23.5.07

Los intocables

Elliot Ness? Non! Castelao, Pondal, Rosalía: os intocables. Joder, que seriedade. Creo que tras esta reverencia de dimensións ciclópeas agóchase ―alén de moi pouco humor― un sentimento moi próximo ao máis carca e rancio nacional-literacismo (é un "palabro" ad hoc). San Castelao. Santa Rosalía. San Pondal. Tonechos: non sabedes con quen vos metestes. Agárdanvos as máis horribles penas no inferno dos irreverentes!
En fin.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Non vin o programa dos Tonechos (nin falta que fai) nin vira tampouco a crítica do Faro (nin falta que facía). Hai moitos anos Boadella ríase da Moreneta e montouse un cristo que nin dios (valla a redundancia). O do sentido do humor é sempre unha asignatura pendente. Todo o mundo di que rirse dun mesmo é moi san e, por suposto, todos afirman que se rin deles mesmos: mentira pútrida. Aquí nin dios se ri de si mesmo. Algunha graza si se permiten, si, pero de rirse-rirse, hostias envinagradas.
Unha pregunta: qué carallo facía o Cáccamo o día 17 ás 10 da noite vendo aos Tonechos? Gústanlle?

juan l. blanco valdés dijo...

Esa falta de humor é malísima para a saúde. Eu creo que por anda por aí tanta xente con cara de amarjada, tomando a serio unhas cousas rarísimas.
Para a súa pregunta, intelixente polo demais, non teño resposta

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Vin o programa: fantástico, boísimo. Antolóxico.