Unha das cousas máis complexas dun blog, e que, supoño eu, está na orixe da maior parte dos abandonos, é atopar qué escribir coa asiduidade que se supón necesaria para que a impresión de dinamismo, sen o cal non hai interese posible, chegue ao lector. Quero dicir que se un lector arriba de chriripa a un local e ve que a última actualización é dun mes antes, probablemente esa sexa a primeira e a última vez que o visite. Esa perentoriedade conduce moitas veces a un erro, do meu punto de vista, garrafal: escribir malia non ter nada que dicir, ou, o que é peor, converter en materia da escritura banalidades da nosa vida cotiá que a ninguén importan. Así é que atopar o xusto ton -mesturando con prudencia elementos persoais con aspectos de interese colectivo- é a clave, xa non direi do éxito (porque pouco éxito, convencionalmente entendido, teñen 998 de cada 1000 blogs, este incluído), senón apenas do puro mantemento ao longo do tempo, nunha loita case permanente co desánimo.
Quen está libre de pecado? Hoxe é domingo, Mañán luns. Uns camiñan, outros se paran. Pérez Touriño marcha e Feijóo vén. El muerto al hoyo y el vivo al bollo. A verdade é que hai momentos en que a un non se lle ocorre moito máis que dicir. Nin se lle ocorre nin gañas ten. Máis azos virán, se vostede me entende.
2 comentarios:
Bueno, poquito a poco. A mí hoy me ha gustado especialmente el título: me ha dado por pensar que 'frouxeira' es una palabra eufónica y 'flojera' es bastante fea. O quizá es que a mí me gustan mucho las palabras del gallego que cambian la l por r.
Praza, branco, prego, cravo, frouxo... En efecto, Ángel, dá a sensación de que o galego "edulcora" o son máis contundente de moitas palabras do castelán. Reflexionei recentemente sobre o particular.
Apertas.
Publicar un comentario