Quero aproveitar os últimos momentos do ano lembrando a Voltaire: à force de s'occuper des choses urgentes, on oublie les choses essentielles. Cando as cousas urxentes me abafan, procuro lembrarme das esenciais. É unha boa terapia.
Deséxolle, querida amiga, querido amigo, que, tocante ás cousas esenciais, teña vostede o mellor en 2009. O demais son ganas de tocar a paletilla. Feliz ano.
3 comentarios:
Don Juan: Que sexa moi feliz e que continúe coa lanterniña no fondo do túnel...
Unha aperta algo resacosa, ma non troppo.
Obrigado, Beato Medela, polos seus bos desexos. A ver se non se consume a batería da lanterniña...
Doume por apertado, Arume, e celebro que a resaca sexa leve.
Saúdos cordiais.
Publicar un comentario