata, Sra. Ánxela Franco, concita grande unanimidade.
Verbo do comentario de Cristina, alguén moi sabio en cuestións de toponimia, aseguroume que nos documentos medievais aparece DEZIONE, algo que no caso de (Castro) Dozón (en efecto, é concello, grazas, amiga), semella ter que ver con DEZA. Pero, ¿Porto Dezione? Achegarei datos mal que este bo e sabio amigo mos proporcione.

Anónimo dijo...

Se é tan lista e preparada como guapa, propóñoa para Vicepresidenta sen dubidalo nin un intre.

Anónimo dijo...

Cal é o santo de Por Todo Son?

Anónimo dijo...

Santa Rita?

Marcos Valcárcel López dijo...

Hai unha curiosa coincidencia no rictus do sorriso con algunha foto promocional da Ana Rosa Quintana. Pero é moito máis guapa a candidata do BNG. Seguro que ademais está aí pola súa valía política e a súa intelixencia (e non digo isto por corrección política, que conste: pero estamos a falar dela só por esa foto, non?).

juan l. blanco valdés dijo...

Ao respecto do comentario de Marcos, permítaseme dicir que colguei a foto da señora candidata co máximo respecto para a súa persoa e sobre a xustificación da súa dimensión pública. Quero dicir que, como varón, non permanecer indiferente perante o indiscutible glamour da figura física da candidata non prexulga, afirma nin nega nada. Alégrame, polo demais, comprobar que, por unha banda, unha comentarista feminina non percibira machismo encuberto ningún no "post", e, por outra, que os comentarios dos cabaleiros foron (e agardo sigan sendo) absolutamente respectuosos para a candidata a edil da súa fermosa vila. Saúdos.

Anónimo dijo...

Por suposto que é máis guapa que Ana Rosa.
A min tamén se me pasou pola cabeza o posible machismo do pos, pero antepuxen (coido co Sr. Valdés que acertadamente) a miña libertade de non ficar indiferente diante desa cara e, sobre todo, o recoñecemento tácito de que tanto o posteador coma os comentaristas sabemos de que estamos a falar, como ben di o Sr. Valcarcel.
E no é desculpa nin xustificación, é que, se é guapa, por que non dicilo? Por outra banda engadir que na miña opinión a foto non semella retocada, o que engade máis mérito á candidata (agora falo respecto á súa intelixencia).
E unha pregunta: é a beleza un valor electoral? Non digo se debería selo ou non. Pregunto se o é.

Marcos Valcárcel López dijo...

No meu comentario non había ningunha intención crítica cara o feito de colocar este post, por se se entendeu mal: todo o contrario. A seriedade da persoa que leva esta casa garante as intencións desta inserción. E do que comenta
De la Highway 61, sen ningunha dúbida a beleza ten réditos electorais e a non-beleza castígase nas urnas: por que se non se retocan as fotos co photoshop? Esqueceremos o éxito feminino no seu día dos carteis de Adolfo Suárez (1977) e Felipe González, quen ademais chegou ó poder moi novo. Claro que isto só non chega a nada: se detrás non hai mensaxe nin nada que comunicar, queda en fume... Como lle pasou ó fillo de Adolfo Suárez na súa aventura pepeira.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Haberá que preguntarlle a Gonzalo Navaza de onde ven Dosón/Dozón. E, como el, ademáis creo que é de por alí...
Tamén hai o apelido Donsión, que non sei se terá que ver.
Polo da candidata, creo que calquera comentario sobre a súa beleza dá por sentado a súa capacidade intelectual, pero a verdade é que resulta difícil agora mesmo celebrar a beleza dunha persoa sen sermos tildados de incorrectos. E ademáis se esa beleza pode ser causante de que nos quedemos sen o blog de fragmentos, pois hai que valoralo nos seus xustos termos.
Eu apunto ademáis, para se vexa a miña total desvergonza neste aspecto, a beleza das dirixentes de Galiza Nova e Novas Xeracións. Dentro do apartado masculino, non atopo beldades, que se vai facer? Xa dixen, ademáis, noutro post que o candidato do BNG de Vigo ten un claro rival no xastre ou ben é o mesmo có de José Corbacho.

Anónimo dijo...

Sr. Valcarcel perda coidado, que ningúen entendeu mal, pero abriu aí un aspecto interesante, polo menos ao meu entender.
Pregunta vostede por qué se retocan as imaxes no fotoxó e eu non lle sei. O que teño claro é que inda non vin ningunha que mellorara o aspecto do candidato. Ningunha. Na miña vila ao candidato do psoe deixárono a medias entre Heidi e Caperucita e ao alcalde deixárono cun rictus tipo Gioconda, que non se sabe se ri ou se chora.
En canto a pregunta que fixen, inda queda sen contestar. Fareina doutro xeito: alguén vota a este ou aquel porque é máis guapo?

Anónimo dijo...

Cajina... A nosa candidata quedou de terceira. En qué pensan os de Dosón?