4.5.07

Por que? Non. A pregunta é: Por que non?

Que etica? Para quen? A partir de que valores? Para que? Por que? Por que non? Onde está o límite? Por que poñer límite?
Botellón? Claro, ostia, e que se joda o mundo se lles molesta. E que limpe o concello que son uns putos pringaos. Toneladas de lixo. Toneladas de ruído. Toneladas de violencia. Ben; non en todas partes, pero xa coñecemos o efecto chamada (meterse na fonte da Cibeles porque gaña o Madrid: meterse na Fonte de Platerias porque gaña o Lobelle). Temos que solucionalo, porque o problema de fondo é o alcol, claro. Estamos ata os putos güevos de que nos tomen o pelo nas discos e nos pubs cobrándonos o alpiste vinte veces o seu prezo. O que queremos é beber e que non nos timen. Solución hispánica, tan nosa: levar o alcol en masa do Carrefour á rúa, aos xardíns, e rompemos con todo, e que lle dean polo cu. Que non todos somos vándalos e imos só a pasar o rato, pero, en fin, se hai ruído, lixo, mascadas, e ostias, xa o solucionarán, joder, que para iso están, para dar la puta vara todo el puto día.
Sacralizamos a xuventude. Sacralizamos o sexo. Sacralizamos a liberdade (qué escuros lindes os da liberdade!). Sacralizamos o benestar. Sacralizamos a frivolidade. Sacralizamos o oportunismo e a pillaxe emocional. Sacralizamos a analxesia. Sacralizamos o diñeiro. Sacralizamos a noite como territorio idóneo para o hedonismo. Pero non nos gusta o botellón. E se lle pide á escola o que non somos quen de ensinar en casa. A escola forma. A familia educa. Trabucalo entraña un risco gravísimo.
Un amigo alemán contoume que unha vez nun súper había un neno coa nai, ambos de aspecto «alternativo»; o neno correteaba de aquí a alí, molestando a todo o mundo, propinando patadas aos clientes que facían cola, cuspindo no chan, berrando e insultando ás caixeiras, todo perante o máis absoluto mutismo e indiferencia maternas. Cando un señor maior, farto xa do neno, increpou á nai, esta lle respondeu que o seu fillo non coñecía a represión e fora educado en liberdade. Na cola, detrás do meu amigo, había un punk de dous metros longos, pelo verde e botas militares. Automaticamente saiu da cola dirixiuse a un andel do super, colleu un bote de mermelada, abriuno e botoulle todo o contido na cabeza á nai do neno, asegurándolle que el tamén fora educado sen coñecer a represión e en liberdade.
Valores. Valores?
Valores? Valores.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Camrada bloguero,

Eu coido que son dúas cousas nunha.

Por unha banda, o do botellón e versión cutre de pan e toros da que falaban os románticos españois, que ademais revela o nivel cultural das xentiñas da pel de touro. Ainda me lembro de fai 4-5 anos dos enfrontamentos na rúa en Cáceres porque o concello queria fechar os PUBS as 2 da mañán, ou das declaracións dos hosteleiros "meteruidos" da Coruña fai uns meses polo mesmo. O raro é que na cidade imperial de María Pita naide se queixase aínda do continuo feche de libreras (a última a Colon) ou de que estas sexan un número de risa nunha cidade tan "ilustrada" por tantas casas nobres (a dos peixes, a de casares quiroga, a de paco vazquez, a de ortega). E o mesmo para Santiago, onde o dispendio da Cidade da Incultura non é criticado polos seus funcionarios da Universidade-intelectuais (?) por temor a que os hosteleiros da cidade non lles paguen os cafés. Aaaaahhhh! Que erro máis grandes converter ao turismo de alpargata na principal fonte de ingresos de Galicia. Así en vez de ler para formarnos, nos deformanos por non ler e por esforzarnos en ser uns bos spanish botelloneiros.

Por outra banda, o botellón é un reflexo do fracaso dos país (e dos seus fillos) para educar (ser educados) en valores (sexan estes os que sexan). Un fracaso do que da mostra o traspaso das súas reponsabilidades como páis aos mestres, de quen os pais agardan "eduquen" aos seus nenos, (e non que os ensinen, como lles corresponde e os políticos lles impiden rebaixando o contido dos programas de ano en ano).

En fin o vello (pan e circo) e o novo (a desatención aos pequenos) misturánse nun momento de cambio social e cultural que nos leva á sociedade de consumo. E aínda que é así, o que nos pase individual e colectivamente é culpa nosa

Anónimo dijo...

Concordo plenamente, e o exemplo final vén perfectamente para o caso, en que os límites da liberdade son fuxidíos. Onde empeza a do outro? Onde acaba a túa?, alí onde fin e comezo se xuntan? Que difícil sabelo, carajo, que difícil saber educar en liberdade e con respecto!

juan l. blanco valdés dijo...

Camarada Solovio, Amigo Anónimo:
Obrigado aos seus puntos de vista e comentarios. Cultura. Cultura, e non hai outra. Será a barbarie imperante, a vaidade da incultura o noso malfado? Ollo, que non é unha pregunta retórica. Saúdos.

Anónimo dijo...

Un tipo ben sensato ese punky de dous metros.

juan l. blanco valdés dijo...

Estimado Mesmamente:
En efecto, un tipo moi sensato. Velaí a razón de lembrar ben a anécdota e considerala tan acaída ao caso.
Saúdos.