Lampérez y Romea, Vicente: Historia de la arquitectura cristiana
Ortega y Gasset, José: El espectador
Gabriel Daniel, Padre: Compendio de los sucesos de el reynado de Luis XIV el Grande [curioso volume en oitavo, impreso en Sevilla, en
Gomá y Tomás, Cardenal Isidro [¡¡¡¡!!!] Los Santos Evangelios
Romanones, Conde de (Álvaro de Figueroa): Y sucedió así
Sabatini, Rafael: Bellarion, novela [seguen seis títulos máis do mesmo]
Orczy, Baronesa: Flor de lis, novela
Brontë, Charlotte: Jane Eyre, novela
Gobineau, José Arturo, conde de: Novelas asiáticas, volumen I
Taine, Hipólito: Filosofía del arte
Mill, John Stuart: Autobiografía
Hume, David: Tratado de la naturaleza humana, volumen I
Rousseau, Juan Jacobo: La confesiones, tomo I.
Que se lle vai facer! Ver a cousa coa sentimentalidade e poesía do caso: a biblioteca do avó, logo de papá, en fin, tantos anos de amor aos libros e un apetito intelectual tan encomiable… Esas cousas. Porque visto o asunto dende a tentación irresistible do materialismo abxecto, o que lles digo: unha herdanza do carallo. Mudanza, instalación, gastos, carcomas, obras na casa para acomodar tanto librote, desavinzas conxugais (un día marchades ti e máis os libros, xa saben).
A cousa, en fin, deu tamén para unha fascinante e casual inspiración metafórica da nobre arte de escribir. Resulta que o bo do avó, secretario que foi do xulgado municipal da Estrada, tivo a feliz ocurrencia ―eran feos tempos de escaseza― de efectuar o inventario escrito da biblioteca aproveitando algún formulario impreso que lle acomodara ao caso e este foi un caderno apaisado de 31 x 21 destinado a Registro de Procesados Declarados en Rebeldía, unha extraordinaria derivación estética da cerna da literatura. Atopar, por exemplo, na columna Apellidos y nombre e Señas actuales conocidas a "George Sorel" e en Delito y su fecha "Los sindicatos obreros y su porvenir" non deixa de proporcionar a tan singular repertorio un valor especial.
2 comentarios:
"Un día marchades ti e máis os libros". Se eu lle contará! E iso que non tiven herdanza.
Un saúdo.
ja...ja..pois eu penso que o seu avó ben sabía o que facía cando elixiu ese formulario para rexistras os seus libros. E non se me queixe da herdanza, a maioría das veces só nos queda do avó unha vella carteira de coiro, un par de gafas e a caixa de menciñas. ¡aperta dominical!
Publicar un comentario