5.12.06
Confianza
Asistir ao progresivo descubrimento dos valores do mundo a través dos ollos dos nenos é unha das experiencias máis sensacionais, e reveladoras, que a paternidade (ou a maternidade, claro) depara. Tampouco se crea que, convertida a miña casa nunha sorte de laboratorio vital, ando arreo cunha lupa tras os meus cativos agobiándoos a ver que é o que descobren cada día. Pero, de cando en vez, o reflexo involuntario da importancia que conceden, ao seu xeito infantil, a aqueles valores que ao cabo nos definen como persoas, non deixan de ser íntimas, pero tal vez sublimes, leccións de humanidade.
Hai tempo o pequeno Juanpe (8 anos) estreábase neste local escribindo acerca da autoestima. Neste caso fixo un conto ad hoc para este blog que vai, creo, da confianza que precisamos depositar nos demais. O conto titúlase Julia, la abeja miedosa. Di así:
Había una vez una abejita que tenía miedo a volar. La pobre Julia sólo se atrevía a ir a ras desuelo. Un día, Meli una amiga de Julia, se ofreció a volar debajo de ella, como sifuera una colchoneta. ¡No tengas miedo, Julia! Yo te sujeto si te caes. Entonces Julia confió en Meli y empezó a volar. Al final, Julia descubrió ce solo tenía una erida en la ala pero lla se le había curado. FIN.
A ilustración é do autor.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Juanpe, encántame atopar as túas historias no blog de teu pai. Con este conto vexo que ás veces estamos tan tristes e perdidos que non nos damos conta que podemos pedir axuda, ou que algún amigo nos pode botar unha man en calquera momento... Menos mal que Julia reaccionou a tempo e aceptou a axuda de Meli.
Ademais, ¡que divertido voar enriba de alguén como se fose unha colchoneta! ¡Iso hai que probalo!
Querida Mica:
Estoy muy contento porque te gustó mucho mi cuento. Voy a escribir más para que los sigas leyendo, vale? Un beso de Juanpe.
Publicar un comentario