Se supone que hay un partido que ha ganado en libertad de voto,con la mayor participación posible, y hay una sociedad que ha dado la oportunidad de hacerlo de forma diferente. Es decir estan legitimados para gobernar 4 años y ejecutar un programa electoral.
En mi opinión y siendo parte lejana si me gustaría un acuerdo de todos con todos que evite que cada 4 años se cambien las cosas por que ahora me toca a mi!!! Fuera de revanchas y de ideologias baratas.
Que temas como sanidad, educación y economía sean acordados y ejecutados a largo plazo bajo un acuerdo global y que esto se respetará gobernase quien gobernase.
Me parece la unica forma de hacer las cosas bien y con lógica....
Y a mis comentarios del famoso POST del 52.... ¡que sabio es el pueblo cuando opina en libertad!!... cuando se daran cuenta nuestros politicos...
Como bien dices Juan, que mi hipoteca baje, que mis niños tengan un futuro y que pueda vivir en libertad!!!
Garcias, Marco, por tu visita y punto de vista. Pareceume interesante o punto de vista do editorialista do semanario nacionalista A NOSA TERRA. Saúdos cordiais a todos.
Non sei, non sei. Non é ningunha tontería o que pasou onte. Afeitos como estabamos despois de tanto tempo a unha dereita con formas e fondos claramente herdados doutros tempos, chega un grupo de homes e mulleres novos como di o editorialista de ANT máis pendentes da ponte aérea Labacolla-Barajas ca das estradas do país. Coñezo a dous recén deputados por Coruña e dou fe da súa valía profesional e da súa altura ética e persoal. En fin, que non queda outra que pasar páxina. Como peor que os que se foron é imposible facelo en todos os terreos, eu creo que confiar nos que veñen é, de momento, a mellor opción. Iso me parece ser progresista. Botar o trombón de Baltar por diante é unha posición, á vista das listas do PP, un chisco retrógrada. Deixando isto de lado, o trombón de Baltar é, como o trombonista mesmo, un símbolo tan profundamente noso como os alcolitos ou os palafitos característicos do feísmo arquitectónico. Eu teño que recoñecer que o tío resúltame simpático. Dos que se van non podo dicir nin iso. De ningún, que xa é dicir.
Retrógrado e esperpéntico pero rigorosamente certo, señor Blanco: o trombón de Baltar segue a ser a santísima trinidade en Ourense, xunto coa lista dos que lle deben favores e as malas artes (dialécticas) amosadas por él na súa noxenta campaña. E precisamente a pedagoxía da cultura política nunha sociedade libre e madura ten por finalidade combater e erradicar eses atavismos, que nos fan enroibar a moitos. Por tanto, de simpatía polo personaxe, nasty de plasty. Falo por mín, obviously.
E falando de obviedades: confiar nos que veñen non é que sexa o progresista nen a mellor opción: e que é a única alternativa mesmo para os que non lles votamos (agás que un se constitúa en golpista ó xeito do crego televisivo don Crisanto).
Permítaseme un só exempliño: non creo que sexa moi progresista levar a efecto a amenaza da famosa reducción das listas de espera na sanidade mediante a desviación da demanda a centros privados. Sospeito (digo máis: teño a certeza) que hai moitos xefes de servizo dos centros de atención especializada fregando nas mans e lambendo o bico ante a posibilidade de poderen enviar os seus propios pacientes ás clínicas onde eles mesmos traballan a tempo parcial grazas a compatibilidade pola que parte do sector acaba de ir á folga días atrás. Tampouco se sabe o custe desas medidas, e cómo se levará a efecto o imprescindible control do gasto xenerado. En calquera caso auguro un aumento expoñencial do gasto sanitario (meu Deus!, o famoso "despilfarro"?), non necesariamente acompañado nunha mellora na prestación do servizo. Non falo por simple fatalismo nen por revanchismo de ningunha caste, senón por recentes experiencias históricas perfectamente documentadas. Por estas e outras razón, señor Piña, es harto complicado acordar políticas consensuadas en estas materias cuando los principios filosóficos son tan distintos. Por suposto que isto non ten nada que ver coa integridade persoal nen a valía profisional de ninguén, que se presupón. Pero para un candidato o falar non ten cancelas, e os papeis terman de todo. Estar pendentes da ponte aérea tampouco é, per se, garantía de nada, e parece mentira que o editorialista de ANT incorra nesas lixeirezas paifocas: líbrenos Deus que se importen certos know-hows aplicados na sanidade madrileña ou no sistema educativo valenciano.
Nada de perdón, amigo cansendono, faltaría máis. Os seus puntos de vista sempre son pezas de mérito. É un pracer discrepar con vostede. Concordar aínda máis. Apertas.
Amigo Juanlu, agora comprendo a súa posición e non queda máis que respectala.
Se por unha banda non foi quen de discernir quen fixo a campaña máis suxa e, pola outra, se amosa a súa simpatía polo "trombón de Baltar" e a súa profunda antipatía por TODOS os que se van, a cousa está bastante clara. E se a maiores presenta como o non-vai-máis da modernidade e do progresismo o de estar "pendentes da ponte aérea Labacolla-Barajas", moito máis clara aínda.
Á fin e ao cabo, hai quen desexa que "a orde natural das cousas" sega o seu recto camiño: que gobernen os que sempre gobernaron, aínda que muden algunhas caras. A estes si, deámoslle todas as oportunidades habidas e por haber. Até o infinito e máis alá.
Ehem. Don Juan (xa ve que eu non lle chamo 'Juanlu'): Sabe por que o PP gañou os comicios?? Porque o seu admirado Baltar pronunciou nun mitin a palabra 'maricón' refirida a un contrincante electoral, e nada pasou. Imaxine que pasaría se esa palabra a pronuncia Quintana refirida a un opoñente. Velaí o cerne do asunto.-
Amigos: ben certo é que non hai nada que cegue máis ca a política. Se non foron quen de percibir a ironía da miña "simpatía" por Baltar (que é a simpatía polos alcolitos e o feísmo arquitectónico), non é, de certo, o meu problema. Polo demais, non entendo unha actitude tan negativa fronte ao que foi unha decisión contundente e maioritaria do electorado. Botáronos a gorrazos. Non é unha opinión miña, é un feito. Vender a pel do óso antes de matalo e crer que son os mesmos de sempre con outras caras, bueno, é unha opción, Api, como a miña (só que a miña é máis construtiva). Aló veremos. Quen está en posesión da verdade e coñece a fin de todos os camiños? Polo demais, identificar como símbolo de modernidade que os de agora cambien as estradas polo aeroporto é unha inferencia súa, Api, que eu non formulei como tal. Véxoos un pouco adoecidos. Teñan un pouco máis de confianza no futuro (igual que a tivemos en 2005...) Saúdos.
O de que a súa opción, Juanlu, é máis "construtiva" é un dicir, simplemente. Pretender que o novo goberno non vai ter ningún punto de conexión co pasado, como se o PP actual nacese inmaculado por xeración espontánea, é cando menos unha inxenuidade.
Tamén o anterior goberno nacera dunha "decisión contundente e maioritaria do electorado". Porén, iso non impediu que vostede, ao igual ca min, o criticase. Daquela, permita que, cando menos eu, tamén o volva a facer con este.
Naturalmente, dicir todo isto non obsta para admitir sen ningún tipo de reservas o veredicto das urnas.
12 comentarios:
Vaia baño lles dimos
O comentario anterior é un acto fallido
Y ahora que?.....
Se supone que hay un partido que ha ganado en libertad de voto,con la mayor participación posible, y hay una sociedad que ha dado la oportunidad de hacerlo de forma diferente. Es decir estan legitimados para gobernar 4 años y ejecutar un programa electoral.
En mi opinión y siendo parte lejana si me gustaría un acuerdo de todos con todos que evite que cada 4 años se cambien las cosas por que ahora me toca a mi!!! Fuera de revanchas y de ideologias baratas.
Que temas como sanidad, educación y economía sean acordados y ejecutados a largo plazo bajo un acuerdo global y que esto se respetará gobernase quien gobernase.
Me parece la unica forma de hacer las cosas bien y con lógica....
Y a mis comentarios del famoso POST del 52.... ¡que sabio es el pueblo cuando opina en libertad!!... cuando se daran cuenta nuestros politicos...
Como bien dices Juan, que mi hipoteca baje, que mis niños tengan un futuro y que pueda vivir en libertad!!!
Saludos a todos.
Garcias, Marco, por tu visita y punto de vista. Pareceume interesante o punto de vista do editorialista do semanario nacionalista A NOSA TERRA.
Saúdos cordiais a todos.
Concordo co editorialista de A Nosa Terra. E, como non despabilen, as alcaldías van para o c.
Non sei, non sei. Non é ningunha tontería o que pasou onte. Afeitos como estabamos despois de tanto tempo a unha dereita con formas e fondos claramente herdados doutros tempos, chega un grupo de homes e mulleres novos como di o editorialista de ANT máis pendentes da ponte aérea Labacolla-Barajas ca das estradas do país. Coñezo a dous recén deputados por Coruña e dou fe da súa valía profesional e da súa altura ética e persoal. En fin, que non queda outra que pasar páxina. Como peor que os que se foron é imposible facelo en todos os terreos, eu creo que confiar nos que veñen é, de momento, a mellor opción. Iso me parece ser progresista. Botar o trombón de Baltar por diante é unha posición, á vista das listas do PP, un chisco retrógrada. Deixando isto de lado, o trombón de Baltar é, como o trombonista mesmo, un símbolo tan profundamente noso como os alcolitos ou os palafitos característicos do feísmo arquitectónico. Eu teño que recoñecer que o tío resúltame simpático. Dos que se van non podo dicir nin iso. De ningún, que xa é dicir.
Retrógrado e esperpéntico pero rigorosamente certo, señor Blanco: o trombón de Baltar segue a ser a santísima trinidade en Ourense, xunto coa lista dos que lle deben favores e as malas artes (dialécticas) amosadas por él na súa noxenta campaña. E precisamente a pedagoxía da cultura política nunha sociedade libre e madura ten por finalidade combater e erradicar eses atavismos, que nos fan enroibar a moitos. Por tanto, de simpatía polo personaxe, nasty de plasty. Falo por mín, obviously.
E falando de obviedades: confiar nos que veñen non é que sexa o progresista nen a mellor opción: e que é a única alternativa mesmo para os que non lles votamos (agás que un se constitúa en golpista ó xeito do crego televisivo don Crisanto).
Permítaseme un só exempliño: non creo que sexa moi progresista levar a efecto a amenaza da famosa reducción das listas de espera na sanidade mediante a desviación da demanda a centros privados. Sospeito (digo máis: teño a certeza) que hai moitos xefes de servizo dos centros de atención especializada fregando nas mans e lambendo o bico ante a posibilidade de poderen enviar os seus propios pacientes ás clínicas onde eles mesmos traballan a tempo parcial grazas a compatibilidade pola que parte do sector acaba de ir á folga días atrás. Tampouco se sabe o custe desas medidas, e cómo se levará a efecto o imprescindible control do gasto xenerado. En calquera caso auguro un aumento expoñencial do gasto sanitario (meu Deus!, o famoso "despilfarro"?), non necesariamente acompañado nunha mellora na prestación do servizo. Non falo por simple fatalismo nen por revanchismo de ningunha caste, senón por recentes experiencias históricas perfectamente documentadas. Por estas e outras razón, señor Piña, es harto complicado acordar políticas consensuadas en estas materias cuando los principios filosóficos son tan distintos. Por suposto que isto non ten nada que ver coa integridade persoal nen a valía profisional de ninguén, que se presupón. Pero para un candidato o falar non ten cancelas, e os papeis terman de todo. Estar pendentes da ponte aérea tampouco é, per se, garantía de nada, e parece mentira que o editorialista de ANT incorra nesas lixeirezas paifocas: líbrenos Deus que se importen certos know-hows aplicados na sanidade madrileña ou no sistema educativo valenciano.
Perdón polo rollazo e apertas tutti mondi.
Nada de perdón, amigo cansendono, faltaría máis. Os seus puntos de vista sempre son pezas de mérito. É un pracer discrepar con vostede. Concordar aínda máis.
Apertas.
Amigo Juanlu, agora comprendo a súa posición e non queda máis que respectala.
Se por unha banda non foi quen de discernir quen fixo a campaña máis suxa e, pola outra, se amosa a súa simpatía polo "trombón de Baltar" e a súa profunda antipatía por TODOS os que se van, a cousa está bastante clara. E se a maiores presenta como o non-vai-máis da modernidade e do progresismo o de estar "pendentes da ponte aérea Labacolla-Barajas", moito máis clara aínda.
Á fin e ao cabo, hai quen desexa que "a orde natural das cousas" sega o seu recto camiño: que gobernen os que sempre gobernaron, aínda que muden algunhas caras. A estes si, deámoslle todas as oportunidades habidas e por haber. Até o infinito e máis alá.
É unha opción.
Ehem.
Don Juan (xa ve que eu non lle chamo 'Juanlu'): Sabe por que o PP gañou os comicios??
Porque o seu admirado Baltar pronunciou nun mitin a palabra 'maricón' refirida a un contrincante electoral, e nada pasou.
Imaxine que pasaría se esa palabra a pronuncia Quintana refirida a un opoñente.
Velaí o cerne do asunto.-
Amigos: ben certo é que non hai nada que cegue máis ca a política. Se non foron quen de percibir a ironía da miña "simpatía" por Baltar (que é a simpatía polos alcolitos e o feísmo arquitectónico), non é, de certo, o meu problema. Polo demais, non entendo unha actitude tan negativa fronte ao que foi unha decisión contundente e maioritaria do electorado. Botáronos a gorrazos. Non é unha opinión miña, é un feito. Vender a pel do óso antes de matalo e crer que son os mesmos de sempre con outras caras, bueno, é unha opción, Api, como a miña (só que a miña é máis construtiva). Aló veremos. Quen está en posesión da verdade e coñece a fin de todos os camiños?
Polo demais, identificar como símbolo de modernidade que os de agora cambien as estradas polo aeroporto é unha inferencia súa, Api, que eu non formulei como tal. Véxoos un pouco adoecidos. Teñan un pouco máis de confianza no futuro (igual que a tivemos en 2005...)
Saúdos.
O de que a súa opción, Juanlu, é máis "construtiva" é un dicir, simplemente. Pretender que o novo goberno non vai ter ningún punto de conexión co pasado, como se o PP actual nacese inmaculado por xeración espontánea, é cando menos unha inxenuidade.
Tamén o anterior goberno nacera dunha "decisión contundente e maioritaria do electorado". Porén, iso non impediu que vostede, ao igual ca min, o criticase. Daquela, permita que, cando menos eu, tamén o volva a facer con este.
Naturalmente, dicir todo isto non obsta para admitir sen ningún tipo de reservas o veredicto das urnas.
Publicar un comentario