31.3.09

Liber librorum


Aínda que me estea mal. Débollo a tanta xente! Obrigado a todos.

13 comentarios:

Anónimo dijo...

Pois moi ben, oh! Mágoa non ter de qué discutirlle! Queda un así como... non sei.

Parabéns, amigo.

jaime asensi dijo...

Noraboa Juan. Procurarei facerme con el. Apertas.

lándoas dijo...

Este libro era necesario. Que o faga vostede seguramente o vai facer suficiente. Quero dicir, que vai durar e durar. E quedará aí, para sempre. Como ocorre cos libros do noso admirado Martínez de Sousa. Luxos de noso, que carallo!

Devorareino (o libro). Palabra.

M. Diéguez dijo...

Pois nada, home, haberá que lelo con fruición. Unha aperta e os meus parabéns, querido Xoán.

juan l. blanco valdés dijo...

Agradezo moito os parabéns, amigos. Home, tanto como para devorar ou ler con fruición... non vaia ser que se lles indixeste.
Apertas.

Ana Bande dijo...

fágolle un bis ao lándoas,admiración incluida!

Anónimo dijo...

Vostede déixeos, Sr. Valdés. Lembro que un amigo meu, ao que vostede probablemente tamén coñeza, publicou aí un traballo titulado algo así como "El futuro de subjuntivo en el castellano medieval". Cando nos agasallou cun exemplar que inda conservo, por suposto, outro amigo común lle dixo nada máis ver o título: "hostia, tío, esto va a ser un best-seller!".
A vostede, con estes amigos, vaille pasar igual. Xa vexo nas librerías a todos eses frikis en plan Harry Potter, disfrazados de editores e outros personaxes do seu libro, facendo colas diante das pilas de libros.
Que teña moita sorte, que o merece.

Anónimo dijo...

Por certo, saberán vostedes que o tal Best e o gran Peter eran primos, non si?

juan l. blanco valdés dijo...

Superbe! Si, lembro o libro. Outro best-seller (o primo de Peter) que publicamos hai anos foi Escherichia colii causantes de infecciones intestinales...
En fin, supoño que alguén de vostedes me verá algún día próximo e, coa maior ilusión, me dirá:
-Oe, Juan, por certo, merquei o teu libro.
E eu contestarei:
-Ah, carallo, fuches ti!

patricia dijo...

Noraboa polo teu novo libro que mais que seguro é necesario, trátase dun manual e entendo que ten un carácter básicamente técnico. Gústame moitisimo a portada exemplo donde se sintetizan coa poética da sencillez a tecnoloxía coa ferramenta máis rudimentaria nunha composición estética moi suxerente.
Desexo que teñas moita sorte. Saúdos desde Pontevedra.

Anónimo dijo...

Qué va, Sr. Valdés! Eu tamén cría tal, pero tiven que acabar por abrir unha conta específica para os dereitos de autor!

juan l. blanco valdés dijo...

Non hai noticia nos anais do país de que alguén se fixera rico vendendo libros. A ver se vou ser a excepción! ;)

juan l. blanco valdés dijo...

Ah, por certo, Patricia, obrigado pola túa fermosa gabanza da cuberta do libro, que resume perfectamente a miña intención. En realidade, é un guiño (que quere ser unha implícita homenaxe de admiración) a Daniel Gil, o gran deseñador gráfico, que fixo escola coas cubertas da colección de peto de Alianza Editorial.
Apertas.