6.3.09
O tempora!
A tendencia humana ao fetichismo é intemporal e maleable. Na Idade Media a obsesión polas reliquias levaba a que en España se comerciase co fémur de san Casiano aos 14 anos e en Italia co mesmo fémur cando o santo tiña 32. Nos tempos que andamos, podían ser os gallumbos de Tino Casal, a primeira muda de Jodie Foster, as sabas que unha vez aloumiñaron o sono de Gisele Bundchen ou un plumier que Pe Cruz recibiu na súa primeira comuñón os que excitasen o fetichismo de moito millonario aburrido de gastar, que xa non sabe que facer cos cartos e os inviste en obxectos que, alén do seu valor engadido en forma de atracción malsá, non serven para nada. Pero que se comercie coos obxectos persoais -unhas gafas, as sandalias e un bol- do ser humano que no século XX foi paradigma vivo do desprendemento, o anticapitalismo e a pobreza voluntariamente aceptada e partan nunha subhasta con 30.000 dólares de saída é un signo inequívoco da apocalipse. O mundo está podre.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Molan unhas rayban do Gandhi: ti entras no Billionaire de Porto Cervo con eses occhiali e tes media discoteca aos teus pes. Onde vas parar?
Pois se te presentas só coa saba e as sandalias, nin te conto. Te rifan.
Publicar un comentario