Nunca fun amigo das versións, especialmente en música. Unha versión é unha alteración, unha perversa imitación de algo que foi concibido nun estado mental e emocional concreto, debedor dun contexto específico e irrepetible e, polo mesmo, por completo intransferible. Contemporaneamente, Yesterday dos Beatles ou The Boxer de S & G teñen sido obxecto de toda laia de maleacións máis ou menos inocuas e máis ou menos intrascendentes, pero, normalmente, espontáneas. Hoxe, como non podía ser menos, o consumismo compulsivo (e o seu edecán, o márquetin) deturparon a frescura e naturalidade que antes inspiraban o desexo dun músico de versionar outro. Persoalmente non hai nada que me produza máis repulsión que a mixtificación deses cameos musicais nos que tipos da máis variada pelaxe intentan pateticamente confluír nos intereses e estéticas dun intérprete concreto que -polas máis variadas razóns- é merecente de tal homenaxe e recoñecemento. Dende aquel Barcelona, espeluznante dueto de Montserrat Caballé e Freddie Mercury, a Paulina Rubio consagrando os seus gorgoritos ao esplendente cincuentenario de Bosé, a aparición desta especie de calotes mercadotécnicos é de periodiciade crónica. Anúnciase ultimamente unha nova entrega desta natureza, na que vai ser homenaxeada a figura de Miguel Ríos. Oín outro día unha versión por M-Clan de Santa Lucía, a vella e romántica balada que o arxentino Roque Narvaja escribiu para o seu colega español. Algo penoso.
Cameos e (per)versións á parte, a figura de Miguel Ríos resúltame especialmente simpática e entrañable. O cándido hippismo que emanaban o seu Himno a la alegría, a cinta na cabeza e o sorriso permanente dalguén persuadido de que todo o mundo é bo eran tolerados por unha ditadura que vía na figura do granadino unha modernez de "yeyé", como moito extravagante pero en absoluto perigosa. Era algo así como o hippie oficial do Réxime. Pero diso el non tiña culpa, claro.
Yo recuerdo aquel día, que nos fuimos a bañar, aquel agua tan fría y tu forma de nadar, en el río aquel... o himno dunha xeración. O optimismo militante de Miguel Ríos e unha bonhomía proverbial son ese tipo de cousas que establecen fíos invisibles pero tecidos con liño forte.
19 comentarios:
Non, por Miguel Ríos non paso.
Joder, que radical anda o persoal! Eu non digo que musicalmente sexa o non va plus. Digo, literalmente, que a súa figura me resulta simpática e entrañable.
a min tamén me cae simpático o maiquel, co que non podo concordar é co das versións, hainas totalmente prescindibles pero tamén temos o Ain´t no sunshine de Morrison for exampel...as meninas de Velazquez non son mellores que as interpretacións de J.P.Witkin nin as de Picasso...por outra parte, todo son copias e interpretacións dunha realidade ou representación. Vaia, penso eu. Interesantísimo tema.
Non, se eu, con isto das versións (como con tantas outras cousas), o único que pretendo é tocar un pouco a paletilla e amolar... Saúdos, Ana, e bo luns (cambio horario incluído).
No puedo creer que alguien piense que las Meninas de Velázquez "no son mellores que as interpretaciones de J. P. Witkin nin as de Picasso".
¿Es una boutade, no?
Por favor, Sr. Valdés: é que nunca imos concordar musicalmente? Qué pasada...
Mike Rivers é... non teño palabras. Que lle cae simpático? Bueno, será unha desas cousas que non teñen explicacións.
E no das versións tampouco estou de acordo. Non tanto porque opine que unha versión poda ser mellor ou peor que o orixinal, cousa que creo que é admisible (calquera das dúas posibilidades) senón porque non creo que as que vostede chama versións orixinais (supoño que son as que sóan nos discos) sexan algo "concibido nun estado mental e emocional concreto, debedor dun contexto específico e irrepetible e, polo mesmo, por completo intransferible". Entendo que iso sería máis aplicable ás versións en directo, por exemplo. Xeralmente o que nós escoitamos nun disco non é máis que unha das posiblemente 10 ou 12 versións gravadas por unha banda ou intérprete calquera, interpretadas nun mesmo "estado mental e emocional" e nun mesmo "contexto", é dicir, na mesma tarde, mesmo, ás veces, na mesma hora e tras fumar o mesmo porro. E iso no mellor dos casos. Porque no peor, o que escoitamos no disco é unha mestura desas dez ou doce versións, pasadas polo tamiz e filtro dun ou dous produtores (que nin concebiron nin interpretaron e, ás veces, nin estaban alí cando se deu ese momento "irrepetible"), mezcladores, remezcladores, co engadido de guitarras (e voces, baterías, e teclados) gravados a miles de quilómetros e mesmo meses despois, por xente que nin coñece ao autor nin aos intérpretes, en "contextos" totalmente distintos a aquel no que as pezas foron concebidas ou interpretadas.
Quero dicir que probablemente o 90%das versións que escoitamos nos discos son totalmente transferibles por impersonais.
E iso sen falar de "versións orixinais" escritas por X en NY no '46, arranxadas por Y en LA no '49 e gravadas en Chicago por Z no '50 (e non vou repetir aquí o dos produtores e músicos alugados). Onde está ese "contexto" irrepetible do que fala? Eu non o vexo.
Algún día estaremos de acordo. Digo eu.
Juan (á parte): Jo, para variar creo que a armei outra vez!
Vexamos, amigo anónimo: vostede confunde arranxos e posprodución con inspiración. Xa pode meter todas as mezclas que se lle ocorran e facer as maiores virguerías técnicas con baterías a miles de quilómetros e un baixista nos aneis de Saturno que, como non haxa inspiración, musa, xenialidade (sóalle?), non hai nada que facer. Bustamante co mellor enxeñeiro de son do planeta e o equipo de músicos mercenarios máis sólidos do universo segue sendo o que é: Bustamante. En troques, o seu idolatrado Zimmermann cunha guitarra e a súa aflautada voz cantando How many roads must the man walk down éo todo: xenio, inspiración, musa e, si, produto dunha inspiración concreta, especial e intransferible. Logo pode vostede facer canta puñetaría se lle ocorra, pero a esencia do asunto está aí. E ademais, toda esa artillaría tecnolóxica da que vostede fala non anula en absoluto o que digo (e, como ex-batería dun grupo, con tres maquetas gravadas, sei o que digo). Ou cre que a xenialidade de Chris Martin e Coldplay é menor por gozar dunha tecnoloxía hiperdesenvolvida? Xa save aquilo de aunque se vista de seda....
Verbo de Miguel Ríos insisto: por que había de caerme mal? Cando, con vinte anos, hospitalizado vítima dun pneumotórax, nun estado emocional que tecnicamente podemos cualificar de jodido en grao sumo vin o espectáculo en director de Miguel e seu Bienvenidos, sentín un soplo de aire fresco, esperanza e ilusión. Non é que me guste moito como músico pero como persoa paréceme un tipo entrañable, sincero, coherente e pouco adicto ás tonterías e frivolidades do show-bussiness. Por que lle profesa vostede tanta tirria?
Saúdos e non perda a esperanza: algunha vez coincidiremos? Que tal Jorge Sepúlveda? Tal vez Rita Pavone? Teddy Pendergrass? The Singing Postman? Slade? ;) :)
Hai un versionador imprescindible. O DVD Dylanesque de Bryan Ferry é para mín unha obra maestra.
Tamén será que me gusta como interpreta o de Roxy Music.
Proba: Poñan en You Tube o Knockin' On Heaven's Door e disfruten -perdón pero é que non sei ligalo.
Noraboa polo libro (que espléndida portada, amigo!) que acabo de ver na de Brétemas.
E o meu pésame polo seu gusto musical?? (aínda que debería pesarlle a vostede). Se o que quere dicir é que con Mike Rivers de telón de fondo pois, en fin, que iso, que aquilo, vale, pero como música, eu prefiro a Bustamante. Aínda que sexa por razóns estrictamente familiares.
¿boutade? vaia oh...pois non, amigo Angel Ruiz. Cando Picasso pinta as Meninas ou Witkin experimenta fotográficamente con elas, están a render unha homenaxe a Velázquez. Falar de mellor ou peor na arte é dun reduccionismo tan esaxerado que impide calquera achegamento ou apreciación. Ninguén pon en duda a calidade de Velázquez pero o Inocencio X de Bacon non é peor nin mellor que o seu. Bacon pasou interminables horas no Prado, non precisamente para copiar.
Pues no estoy en absoluto de acuerdo: que Bacon le dedique muchas horas o que Picasso/Witkin le homenajeen no me parece motivo suficiente para igualarles en calidad.
Si en arte no se puede hablar de 'mejor' o 'peor' entonces todo es arte y nada es arte y un garabato mío está al nivel de Velázquez.
Saludos
que no Ángel, que no...abre las ventanas para que corra el aire...el concepto de arte es demasiado complejo como para aplicarle parámetros unica y exclusivamente de calidad, mejor, peor, etc. La técnica es impotante pero no lo único. Hay obras técnicamente perfectas pero frías y que no dicen nada, no emocionan y no incorporan nada nuevo. Sólo con estudiar a Picasso tenemos esto claro. Les Demoiselles de Avignon son de peor calidad que sus primerasobras técnicamente perfectas? ¿verdad que no? y Picasso se copia y reintrepreta asi mismo toda la vida...
logribipA todo esto de las interpretaciones y reinterpretaciones artísticas podríamos aplicarles también el principio de termodinámica que de forma tan acertada el padre del contertulio telefónico de Juan le aplicaba a las croquetas, por cierto, alguien se ha planteado alguna vez como podría ser una croqueta desestructurada por Ferrán Adrià?.
En relación a Miguel Rios no entiendo el porqué de tanta tirria hacia él ya que aunque particularmente no siento especial admiración a la música que compone o interpreta lo considero un buen artista y una buena persona comprometida, trabajadora y que cree en lo que hace, además de ser el paradigma del rock en España en una época de transición musical y social en este país. La versión de Santa Lucia también me ha gustado, y en este caso, prepárate Juan, porque te espera también numerito de Víctor, Ana, Joan Manuel Serrat, Sabina y demás pues creo que se trata de un disco homenaje a Miguel. Hay artistas que interpretan composiciones de otros y las hacen personalísimas y sublimes un estupendo ejemplo lo tenemos en Madelaine Peyroux con su disco summer wint. Por último que veas que el personal no se ablanda ni con lo del hospital ni con lo del neumotórax ni nada eh.... por Miguel Ríos no pasa. Saludos desde Pontevedra.
Outra vez non, D. Juan. Zimmerman é o peor exemplo que pode poñer vostede para esto das versións. Ese tipo non ten idea do que é unha versión orixinal. Para el a versión do disco é tan válida e está ao mesmo nivel que calquera outra das que el acostuma a tocar. Malia que no seu caso gran parte das cancións que escoitamos nos seus discos sexan primeiras e únicas tomas (aquí cúmplese o de irrepetible e o da inspiración e todo iso), non o son porque considere que quedaron malladas e que o momento era tal e cal, senón, repito, porque tanto lle ten esa como a que puido tocar un mes despois en Detroit, por exemplo. E outro exemplo, Dylan toca en directo versións da versión que Hendrix fixo de All Along the Watchtower, que lle parecía moitísimo mellor que a súa.
Tampouco estamos de acordo no dos arranxos: os arranxos son a canción. O que diferencia aos Stones de Zimmerman, por exemplo, non son as estruturas harmónicas nin as liñas melódicas (que no blues son prácticamente intercambiables), nin tal vez a inspiración, son os arranxos, o xeito de tocar. It's All Over Now, Baby Blue é o fraseo dylaniano e a liña de baixo, non a sucesión de acordes nin a liña melódica. Escoite a versión de Gal Costa e verá porque dylan é deus e Gal Costa, non.
Ah...Patricia, coa Peyroux gañáchesme...pide o que queiras!
Bueno, pois parece que cada vez que falo de música a armo. A parella A&A Bros. (Arume&Anónimo), que ten máis perigo que un mono cun revólver, ponme contra as cordas cada vez que apelo a algunha aresta ou recanto da miña ilimitada melomanía (a ver se entre todo o que recollo aquí atopan algo do seu gusto).
Sobre Michael Rivers coincido na apreciación de Patricia (vielen Danke!), agradecendo non ser o único raro. A ver, direino unha vez máis: NON ME GUSTA ESPECIALMENTE Miguel Ríos e creo non ter feito valoracións estéticas sobre a súa música. Falei do personaxe. Se digo que El río é o himno dunha xeración non infiro necesariamente calidades musicais. Tamén o La, la, la, La vida sigue igual ou Por un sorbito de champán o son. Un himno non ten por que conter de seu calidades musicais (cfr. o español ou, mesmo, o galego).
Por último: non me van convencer sobre as versións. Díganme unha soa versión que mellorase nunca un orixinal e falaremos.
Saúdos.
Z
El sorro polemizador.
Ah!Outra cousa: a polémica Ángel-Ana (de novo A&A) supérame. E moito subir o nivel maribel. Pero dá gusto oílos...
Ah! Moi ben! Ou sexa, que a polémica Angel/Bande o supera, pero a A&A non. Debe ser que somos de caste inferior. Arumeeeeeeees! Mira para este! Dille algo! Xa verá, xa verá, cando veña Arumes.
A pregunta da versión mellor ca o orixinal ten trampa: para gustos se pintan cores. Con All Along the Watchtower xa lle puxen unha na que o propio autor declara que a versión doutro era mellor que a súa, e non era falar por falar, repito que sempre toca unha versión desa versión (feita uns meses escasos despois do orixinal, debido á fascinación que este lle causou ao versionador, que probablemente recoñecera no seu momento que o orixinal era moito mellor, co que a cousa quedaría en táboas). Repito: pregunta trampa tramposa.
En canto ao de Mike Rivers, vexo con claridade que se o dúo A&A insiste o necesario, vostede acabará por berrar polas rúas "eu non dixen iso, eu non dixen iso, eu nunca escoitei a MR". Por certo, dixo vostede que cando se fixo amigo de MR estaba no hospital por un pneumoalgo: non sería que se dera un golpiño na cabesa?
Publicar un comentario