13.2.09

Post de venres

Unha das cousas que máis estimulantes me parecen dun blog é que, como din que pasa cos cans, rematan por imitarlle aos propietarios (persoalmente, dou fe disto, pois —caso extremo— coñecín eu unha señora idéntica ao lebrel afgano que tiña).
Deste xeito, reflexo fiel dunha personalidade abigarrada, exuberante, barroca e poliédrica —palabra esta última moi de moda que, por certo, xa usei o outro día— nesta blog, coma quen muda os calzoncillos, cámbiase da edición á política, dos libros á reflexión social, dun chiste ou anécdota curiosa a un sesudo argumento sobre a tecnoloxía, ou, como ultimamente, do debate lingüístico (id est, a caixa dos tronos) á música dos oitenta. Sobre que a cuestión lingüística ía desatar o trebón non tiña eu dúbida. De feito, o meu post era conscientemente agresivo e —concedo— un chisco tocapelotas. O que non podía sospeitar era que os meus gustos musicais xerasen tanta polémica. Pero, bueno, o debate é sempre refrescante, e, como di o meu fiel amigo anónimo cun comentario recente, só se botan en falta unhas cervexas. Ao mellor, logo resulta que nos xuntamos Api, Medela, Arumes, Marco, Von Stein e máis eu e nos aburrimos coma ostras… Deixémolo estar.
En fin, que andamos últimamente neste local coa hormona un algo alterada e bo será temperar gaitas (é isto un falso amigo?) cun post que nos relaxe un pouco a todos.

Falando, pois, de gaitas e volvendo sobre a retranca —algo que de verdade adoro deste recanto verdegrís onde discorre cal fresco regato a nosa peripecia vital (joder, como me ha quedao)— quero deixar catro contributos extraídos directamente do natural, e que, alén da anécdota e o humor, expresan a ironía do non dito, a sorna do suposto, cerna, creo eu, da auténtica retranca, que, como os bistés de ternera ou o godello, debía ter denominación de orixe e o marchamo de Galicia calidade.
1) Visto no suculento programa (parabéns polo mesmo!) Larpeiros, da G: o tío pregunta á señora que vende os grelos na Praza de Abastos de Compostela:
-E como sei se son bos?
-Coméndoos!
2) Eu en Baio, terra da miña sufrida esposa. Entro nun bar e pregunto a dous parroquianos dunha mesa cómo vai o partido. Resposta:
-Van empatados. Un silencio. Aínda non empezou…
3) O propietario dun bar no que, de rapaces, parabamos, borrachón e magnífico cociñeiro do meu pueblo, preguntou unha vez a un amigo:
-Fulano, gústache o arroz con leite dun día para outro?
O meu amigo, relambéndose, respostou de contado:
-Moito, moito!
-Pois vén mañá, que imos facer hoxe e a ver se sobra.
4) Un que, cando tiña invitados a comer e alguén dicía que non moitas grazas, xa non quero máis, replicaba:
-Come ho, come, que total xa ía pros porcos…

Nice weekend! O malo do venres, como di un meu amigo, optimista militante, é que o luns está máis cerca.

16 comentarios:

Marco Piña dijo...

Muy buenos Juan!!!

Recuerdo el primer año que fui a Laxe y al dia siguiente me proponian ir a pescar. En la conversación salio por parte de uno de la pandilla del lugar que necesita "miñoca" para el día siguiente.

Por no demostrar mi ignorancia evite preguntar al respecto, pero la idea de que coño queria decir con la "ñoca" mia no podía dejar de dar vueltas al tema.

Asi que ni corto ni perezoso fui a preguntar a "miña" suegra y esta se esta aun riendo junto a mi mujer al respecto.

Para todos aquellos ignorantes al respecto adjunto link de la famosa "ñoca" del turista madrileño.

http://gl.wikipedia.org/wiki/Mi%C3%B1oca

Saludos y buen finde semana.

Anónimo dijo...

"Ao mellor, logo resulta que nos xuntamos Api, Medela, Arumes, Marco, Von Stein e máis eu e nos aburrimos coma ostras".
Home, amigo, iso seguro! Qué van a facer os seis sen min? .. Ou é que non quere que vaia?
Cagontodo, Valdés!

arume dos piñeiros dijo...

Home, eu, a verdade, don Juan, entrei no dos oitenta con afán de litigar en algo interesante ;)). E digo esto co mesmo afán de litigar.

E podo asegurarlle, amigo don Juan, que conmigo non se ía aburrir. E creo, polo que sei, que cos demáis, tampouco. E sen necesidade de birras.

Javier Travieso dijo...

Otro gallego por aquí. Que agradable sorpresa

Soy de Compostela, y llevo un Blog de expresión lírica, ensayística y literaria. Estoy tratando de darlo a conocer un poco.

Pincha en mi enlace si te apetece echarle un vistazo. Podríamos hacer un enlace mutuo de Blogs

Un Abrazo

Anónimo dijo...

Aí vai! Sr. Travieso! Un blog de expresión lírica, ensaística e literaria! Iso si que debe ser superdiver! Chupi!
(É brincadeira, eh? Non se me ofenda. E perdoe as confianzas, pero non podía deixar pasar a oportunidade)
Arumes: seguro que o ían pasar ben, sobre todo se vai o do Atleti. Unhas risas...

juan l. blanco valdés dijo...

Anónimo: por aquilo da confianza, igual que practico o truncamento con Apicultor e o deixo nun afectivo Api, faríao con vostede pero o que ía quedar non me convence moito, a verdade. En fin, amigo Ano Nimo (nin así...), se o esquecín foi dun xeito absolutamente involuntario. En que carallo estaría eu pensando. A vostede nin fai falta que o invite.
Marco: ¿finalmente encontraste tu ñoca?
Travieso compostelano: se visitará el blog, no lo dude. Gracias por su visita e incitación.
Arume: non renuncie ás birras. Lembre o anuncio de Heineken e as chicas no vestidor. Por certo, ultimamente neste local cheira demasiado a home ¿Non entrarán señoras nesta bitácora ou é que non deixan comentarios? Eeeeiiii! Hai algunha chica por aí?

apicultor dijo...

Juan Luis, habida conta da toma de confianza que implica chamarme polo diminutivo Api, supoño que non terá inconveniente que, de aquí en adiante, o chame Juanlu. Purita reciprocidade.

Boa fin de semana.

juan l. blanco valdés dijo...

No problemo. De feito, o meu pequeno chámase Juanpe. Home, o de Juanlu soa un pouco cursilón, pero se lle gusta...
Agardo, en calquera caso, que a confianza non lle moleste.

Marco Piña dijo...

Juan, respecto a la publicidad en tu blog, alguien te ha suscrito al servicio publictario en http://www.weborama.fr .

Contacta con ellos porque debe haber algun listo haciendo caja cada vez que pinchan la publicidad que aparece.

Ha debido ser por el numero de comentarios del famoso tema semanal... :-)

Un saludo.

Borja Ricky Medela (turista en El Pindo) dijo...

Pois iso de Juanlu sóame moi ben. Todos os individuos da especie homo sapiens sapiens que eu coñecín con eses hipocorísticos: Juanlu, Josema, Chema, Ricky, acostumaban ir en potentes motocicletas e cultivaban a amizade de repoludas e exhuberantes señoritas... Mmmmmmm; esa especie especial da especie sapiens, esa tribo que habitaba os veráns de Cabana, Laxe, O Pindo, Porto do Son, e xa me perdo.
Ouviu, don Juanlu: Un apuntamento para o seu vocabulario retranqueiro.
Un galego pregunta a outro: 'E logo para onde vas?'. O interpelado responde, con cara de póquer: 'Para vello...'.

Nada, dóelleme a cabeza, don Juan Luis. Saúdos.-

P.D.: Ouviu, don Juan: Luís leva ou non acento ortográfico no i?

Juan L. Blanco Valdés dijo...

Asegún. En galego normativo ilganita ortodoxo 5.1 si, pois é hiato e non ditongo como no dialecto do centro peninsular.
Unha de retranca aínda mellor: un amigo tróuxome dunha viaxe por aqueles andurriales pan ácimo do Tirol, sen levedar. Topei un día en Baio un amigo moi sosca e cando me preguntou a que andaba díxenlle que nada, que alí estaba comendo pan do Tirol. Convideino e convidouse e, ao que ía roendo naquela oblea dura, díxome Carallo que teñen bos dentes aí no Tirol.
P.S. Por favor: Juan, Juan Luis, Juanito, Juanillo, Juanín, Hans, Jean, Xoán, Xan, Jan, Hänschen, Johann, Johanes, Gian,Valdés, Blanco, Blanco Valdés, Giovanni, Gianni... o que queiran menos Juanlu.

Medela dijo...

João???
Luís???

medela dijo...

Jack, talvez?

Anónimo dijo...

Resposta galega para engadir ás boísimas que xa puxo aquí:
"Asegún. En galego normativo ilganita ortodoxo 5.1 si, pois uí é hiato e non ditongo como no dialecto do centro peninsular."

Sube ou baixa?

juan l. blanco valdés dijo...

Mira que esquecerme do portugués-galego setentrional da norma de Compostela: o Joaozinho mesmo! Obrigado Medela. Imperdoável!!
Anónimo: paseando un día por un camiño topei un tipo que trata en madeira, máis resabiado ca o carallo. Deille as buenas tardes e díxome:
-Uns ides prerriba e outros ides prebaixo. Bueno.
Bueno.

Anónimo dijo...

Cóntelle eu unha en asturiano.
Un meu primo moi querido ía dando un paseo polo monte, alí en Asturias. Andaba despistado e atopou un vello que ía cun caldeiro na man. Preguntoulle: "Tien hora?" (léase co coñecidísimo acento mierense, o mítico de "yes de Mieres? Tienes perru?"). E o paisano respostoulle: "Si, hom!" "Y que hora será?", volveu preguntar o meu primo ao ver que o paisano non facía aceno de respostar máis. E dille o home co ton máis lóxico do mundo e amosándolle o caldeiro: "La hora d'ir cata'les vaques, nin!" (A hora de ir muxir as vacas, rapaz)