Dixo o poeta hago mías las penas
dixo sentir nel a cuántos sufren
e cantar respirando. Eu non teño
moral autoridade para tanto. Nin forza
para cargar con máis penas alleas.
Pero canto, como todos, respirando
ou deteño por veces o respiro
e canto sen me importar perder o alento.
Estas limitacións recoñecidas,
eu fago, non obstante, miñas as estradas,
tal e como declarei recentemente
con gatos e porcoespiños rebentados,
oníricas preas dun universo único.
Eu reivindico as lavadoras oxidadas,
cíclopes poéticos por teren un só ollo,
mais na verdade ferralla nauseabunda
amante dos neumáticos,
cos que conviven na adúltera concupiscencia
que late maldita nos escombros.
Eu sinto cheos os containers
do lixo que a cidade envorca
e gomita, e regurxita na alborada
e recobro as volutas de fume repugnante
que levan canda eles os camións.
Eu son o bardo errante
que canta a beleza palafítica
de casas con patas, habitadas
por homes-can e palleiros case humanos,
irreverentes productos
dun doutor Moreau pailán e fato.
Non quero
redimir a ninguén do sufrimento.
Non canto
na verdade respirando.
Canto gomitando,
soporto a arcada e desfágome da náusea
de sentirme partícipe de todo
disfrazando o noxo con palabras.
dixo sentir nel a cuántos sufren
e cantar respirando. Eu non teño
moral autoridade para tanto. Nin forza
para cargar con máis penas alleas.
Pero canto, como todos, respirando
ou deteño por veces o respiro
e canto sen me importar perder o alento.
Estas limitacións recoñecidas,
eu fago, non obstante, miñas as estradas,
tal e como declarei recentemente
con gatos e porcoespiños rebentados,
oníricas preas dun universo único.
Eu reivindico as lavadoras oxidadas,
cíclopes poéticos por teren un só ollo,
mais na verdade ferralla nauseabunda
amante dos neumáticos,
cos que conviven na adúltera concupiscencia
que late maldita nos escombros.
Eu sinto cheos os containers
do lixo que a cidade envorca
e gomita, e regurxita na alborada
e recobro as volutas de fume repugnante
que levan canda eles os camións.
Eu son o bardo errante
que canta a beleza palafítica
de casas con patas, habitadas
por homes-can e palleiros case humanos,
irreverentes productos
dun doutor Moreau pailán e fato.
Non quero
redimir a ninguén do sufrimento.
Non canto
na verdade respirando.
Canto gomitando,
soporto a arcada e desfágome da náusea
de sentirme partícipe de todo
disfrazando o noxo con palabras.
2 comentarios:
E te ensanchas e te ensanchas.s
Arume:
Xa sabes aquilo de que agora ao plaxio chámanlle intertextualidade... No meu caso, pasando por Paco Ibáñez, a inspiración de Celaya foi só iso, unha inspiración, unha musa veleidosa e pasaxeira, coa que, ao cabo, polo teor do poema, no canto de ensancharme dáme a impresión de que "me estrecho, me estrecho".
Saúdos.
Publicar un comentario