Sherlock Holmes e o Dr. Watson foron unha vez de cámping. Contra a tardiña cearon e, despois de trasegar unha boa botella de viño, foron deitarse á tenda de campaña. De aí a unhas horas, no medio da noite, espertaron e Holmes interrogou a Watson.
-Prezado Watson, que deduciría Vde. do que estamos vendo?
O interpelado, decidido a impresionar ao detective coas súas dotes deductivas, contestoulle:
-Astronomicamente, deduzo deste impresionante espectáculo que existen millóns de galaxias e, xa que logo, billóns de planetas. Astroloxicamente, vexo que Saturno está en conxunción con Leo. No cronolóxico, infiro que deben ser aproximadamente as 4:20 da madrugada. En termos teolóxicos, creo que a magnificencia e poder do noso Creador son abrumadores comparados coa nosa insignificancia. Meteoroloxicamente, en fin, deduzo que mañá será un día limpo de nubes e caloroso.
E vostede, amigo, que pensa do que vemos?
-Penso que cada día es máis gilipollas, Watson. Roubáronnos a tenda de campaña.
:) :) :)
Cun sorriso, envío a quen visite este local os meus mellores desexos de ventura, esperanza e paz neste Nadal.
5 comentarios:
Que así sexa para tí, amigo.
O mesmiño pasoulle a este servidor, nun campamento da OJE, penso que... Por volta de 1976.
Bo Nadal, amigo Blanco Valdés.
Coño, Medela, outra cousa que temos en común. Eu tamén funlle flecha, sempre adscrito á escuadra San Pelayo, patrón da Estrada. O tempora, o mores!
Eu funlle 'flecha' e 'arquero' no campamento 'Virgen de Loreto', Porto do Son.
Tamén fun instrutor de vela nas Sinas, Vilaxoán de Vilagarcía. Emprego mesmo acaído para un rapaz dun lugar tan 'náutico' como Lobeira...
Coño, alí mismiño, nas Sinas (glorioso "Paco Leis") botei varios veráns. O pequeno que é o mundo. E mire vostede se me instruíu en vela e todo?
Publicar un comentario