11.2.09

Crisis what Regatta de Golpes Bajos

Iso que chaman amor a primeira vista funciona, case exclusivamente, coas mulleres. E, como aos homes nos gustan case todas, funciona sempre (todo o que antecede dígoo, claro, na miña condición de varón, e se hai algún lector que ouse desmentilo, que se atreva...). O amor a primeira vista é máis raro con calquera outra cousa, digamos, menos carnal. Cos libros e a música, creo, é algo excepcional, máis excepcional aínda coa música que cos libros. Cantas veces non temos experimentado oír un disco que, de primeiras, non nos di gran cousa e, condenado cruelmente a un stand by indefinido, recuperámolo meses despois e nos marabilla? Pensamos nese momento: joder, que bo, tío, en que estaría eu pensando a primeira vez que o escoitei!? Un libro que deixamos co fastidio do ennuyé farto de ler parvadas, recobra un bo día unha luz, un brillo, uns contrastes que non fomos quen de percibir na nosa primeira cita. Logo recomendámolo aos nosos próximos coa prevención do desenganado: Mira, de entrada non me gustou e tardei en collerlle o tranquillo. De feito, deixeino. Pero relino agora e encantoume.
Serán os biorritmos? Será o noso estado de ánimo? O tantas veces ponderado contexto da lectura? Será a hormonilla, que andaba revolta aquel día, a dixestión, a tensión arterial, os triglicéridos? Chi lo sa! Somos seres poliédricos, complexos, de cerebro e corazón en permanente e dialéctico trajín.
Ora ben, non habendo regra sen excepción, eu teño gardados coma ouro en pano momentos musicais de amor a primeira vista, escasísimas descobertas sensoriais só comparables a ver naves en llamas más allá de Orión ou rayos C brillar en la puerta de Tannhäuser. Contarei, hoxe, tres experiencias místicoauditivas.
1) Unha tarde dourada de 1976 na casa de campo dun grande amigo, que tal vez me estea lendo, mentres xogabamos nun prado ao crocket, o aire alegre da primavera tróuxome as melodías de Poor Boy, Easy does it, Sister Moonshine ou Lady de Crisis what crisis? de Supertramp. Mentres detiña a partida e me aproximaba atónito ao tocadiscos descubrín liñas melódicas, pianos, voces, metais, bases rítmicas, fusións de estilo, baixos e sintetizadores dunha orixinalidade absoluta, dunha brillantez que, alén da técnica, lindaba coa máis pura poesía sonora. A escalofriante e apaixonada voz de Hodgson en de The Meaning (non se prive, por favor, e siga lendo) ou os compases finais de Another Man's Woman -sintonía por varios anos do programa da TV Informe semanal, lembra?- son momentos musicais que aínda me enchen de gratitude e emoción.
2) Unha noite de inverno (1980?) mentres chapaba para un exame de Lingüística, a piques de sucumbir á doce aperta de Morfeo perante o escaso estímulo que a gramática xenerativo-transformacional me transmitía, busquei auxilio na radio. No momento de ligar o aparello, Ramón Trecet, dende Diálogos con la Música, anunciaba coa súa voz característica: "Que viene la Policía!". E pinchou Message in a bottle. Vin entón a porta de Tannhäuser e naves más allá de Orión. Foi un impacto simplemente brutal. Ao día seguinte, tras unha busca enfermiza, merquei Regatta de blanc e por vez primeira vinlle a jeta a Sting, Steve Copeland (grandísimo drummer e compositor) e o mercenario Andy Summers. Unha semana despois Message in a bottle estaba xa medio raiada e chea de "neve" de tanto picala no meu ruín tocadiscos philips.
3) A voz de Germán Coppini pedindo, co énfase do agorafobo desesperado, No mires a los ojos de la gente, me dan miedo siempre mienten. No salgas a la calle cuando hay gente... constituíron outra impresión memorable, que non son quen de fixar en circunstancia espazo-temporal concreta. O primeiro maxisingle dos Golpes Bajos, que incluía ademais Malos tiempos para la lírica, sinala, desde logo subxectivamente para min, pero creo que tamén de maneira obxectiva, un antes e un despois do pop en Galicia. Son deses temas que sae un de cada dez mil.

Bisbal tamén me gusta, pero xa é outra cousa.

23 comentarios:

Anónimo dijo...

Non tiven ningunha experiencia mística con Supertramp e, penso, non a terei nunca.
Con Police, no Popgrama (calcule, calcule o que ten chovido) puxeron o vídeo de Walking on the Moon. Non tiven (nin inda teño) palabras para describilo. Cando escoitei Bed's too big without you... Miña madriña!
No mires a los ojos de la gente... Lembro perfectamente. Estaba eu na casa dos meus pais probando un dos últimos (quizais o último) xersei de lá calcetado pola miña nai para min (acabou na lavadora, de onde saíu dun tamaño apropiado para un caniche). Debín escoitar aquel disco unhas 20 veces daquela soa vez (torturas ás que os fillos sometemos aos pais), aprendendo a letra de tódalas cancións. Poucas veces máis puxen aquel disco e inda lembro parte delas.
Algunha outra experiencia místicomusical? Todas e cada unha das veces que escoito a Bob Marley. Non importa a canción nin as veces que a teña escoitado. Transpórtame. Aló vou. Sen remedio. Coma unha droga. Só de pensalo xa se me pon "el pelo de gallina". Poña Stir It Up. Seguro que a ten por aí e déixese ir. Á miña saúde.

Anónimo dijo...

E falando de Bisbal, que se me pasaba.
Ten unha canción, "El alma en pie", que me pon. É así tipo sintonía culebrón, como aquela que cantaba Carlos Mata en La dama de rosa, que se titulaba "Déjame intentar" (hai que tratar de dicir "déhame intentar", que non é tan fácil, amigo) e que inda me pon tamén o "pelo de gallina".
Esta de Bisbal ten, para rematar, ata unha modulación desas de libro, e versos como
"Y de buenas a primeras en quien confiabas
se va, llevandose los muebles de tú corazón" (los muebles de tu corazón, tío! los muebles de tu corazón!, Salinas! tiqui-taca, Salinas! tiqui-taca!),
ou
"El tren pasa una vez
por ti no volverá
que sepas tú, que cómo yo
ningún amor se entregará" (im-presionante! torero!)
ou
"Cuántas horas he esperado tu llamada ausente,
o tu voz arrepentida en el contestador" (tu llamada ausente, colega, tu llamada ausente! Decátaste? Isto é inolvidable, como o aceiro)
Voume dar un chute de "El alma en pie" e de postre outro de "Déhame intentar". Tanto Springsteen tanta merda...

arume dos piñeiros dijo...

Por que me soa o do xersei de lá calcetated? E o do Bob Marley? E a tirria contra Supertramp? Por que me soa?

Anónimo dijo...

Home, tirria tirria... O que pasa é que tanto pop, tanto arreglito, tantas voces empastadas, tanto saxo, tanto flanger, tanto piano eléctrico e voz de pito... Non sei... Home, na consulta do dentista, polo baixiño, e entre Julio Iglesias e Harry Nilson (uooooooo uooo uooou), teñen un pase.
Pero oiga! Se ao amigo Juan lle gustan... Nobody's perfect!
Por certo e non ten nada que ver: viron vostedes a portada de A Nosa Terra? Non? Pois corran, corran! Ecce Homo! (perdón o latinajo, é que se me pega de tanto entrar neste blog) Alí está Barck Quintana! Tal cal! Como o len! Isto é peor que o de Supertramp!
Necesito un post con esa portada xa.

arume dos piñeiros dijo...

Supertramp, Génesis, Yes: só se podía escoitar iso con axuda sicolóxica.
Por certo, ten vostede publicidade no seu blog? Se non, entra un anuncio cada vez que o visito.

arume dos piñeiros dijo...

Xa aviso: con este post vai superar a marca do anterior. Mira que gustarlle supertramp...!!!

Anónimo dijo...

De primeiras entendín "con axuda sociolóxica", que tamén, claro.
E tamén estaban Boston ou EL&P. Qué virtuosismo! Qué cousa!
Record de visitas: con nolos dous desataos, así calquera!

Anónimo dijo...

Eu a Supertramp os vi hay moitos anos en Badalona, me colei por un ventanuco no pabellón, foi como escoitar un disco con señores facendo que tocaban no escenario, a mesa de mezclas era máis grande que o escenario. Menos mal que non o paguei. Jaime.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Este ano, Cómplices na campa da festa, para grupos modelnos, en As Pontes: total rexistradas 50 persoas. Podía ser o frío, pero no palco da música, a escasos trescentos metros, media bisbarra eumesa. Sic transit gloria mundi.

juan l. blanco valdés dijo...

Ollo: non dixen que me gustara Supertramp. Dixen que me encanta, me flipa Crisis, what crisis de Supertramp, un disco sen desperdicio, que golpeou a miña melomanía con doce mazo de ferro. Sosteño que é unha das mellores producións do pop de mediados dos setenta. A flauta e o burro, porque todo o posterior de Supertramp paréceme unha p.m., lixo comercial. Bob Marley paréceme incomestible, pero non me fagan moito caso porque en punto a gustos musicais, como en tantas outras cousas, un é ben rariño. O que vostede, amigo Arume, recomenda para o dentista e o sicólogo (Yes, Genesis, EL&P e un longuíiiisimo etcétera) son a miña fundamental escola melódica e están asociados a calquera cousa menos o dentista e o sicólogo, podo asegurarllo. Quizais debese volver vostede sobre eles.
Genau: ¡Niemand ist vollkommen. Nin eu (que xa é dicir).
[P.S.Sobre o da publicidade emerxente, pois que queren que lles diga: non teño nin idea de a que se debe. Misterios de París].

Anónimo dijo...

Pois que me perdoen os ponteses, pero a día de hoxe os Cómplices teñen o mellor directo que se fai en España. Puro espectáculo, dinamismo, cambios de vestuario, marcha a tope... O Cardalda é que o dá todo, baleirase no escenario. Non hai máis que velo. Todo actitude.
Inolvidable, repito, como o aceiro.

Iacobus Von der Stein dijo...

Señores pechen a cancela que van vellos. A un Supetramp, Police e Golpes Bajos, o outro Yes e EL&P e para rematala os Cómplices que son lo no va más e todos suspiran polo Bisbal
Medelaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaa, ven o meu rescateeeeeeeeeeeeeeeeeee

P.D. Non me extraña que me adique integramente ao Rioxa, e Arume se escacha por que son do Atlético¡ veña xa! a rañala................

Anónimo dijo...

Uy! Uy! Uy! Lo que me ha dicho D. Juaaaaaaaaaaaaaaan! Uy lo que me ha dichooooooo! Son vostedes testículos (testemuñas pequenas) de que me acaba de faltar. Bob Marley incomestible! Arumeeeeeeeees! Pero isto que é! Menos mal que a crítica ven dun señor ao que lle gusta a música do telediario (cito do post: "os compases finais de Another Man's Woman -sintonía por varios anos do programa da TV Informe semanal") que se non... montábaa.
Pero, claro, o Sr. Valdés resulta que foi a unha "escola melódica" (vese que non modélica) e non pasou nin pola "rítmica" nin pola "harmónica", o trivium musical. Claro. Así se entende. Agora vainos dicir que ten toda a discografía de Michael Nyman e sabe deus que cousas New Age descubertas nalgunha experiencia mística nos ascensores do Corte Inglés. Sr. Valdés, Sr. Valdés... Escoite algo de música, hombre.
Iacobus: en gustos musicais é verdade que non hai nada escrito, pero o do Atlético... Manda cojones! Iso non ten xustificación! Gil y Gil! O doutor Cabezas! Os oriundos! Por favor, Iacobus, que estamos a falar en serio. So falta que me diga que lle gusta o Fary e, veña!: nos hacemos unas pajitas?

arume dos piñeiros dijo...

Digo o da publicidade por se non sabe que se están aproveitando do éxito do seu blog: como aquí veñen moitos detractores de Supertramp (e de todo aquelo que se deu en chamar rock sinfónico) e polo tanto xente con bó gusto, entenden os publicistas que aquí hai mercado interesante.

juan l. blanco valdés dijo...

Iacobus: vexo que mantén vostede unha envexable e perenne xuventude. Que escoita, os Jonas Bros.? Vanlle ao pelo.
Anónimo: cando leve vostede escoitado a quinta parte da música que levo escoitado eu, terá que afeitarse. O meu primeiro disco foi o single dos Beatles (sóanlle?) con Let it be e You know my name. Tiña dez anos. Meu avó foi refundador e director durante moitos anos da banda de música da Estrada. Era profesor de piano e tocaba o violín e o chelo. A miña nai toca o piano e unha tía, xa falecida, o violín. Medrei entre música e instrumentos musicais. Logo toquei a batería en dous grupos, co último dos cales gravei dúas maquetas. Ademais de dúas guitarras (unah acústica e unha eléctrica) teño toda a discografía de Nyman, Wim Mertens, Alex de Grassi, William Ackerman, Michael Hedges, Naná Vasconcelos, Flora Purim, George Winston, Nightnoise, Andreas Vollenweider, Marcelo Torres, Philip Glass, Loreena McKennitt, Astor Piazzola, Tangerine Dream, Klaus Schulze, Ralph Towner, Michael Manring, Ray Obiedo, Liz Story, Diane Krall, William Coulter, Shadowfax, Barbara Higbie, Keith Jarrett, Egberto Gismonti, Keola Beamer, John Scofield, Chick Corea, Darol Anger e Gary Burton, algúns deles comprados, en efecto, en El Corte Inglés, e moi recomendables para desintoxicar oídos afeitos a certas murgas. Supoño que vostede adquire a música en Jamaica.
Que lle aproveiten moi ao seu gusto os rastas, o reggae

Anónimo dijo...

Aí, Valdés, aí. Os Jonas Bros! Aí lle doe! Xa verá como o Iacobus "Artechenbauer" Von Stein non queda calado.
Vaia, vaia. O seu primeiro disco foi dos Beatles... E ademais o Let It be... E tiña dez anos... Non me crerá, pero xa o sabía, como sabía o de Nyman. Tería apostado o collón esquerdo (e estou seguro que Arumes o dereito). É que é vostede de libro! Cánto dano fixeron e fan os Beatles aos nenos!
Tamén pode estar seguro de que, malia afeitarme para arriba, como xa terá observado, non teño escoitado a quinta parte do que escoitou vostede. E visto o visto, teño que dicir que afortunadamente.

P. D: Oviedo é con v. Este Ray...

juan l. blanco valdés dijo...

Non. Obiedo é con b. É un chicano. Ten 614.000 entradas en Google.
Recíclese.

Anónimo dijo...

Uy lo que me ha dicho otra veeeeeeeeeeez! Que me recicle! Ben pensado, falta que me fai, inda que preferiría que me reutilizaran antes. Angelinaaaaaaaa! Onde estas? Reutilízameeeeeeee!
614 000 entradas en Google! Qué pasada! E iso que non sabe nin cómo se escribe o seu apelido! (é o que ten o jazz, que é tan absorvente e intelectual que non hai cabeza para máis)
A ver Marley... Vaia! 21 000 000 de entradas. Co malo que é! Cómo é que ten máis entradas que o Biedo ese? Debe estar mal o contador. Ande, dígalle ao seu amigo de Google que o revisen.

P.D: Qué ben o estou pasando. Mágoa de cervexa fresca.

juan l. blanco valdés dijo...

Pois déase unha voltiña por Compostela, como fai de cando en vez Arumes e deixe de fustigarme co látigo da súa indeferenza. A cervexa págoa eu (unha,eh, que me parece vostede medio bebedor. Dígoo pola música que escoita).
Eu tamén estouno pasando de moita ostia con tanto debate.

Iacobus Von der Stein dijo...

Tiven que acudir a un buscador para saber de que van eses Jonas Bros. ,¡bah!, non están mal, os Satélites revisited.

Juan L. Blanco Valdés dijo...

Ou os Tamara con Manolito el Pescador. Probe con Marta Sánchez. A esa a coñecerá,ou non?

Iacobus Von der Stein dijo...

Quén é Marta Sánchez?. Non será a cantante de Olé, Olé, do barrio das Flores da Coruña. Si home si, a esa sí, pero seguro que non é esa.

Anónimo dijo...

Do Barrio das Flores? Coido que non é a mesma, non.