O xornal: El País, edición Galicia.
O día: venres, 22 de decembro de 2006.
A columna: "Botella ao mar".
O autor da columna: Suso de Toro.
O artigo da columna: Mentiras, drogas e flamenco.
O texto de conclusión do artigo da columna: "Somos galegos, galegas. E que carallo, que cona, pasa?"
[As comas están no orixinal].
Ao mellor é que me estou facendo maior.
3 comentarios:
A obviedade sobra. Suso de Toro exerce de intelectual porque probablemente llo pidan, non porque el mesmo teña de si mesmo esa consideración. Sería bo que seguira a súa percepción.
En todo caso, EL PAÍS non elixiu moi ben ós seus columnistas. Ramonet ou Ramón Chao, aínda que pertencen a un tipo de xornalismo antigo que debe pervivir, xuntos é excesivo. Reixa o Hernández non dan para unha columna completa. E Suso de Toro vai facendo últimamente o mesmo artigo. Só María Yáñez promete. E mira que hai columnistas intelixentes neste país, pero deben de estar atados por familiariedade a outros xornais.
"As comas ", pichando o enlace aquí mismo non salen no orixinal.
Todos nos facenos maiores........
Amigo Arume:
En efecto hai columnistas ben intelixentes que en efecto están atados a outros medios por razóns, comprensibles, de fidelidade. Pero quizais con "El País", e o grupo Prisa en xeral, pase o que pasa con outros grupos mediáticos: teñen as súas "estrelas" ou primeiras firmas, ás que, imaxino, rematan por pedir demasiado, e daí a calidade de moitas columnas que polo mundo andan. Non entro nin saio no perfil do columnista (pola actividade xornalística e literatura do cal, polo demais, non sinto especial aprecio), pero non acabo de ver, nun xornal do "caché" de EL PAÍS, o sentido dunha expresión tan soez e fóra de lugar -reservada para ámbitos quero crer que, digamos, máis íntimos- e que ademais revela un cabreo acerca dunha pretendida incomprensión ou complexo sobre a nosa propia identidade de galegos, que, alén de non compartir, me fai lembrar argumentos de tempos moi, moi pasados. Grazas, unha vez máis, pola visita e comentario.
Amigo/a anónimo/a:
Estou case seguro -malia non o ter diante- que na edición impresa as comas estaban como as reflexo no "post". Obviamente unha corrección que é perfectamente posible na edición dixital non o é na impresa.
Pero ao mellor, como Vde. di, é que os anos me fan ver mal. Obrigado tamén á súa visita e comentario.
Publicar un comentario