Unha enquisa di que, polo visto, os españois somos dos máis negados da UE para a aprendizaxe e o uso de segundas linguas. Podo dar fe de que, en efecto, botei sete anos do antigo bacharelato empezando, curso a curso, a aprender francés e partindo do mesmo punto, a base duns cursos en filminas (da marca Sonimage) nas que unha nena border line que atendía por Puchi era protagonista dunhas aventuras estrañísimas e en extremo ridículas. A falta de conexión dos corenta rillotes rururbanos (máis rur ca urbanos) que compoñían as aulas do meu bacharelato coas peripecias de Puchi explica acaso por que a pobre profesora de francés de xeito sistemático remataba as clases chorando. En fin, vallan estas liñas de homenaxe de gratitude polo intento, señorita Bravo.
Tal vez un moi deficiente ensino das linguas, polo tanto, estea na base deste déficit comparativo cos nosos veciños europeos. Podo dar fe, en troques, de que non hai mestre como a necesidade. A un fulano dunha aldea próxima á miña vila coñecín eu en Hannover, home mouro, rexo e pequenote, cos estudos máis elementais, que levaba un taxi nesa cidade da Baixa Saxonia e falaba alemán coma un nativo. Como, con todo, tiña un sotaque estraño, cando lle preguntaban el, aproveitando a súa fisionomía, dicía que era turco: así non teño que andar dando explicacións, razoaba o bo do home. Ser, era de Toedo, concello da Estrada.
Isto dos idiomas lémbrame un conto ben gracioso. É o do guiri, con pinta de guiri rematado, que, de peregrino polo Camiño de Santiago, e non atopando unha fermosa igrexa rural románica que quere visitar, pregunta a dous labradores, pai e fillo que labouran nunha leira. O diálogo desenvólvese así:
-Excuse me, I’m looking for the local church.
-Perdone pero non lle entendo o que me quere dicir.
-OK! Le chemin pour l’eglise, de l’église?
-Oi que carallo! Que non lle entendo. Non fala español ou jallejo?
-The way to the church, the local church?
-Que non lle entendo, ho!
-La via per la chiesa, la chiesa, l’église
-Nada, hom, que non sei que me quere decir.
O guiri, desesperado, desiste.
-Ok, I’m sorry. Many thanks. Good afternoon!
O rapaz asente coa cabeza, mentres ve alonxarse o tipo e coméntalle ao pai:
-Por eso, papá, que bo é saber idiomas na vida!
E o pai agarrando outra vez o legón retruca:
-Si, ho! Mira pa que carallo lle serviron a este!
17 comentarios:
Hai pouco lin no País unha carta que contaba cómo estando na praia e rodeado de turistas un neno se perdeu. A nai, desesperada, pedíu axuda. Os franceses, italianos e portugueses que alí estaban, mal que ben entenderon o que pasaba:Il ragazzo perduto, l'enfant c'est perdu...pero un inglés que estaba alí tamén, miraba con despiste para todos lados sen saber qué carallo pasaba. Por fin o italiano dixo :"qui" e todos captaron con alivio que a procura do neniño terminara ben , agás o inglés.
De ahí se deriva que unha persoa que fala tes línguas chámase trilingüe; unha que fala dous, bilingüe e unha que fala só unha língua, chámase inglés.
Por certo, eu tiven unha estupenda profe de francés e poido dicir que todo o que sei llo debo a ela, que nos fixo ata ler a Sarte en francés!!!!
(Disculpad la respuesta en castellano)
Aparte del toque ironico creo que es algo serio a tener en cuenta en nuestro sistema educativo.
Nos guste o no el idioma fundamental y mas primado por las empresas hoy en dia es el ingles.
El porcentaje de españoles con un nivel minimo es realmente preocupante, sólo uno de cada tres españoles, el 27 por ciento de la población, se considera capaz de mantener una entrevista en inglés, porcentaje once puntos menor que el 38% de la media europea.
En base a esto solo quiero poner una reflexion. Creo y estoy de acuerdo en la conservacion tanto lingüistica como cultural de los idiomas autonomicos pero del mismo modo creo que se esta penalizando el futuro de vuestros hijos. Me parece correcto que se enseñe gallego a vuestros hijos, pero sinceramente ¿pensais que este es el escenario mas favorable para su proyeccion profesional futura?.
No seria mas logico fomentar e incentivar un mayor estudio y nivel en ingles y ponderar el resto a partes iguales en castellano y lengua autonomica.
Al fin y al cabo el 100% del tiempo familiar, amigos, television,etc.. es alrededor de su idioma nativo, lease castellano o autonomico.
Yo que vivo en Madrid, donde no existe lengua autonomica, veo con preocupacion este escenario en las diversas Autonomias pero por otro lado ¡que gran ventaja de mis hijos frente a los vuestros!.
Mientras los vuestros adquieren un excelente nivel de gallego los mios lo hacen en ingles y esto en un ambiente laboral competitivo y global supone una ventaja al respecto.
Cierto es que no podran opositar ni acceder a la Xunta, Generalitat Catalana o Valenciana o Balear, o en el Gobierno Vasco (no saben el idioma autonomico tan basico en dichos territorios) pero a cambio tendran la oportunidad de desarrollar sus carreras en el resto del 99,999% del mercado laboral mundial.
Aunque quizas pensandolo bien la Comunidad de Madrid deberia pedir en las oposiciones a la CAM el mismo nivel de ingles que el resto de Autonomias en su idioma autonomico, por eso de compensar la discriminacion. Por supuesto los andaluces, manchegos, aragoneses y extremeños deberian hacer lo mismo.
Todo este discurso que puede ser considerado "nacional, fascista, centralista,excluyente,etc..." sin perder el sentido del humor y por crear polemica y conflicto - lo cual considero enriquecedor - un fuerte abrazo a la tierra gallega que siempre me adopto sin mirar idioma o procedencia.
Un saludo.
(Disculpad que ho haya acentos pero hoy escribo via portatil con teclado configurado en ingles).
Magnífico pos, coma sempre. Había tempo que non pasaba por aquí pero véxoo en forma. O chiste final xa o sabía, pero é boísimo.
Certo é que o ensino de idiomas neste país é ben malo, pero para min que a razón de que nos custe tanto aprender unha lingua foránea é, como vostede deixa entrever, a falla de necesidade. Eu fago unha pro(a)posta a calquera que lea esto: miren para cantos dos seus compañeiros de bacharelato, incluídos vostedes, non importa onde acabaran, foi preciso saber máis inglés ou francés do que aprenderon daquela. Tende a cero. Inda se preguntara cantos o botaron de menos, non en momentos puntuais, senón para algo importante, a cifra seguiría tendendo a cero. E é que, amigos, alguén o ten que dicir (inda que estea cobrando fama de destroyer): que o inglés (do francés xa non falamos) é imprescindible para a vida é un tópico que se vai acercando cada vez máis á falacia, e que é unha vantaxe, outro tanto do mesmo.
Alguén dirá, bueno, pero para andar polo mundo é mellor sabelo. Pois claro, non digo iso. Digo que un tipo da Estrada ou mesmo de Madrid pode vivir (e algúns incluso moi ben)sen ter npi de inglés, toda a súa vida. É máis: máis dun que está empeñado en que os seus fillos dominen o inglés ten unha vida e un traballo impresionante sen saber nin papa. E algún incluso é feliz.
Para afirmar que é cuestión de necesidade, digamos tamén que naqueles lugares deste país onde temos a desgraza (ou iso parece) de ter dous idiomas, a cantidade de xente que os fala e os escribe correctamente é enorme, o que quere dicir que xenético non é, nin falta de intelixencia nin de capacidade. Nos lugares onde temos esa desgraza, digo, porque naqueles que non teñen máis ca un idioma a intelixencia e a capacidade para facelo inda a teñen que desmostrar.
Como dijo un día Albert Einstein:
"Todos somos muy ignorantes. Lo que ocurre es que no todos ignoramos las mismas cosas."
Como dixo un día Albert Einstein:
"Todos somos moi ignorantes. O que ocorre é que non todos ignoramos as mesmas cousas."
Sr. Blanco
Lembrei unha historia sobre a necesidade dos idiomas e a dificultade de aprendelos que igual xa sabe. Conta a historia dun tipo (coido que era de Cariño) que emigrou a Alemania nos '60 e cando retornou aos 30 anos inda non sabía nin unha palabra de alemán. Cando os seus antigos conveciños se enteraron e lle preguntaron como era iso, respostoulles: "e que o alemán é moi difícil e como vivía nunha vila pequena ensineilles galego".
¿Qué hace un gallego cuando tiene frío?
Se acerca a la estufa.
¿Y cuándo tiene mucho, mucho frío?
Prende la estufa.
¿Te retratas?.Fin de historia.
__________________________________
Que fan un galego cando ten frío?
Achégase á estufa.
E cando ten moito, moito frío?
Prende a estufa.
Retrátasche?.Fin da historia.
¿Chiste anti- gallego de Marco?
Obrigado, sinceramente, Lula, Marco, Highway, Madrilé aos puntos de vista e comentarios. En efecto, pódese vivir ben feliz sen lavar o coche os sábados, sen comprar a barra de pan e o xornal en chándal, sen caer nas redes de Viaxes Marsáns, sen ter Internet na casa e sen falar inglés. Só que cada vez o círculo se estreita máis e resulta máis difícil, pola inercia que é un dos motores máis poderosos das sociedades, escapar a todo iso. Os báquicos defenden que In vino veritas. Eu, que son un pasteleiro de moita ostia, teño modificado a sentenza consonte o punto de vista que define a miña existencia: In medio veritas. Así é que coincido con Marco, a risco de ser tildado (como adoito me ocorre) de españoleiro, en que na harmonía (creo que imposible neste país de maximalismos) entre a defensa razoable dunha cultura, un país e unha lingua na que me sento acojonantemente ben (e ti tamén, Marco) e a internacionalidade crecente do mundo en que vivimos está a clave. Falando de Einstein, cando preenchía o formulario de acceso a USA na cadro correspondente a raza puxo humana. Un xeito bastante frívolo de rematar a cuestión é formularnos todos qué diriamos se aparecese a fada madriña políglota e nos dese a opción, a a ou b e sen medias tintas, de decidirmos que lingua prefeririamos, automaticamente e por vía máxica, dominar:
a) galego.
b) inglés.
Moi bo o da estufa, Marco (non hai antigaleguidade en Marco, Madrilé,non pode habela: é galego de adopción). Fastuosa, Highway, a anécodota do fulano que lles aprende galego aos nativos alemáns, que, de contado, incorporo ao meu imaxinario íntimo, persoal e intransferible.
A miña amizade para todos.
Asi es Juan, como bien dices, no es ningun comentario anti-gallego pero por ejemplo yo a mis hijos los tengo que regañar para educar y que vean lo que creo pueden hacer mal. Aunque cuantas veces se tiene la duda sobre si uno lo hace bien o mal.
Con todo el amor a aquella tierra donde descubri mi gran amor.
Ola, Juan
Sinceramente, se non poidese saber máis ca un deles, con gran dor do meu corazón (qué renuncia máis triste!) escollería o galego. Por qué? Porque vivo aquí e non acolá, porque moita da xente que quero fala galego e non trato con ninguén que fale inglés, porque o falo a cotío, porque Rubén, Arumes, Besbe, Mario, Lula e vostede mesmo, por exemplo, escriben en galego e non en inglés. En resumo, e como dixen máis arriba, porque o inglés para mín non é unha necesidade, é un pracer ao que afortunadamente non teño que renunciar máis ca neste xogo. Que me perdería moito por non saber inglés? E posible, pero non me gustaría perder o que teño en galego.
En canto as cousas sen as que vostede di que se pode ser feliz, di vostede gran verdade e eu afírmoo tamén. Non hai nada máis triste que comprar un ordenata porque o ten o veciño, ou ir de viaxe porque non se sabe que facer co tempo e porque o di o semanal, comprar uns zapatos porque están de moda ou levar aos fillos a inglés porque a xente (que, volvo repetir, nun 90% non sabe nin papa e viven sen ningún problema) di que é imprescindible. A min paréceme moi triste que non saibamos escoller o que realmente queremos. Hai tanta xente insatisfeita porque cando chega a onde quería comproba que non está noutro sitio distinto que dá noxo. Non quero ser un deles.
Que hai quen pensa que o galego non serve para nada? Non é meu problema. Ao mellor a el, efectivamente, non lle serve. A min si. E moito. Até o de hoxe máis que o inglés sen dúbida algunha.
Outro chiste de idiomas: este é exactamente igual que o que conta vostede do pelegrino e do tipo da leira, só que ao final este queda mirando para o careto do guiri moi, moi serio e di: "e a vostede non lle pasará algo na boca?"
Contestando ó post: eu sempre boto a culpa do déficit á dobraxe das películas. Ver os filmes en versión orixinal e ter que ler os subtítulos crea os bos costumes de ler e de escoitar outros idiomas.
Tocante a que si galego ou castelán ou inglés no sistema educativo, meu home, se pode ser (que pode) ¡todos! Está demostrado que os nenos que medran en ambientes bilingües teñen maior facilidade para a aprendizaxe dun terceiro idioma. E en Galicia é necesario o galego na escola porque agora mesmo non o temos nin nos medios de comunicación (o castelán sigue estando, por fortuna para os castelánfalantes e ata para os galegofalantes que detestamos a invasión do inglés). ¿Romanticismo? Pode ser.
Por outra parte, o meu lado castelán-falante (que o teño, non estou de broma, marco) non se preocupa polas línguas autonómicas e "o tempo que a xente perde aprendéndoas": ve con máis medo a ameaza das línguas estranxeiras: non hai máis que darse un paseo polas zonas turísticas e polas entrevistas de traballo, claro, e polos teclados configurados en inglés ;-) para decatarse da que se nos vén enriba. Dentro de nada leremos comentarios do estilo: ¿para qué aprendedes castelán se non vos vale máis que para estar en España?Aquí, máis que de chiste, eu tiraría do refrán do viciño e as barbas.
Un saúdo agarimoso para todos, gracias ó mestre por acordarse de min e noraboa ó señor JBV polo bló.
Dear Highway/Prezado Highway/Caro Highway/Lieber Highway:
Dear Rubén/Prezado Rubén/Caro Rubén/Lieber Rubén:
Sei que o semente do meu argumento tiña veneno, e que, por boa fortuna, situacións de A ou B como a da miña fada políglota son imposibles (que, se non, e postos no disparadeiro, saiba diós como reaccionariamos). As vosas fundadas razóns (que, naturalmente, comparto) reafírmanme na necesidade de ser (neste dos idiomas como en tantos outros asuntos) un cidadán que vive consonte as mudanzas do tempo no que lle coubo vivir sen papanatismos nin casticismos extremos. Tería un blog e escrito poesía en la dulce lengua de Rosalía de ter eu nacido en Mansilla de las Mulas no canto de na Estrada, provincia de Pontevedra? Pois probablemente non. Tería sido máis feliz se tivese nacido en Manchester ou en Poughkeepsie, Massachusetts? Pois probablemente tampouco. Non converto un feito biolóxico e casual como ter nacido aquí e non aló na explicación crucial da miña existencia nin, moito menos, fago diso ideoloxía. Polo demais, sempre coqueteei coa idea de ler a Shakespeare ou a Lovecraft en inglés. A ver se non morro coas janas!
Sr. Blanco
Todos nos aledamos de que a súa proposta non sexa máis ca un xogo e así a tomamos.
Tampouco a min me importa un carallo o feito biolóxico de ter nacido aquí (de feito non nacín aquí nin falta que me fai, sexa aquí onde fora), nin vou facer diso ideoloxía. Xa sei que para moita xente falar un ou outro idioma é cuestión ideolóxica. Para min non, coido que quedaría claro nos meus pe/pasados comentarios.
E por último, se non le a Lovecraft e Shakespeare en inglés será porque non quere: estou seguro de que é vostede intelixente dabondo como para aprender a facelo nun prazo de tempo razoable. Non hai que renderse nunca e, lembre, calquera razón que me/nos/lle/se dea para non facelo será sempre unha desculpa. De paso delle unha boa lección aos seus fillos, unha desas que non esquecerán xamais e lle agradecerán toda a vida: o que quere, pode (outra versión: se o fixo o meu pai non vou ser eu quen de facelo, oh?.
Para mayor reflexión, lease hoy en El País.
"...Por supuesto, también se incluye la competencia básica en una lengua extranjera, hoy en día, el inglés. Al menos, deberían ser capaces de mantener una conversación informal y de desenvolverse en el extranjero para consultar señales públicas, localizar un hotel.."
http://www.elpais.com/articulo/educacion/tiene/aprender/europeo/elpepuedu/20070924elpepiedu_1/Tes
Tampoco se pone el listón muy alto.
Aunque sólo con las posibilidades de convertir a Galicia en un destino turistico de calidad, cultural, etc... no basado en modelos mediterraneos "cutres" y "masivos", algo que creo ninguno deseamos creo que seria básica una política educativa más sería al respecto.
Si Juan, ¿no creo que se disfrute igual una lectura en su idioma nativo que en las traducciones realizadas?..... Un día de estos tengo que buscar un Quijote en inglés para ver como se traduce la riqueza de nuestro idioma a inglés, mucho más simple y corto en sus variantes y expresiones.
Un saludo
Many thanks, Marco, Zimmermann, for your opinions. I'm waiting a big success! Best regards,
The New Johnny White.
Si es cierto que tras criticar todos a nuestros políticos respecto al timepo gastado en Estatutos Autonomicos, disputas lingüísticas,etc sin mirar a nuestros problemas cotidianos y relaes....y ahora seamos críticos Juan......¿no será este artículo uno de los que más posts ha generado?.
DIOS MIO NOS ESTAREMOS CONVIRTIENDO COMO ELLOS!!!!!!!
¡No, Marco, no! ¡Nosotros si hace falta nos damos la razón! (Se aínda non viron o vídeo das camisetas deportivas no estrado da Carrera de San Jerónimo, pídolles que o fagan agora e verá que temos algo menos que ver con eles do que sospeitamos: http://www.youtube.com/watch?v=TA6gmUTZPhQ&eurl=http%3A%2F%2Fedsal%2Eblogspot%2Ecom%2F
Por certo, se len os comentarios, verán o que esas posturas están fomentando, evidentemente).
Ó caso: suscribo as palabras do señor dlH61. E a verdade é que as esixencias que aparecen aí non son moitas, non. Pero comparado con outras asignaturas non sei se non será un exceso...
Tocante á lectura en idiomas, de verdade, Johnny White: lea a Chespi en inglés, sen medo. No peor dos casos fágase cunha edición bilingüe, pero xúrolle (como filólogo inglés na reserva) que co pouco de inglés que sabe polo menos vai escoitar a música; e é a hostia (con perdón). Aí non hai tradución boa que funcione como é debido.
Saúde para todos.
Publicar un comentario