Clausuraron o ancien régime e o poder secular dos aristos e inventaron para o mundo o Estado de Dereito. En maio de 1968 case provocan unha revolución mundial.
Legaron ao léxico das nacións cultas o termo chauvinismo. Coquetean de xeito permanente e atemporal cun dos conceptos que máis lles mola: grandeur.
Están aí, a medio camiño entre a exaltación que apoñen aos mediterráneos e o cálculo frío dos boreais.
Unha palabra que Sarko menciona con insistencia é orgueil (orgueil d’une nation; orgueil d’être français…). Dá algo de medo.
1 comentario:
Dá, dá!
Aquí tamén dá medo iso de "la Unidad Nacional" e os aguiluchos a bambear pola rúas de "la capital"!
Á xente así hai que aquedala o que se poida!
Publicar un comentario